"Sil" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 565.

  • amigdalectomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, situado á beira do río Duero (8.045 h [2001]). É un importante centro comercial. Residencia dos reis casteláns, tivo un papel importante na historia da Coroa de Castela e aquí asinouse en 1494 o Tratado de Tordesillas. Do seu patrimonio cultural destaca o convento de Santa Clara (BIC, 1931), de estilo mudéxar, e as igrexas de Santa María (BIC, 1984) e San Antolín (BIC, 1998). Os baños árabes do antigo palacio real son dos mellores conservados na Península Ibérica. O conxunto histórico da vila foi declarado BIC (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado en Tordesillas o 7 de xuño de 1494, entre os Reis Católicos e Xoán II de Portugal, polo que Castela e Portugal fixaron a liña de demarcación das súas futuras posesións en ultramar. O resultado foi un pacto no que a liña de demarcación se situou a 370 leguas ao O das illas de Cabo Verde; desta maneira, a terra descuberta ao L desta liña pasaba a depender de Portugal e a do O, de Castela. Foi ratificado polos Reis Católicos en Arévalo (2 de xullo de 1494), por Xoán II de Portugal en Setúbal (5 de setembro de 1494) e polo Papa Xulio II (1506).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Iluminación por transparencia dunha cavidade, especialmente na amnioscopia e na observación dos seos da cara por medio dunha luz eléctrica que se introduce na boca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do centro de Romanía formada por un altiplano rodeado polos Cárpatos Meridionais. Morfoloxicamente constitúe unha depresión de orixe tectónica formada durante o Secundario, cando se alzou a cordilleira carpática. Ten unha altitude media duns 500 m, e unha inclinación cara ao O e o N, onde descende ata os 200 m, mentres que polo S chega ata os 1.000 m. Está drenada polo Olt, o Mureş e o Someş. É unha das rexións máis poboadas, e xunto aos romaneses establecéronse nela húngaros e alemáns, sobre todo no SL. Cunha rica economía agrícola, con abundancia de bosques e recursos minerais, ten cultivos de vide, remolacha, xirasol e cereais. Tamén ten xacementos de gas natural, sal e ferro. Corazón do reino dacio, formou parte da provincia romana de Dacia. A principios do s XI, o Rei Estevo I de Hungría reuniu as terras de Transilvania nun condado gobernado por un voivoda, pero o seu relevo, accidentado, dificultou a integración política do país. Ademais, os húngaros instalaron alí...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Transilvania.

    2. Natural ou habitante de Transilvania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óleo de Francisco de Goya realizado en 1814. De grandes dimensións (2,66x3,45 m), representa os fusilamentos por parte das tropas francesas dun grupo de madrileños que se resistían á ocupación. Fai parella con El Dos de Mayo de 1808 ou La carga de los mamelucos en la Puerta del Sol, do mesmo ano. Pintada cunha liberdade técnica sen precedentes, significou a renovación absoluta do cadro histórico. Consérvase no Museo del Prado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto formado por un sofá e dúas butacas.

    2. Xogo de cartas no que cada un dos tres xogadores participantes recibe nove cartas, deles o que cre que pode facer máis bazas e, polo tanto gañar o xogo, escolle cal é o pau de trunfos ou dá a volta á primeira carta das que quedan na baralla para que o pau desta sexa o de trunfos.

    3. Grupo de tres notas iguais que teñen que executarse no tempo que normalmente lle corresponde a dúas ou catro da mesma figura. Indícase por medio dun tres colocado sobre ou baixo o grupo de notas mencionado. Ten o mesmo valor se en lugar dunha das notas aparece unha figura de silencio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está constituído por tres sílabas.

    2. Palabra ou verso de tres sílabas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obxecto que se manexa coas mans e que serve para facer algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilamartín de Valdeorras baixo a advocación de san Bernabé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico. Fundador do semanario coruñés El Eco Musical (1877), foi director do Coliseo de Barcelona (1879) e colaborador en diversas publicacións especializadas como La España Musical e El Correo de Teatros en Barcelona. En Madrid fundou e dirixiu El Boletín Musical, e dirixiu o Orfeón Normal. Das súas composicións destacan La guarida del buitre, La pianista enamorada, La cítara de oro e Cantares Gallegos. Publicou Historia de la música en Galicia (1874), Apuntes históricos sobre la música portuguesa (1875), Manual teórico práctico de Armonía (1888) e Historia de la música popular en España (1893). Foi presidente honorario da Asociação de Concertos da Música Brasileira e compositor honorario das academias filharmónicas de Bolonia e Basilea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta simbolista romanés. Coñecido como George Bacovia, evolucionou desde o tenebrismo, con Scintei galbene (Chispas amarelas, 1926) ata o realismo, con Stante burgheze (Estancias burguesas, 1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente cóncavo e fondo que serve para conter líquidos ou alimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista cinético grego. Coñecido como Takis, creou as antiesculturas-máquinas. Iniciou as súas esculturas telemagnéticas en 1959, que culminaron nos Ballets magnéticos de 1961. A partir de 1966 a súa investigación levouno a crear os Sinais luminosos. Publicou en 1966 a autobiografía Estafilades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento literario de finais do s XIX que agrupou os poetas simbolistas partidarios das composicións escritas con versículos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. Viviu en París desde 1928. Naturalizada francesa, fuxiu da ocupación nazi e estableceuse en Rio de Janeiro (1940-1947). As súas obras caracterizáronse polas cores pálidas, os planos e os raiados e pódense integrar no surrealismo abstracto. Recibiu o Grande Prêmio de Pintura da IV Bienal de São Paulo (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Explorador e xeógrafo. Descubriu o golfo de San José e o río Negro (1779). Confeccionou cartas náuticas do río Negro, do golfo de San Matías e do tramo entre o río Negro e o Colorado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista ruso. Ideólogo do populismo liberal, postulou a imposibilidade do desenvolvemento do capitalismo en Rusia, debido á falta de mercados exteriores e, polo tanto, pola imposibilidade de obter unha certa plusvalía. Era partidario da pequena produción e do pequeno comercio, e idealizou a obščina labrega.

    VER O DETALLE DO TERMO