"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Profesor de Economía Aplicada na Universidade Complutense de Madrid. Foi vicerrector adxunto da Universidad Internacional Menendez y Pelayo na Coruña e director de Cooperación Económica do Instituto de Cooperación Iberoamericana. Participou na organización das mostras colectivas de creación galega en Santander, no marco da Universidad Internacional Menéndez y Pelayo co título Fuerzas atroces del noroeste e en Bos Aires con Galegos somos nós. Escribiu, entre outras obras: Efecto de la adhesión de España a la CEE, Características y estrategias de la empresa exportadora española frente a Iberoamérica y la CEE e El sector exteriror.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Publicou colaboracións en Brigantium, Cuadernos de Estudios Gallegos e Estudios mindonienses.
-
VER O DETALLE DO TERMO
frei (s XVII) Monxe beneditino destacado polo seu labor como mestre de obras. A súa actividade céntrase en Santiago, onde se encargará da reforma da fachada principal do Hospital de Real (1678). Probablemente en colaboración con Domingo de Andrade tamén levará a cabo a construción da Casa da Parra (1683). Pero a súa gran obra será a dirección das obras do convento de San Martiño Pinario entre os anos 1677-1686, onde incorpora a súa concepción plasticista na ornamentación dalgunhas partes da fachada, na escaleira do refectorio ou na torre-campanario. Tamén ditaminou sobre as obras de construción da torre das campás da Catedral de Ourense en 1684. A súa linguaxe ornamental gusta de mesturas entre formas vexetais e a figura humana, acadando ás veces formas fantasiosas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de quen está aparvado.
-
-
Acción e efecto de aloxar ou aloxarse.
-
Lugar onde un está aloxado.
-
Pousada que a poboación civil estaba obrigada a proporcionar aos soldados en tempo de guerra. Nos ss XV e XVI os soldados só podían ser admitidos en casas particulares cando na localidade non había pousada ou castelo, e os gastos tiñan que correr a cargo dos particulares. Nos ss XVI e XVII este xeito de acuartelamento provocou choques entre os soldados e a poboación local, xa que as tropas provocaban saqueos, roubos e asasinatos. Con motivo dos numerosos incidentes, no 1630 unha xunta de xurisconsultos sentou xurisprudencia para que a poboación rural estivese obrigada a acoller os soldados nas súas casas (o estamento aristocrático, eclesiástico e os cidadáns estaban exentos da carga do aloxamento). No s XVIII cumpría trocar a obrigatoriedade do aloxamento por un tributo dunhas 15.000 libras ao ano, existindo ademais un acordo entre veciños e oficiais polo cal os primeiros pagaban aos segundos un canon mensual para buscaren aloxamento alternativo. O exército foi limitando o sistema do aloxamento...
-
-
Parte do soporte onde se encaixa o anel exterior das chumaceiras de rodamento.
-
Cavidade practicada nunha peza susceptible de aloxar total ou parcialmente outra peza. Aplicado, por exemplo, ás cavidades traballadas na superficie de certas pezas fixadas con parafusos, para que as cabezas destes non sobresaian do plano da superficie.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bastón con punta de ferro, hoxe en desuso, empregada polos primeiros alpinistas cando aínda non se usaba o piolet.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de alporizarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal ou éster dun ácido sulfónico derivado dun hidrocarburo aromático alquilado. Na industria dos deterxentes sintéticos, esta denominación aplícase especialmente aos alquibencensulfonatos non biodegradables.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dos compostos de fórmula RC6H4SO3M (onde R é un alquilo e M, por exemplo, un metal). Na industria dos deterxentes sintéticos esta denominación adoita reservarse para os compostos onde R está ramificado, resistentes á biodegradación, mentres que os produtos facilmente biodegradables son denominados alquilsulfonatos lineais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Na industria dos deterxentes sintéticos, denominación xenérica dos alquilbencesulfonatos facilmente biodegradables.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores da familia das apocináceas con follas en verticilos ou opostas e cortiza da que se extraen compostos químicos activos. Comprende máis de 40 especies presentes en África, Asia e Oceanía entre as que destacan A. cannabina con aplicacións febrífugas e A. constrita como sucedáneo da quina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prefectura de República Centroafricana (86.650 km2; 58.838 h [1989]). A capital é Bria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fortaleza construída no s XV sobre unha edificación preexistente, no territorio do actual concello de Brión. Foi construída polo conde Lope Sánchez de Moscoso co gallo de se defender dun posible ataque do Arcebispo Alonso de Fonseca. Sufriu o asolamento ocasionado polas guerras irmandiñas pero logo volveu ser reconstruída.
-
PERSOEIRO
Actor teatral e cinematográfico arxentino. No 1950 constituíu un grupo escénico independente e a partir do 1968 iniciou a súa actividade cinematográfica. De 1971 a 1982 residiu en España. Entre as súas interpretacións destacan: Cría cuervos de Carlos Saura, El crimen de Cuenca (1980), Don Juan en los infiernos e Continental (1989), do director galego Javier Villaverde. En 1984 protagonizou La historia oficial, de Luis Puenzo, coa que acadou o Oscar á mellor película de fala non inglesa. Tamén participou en producións internacionais, entre outras: Flesh and Blood (Os señores do aceiro, 1985), de Paul Verhoeven e Barbablú, de Fabio Carpi.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión de orixe latina que significa ‘non levantar máis alto’, empregada para designar a servidume que grava unha leira a favor doutra, prohibindo ao propietario da primeira edificar a máis dunha determinada altura. Nada por contrato, pode proceder tamén dun gravame sucesorio.
-
-
-
Interrupción momentánea que se fai cando estás realizando unha actividade (discurso, camiñada, etc).
-
Expresión usada para facer que alguén se deteña nunha marcha ou carreira, que se debe interromper unha disertación, calquera tarefa, a execución dalgunha cousa.
-
-
-
Que ten unha altura considerable, superior á ordinaria.
-
Que está ou que acada unha elevación vertical considerable sobre a superficie da terra ou sobre calquera outro termo de comparación.
-
Que se sitúa nun nivel superior ao estimado como medio ou normal.
-
Que está ou que chega a unha elevación superior, situada máis arriba, cara ao ceo.
-
Que ten moita intensidade.
-
Tarde, despois do acostumado ou do que é habitual.
-
Que ten unha importancia ou nivel superior ao ordinario.
-
Aplicado ao lugar onde nace o río. OBS: Xeralmente o adxectivo vai diante do substantivo ao que acompaña.
-
Característico do que é próximo ao nacemento ou á súa orixe. OBS: Xeralmente o adxectivo vai diante do substantivo ao que acompaña.
-
A parte alta dunha montaña, un cumio.
-
...
-
-
-
Que ten unha altura considerable, superior á ordinaria.
-
Que está ou que acada unha elevación vertical considerable sobre a superficie da terra ou sobre calquera outro termo de comparación.
-
Que se sitúa nun nivel superior ao estimado como medio ou normal.
-
Que está ou que chega a unha elevación superior, situada máis arriba, cara ao ceo.
-
Que ten moita intensidade.
-
Tarde, despois do acostumado ou do que é habitual.
-
Que ten unha importancia ou nivel superior ao ordinario.
-
Aplicado ao lugar onde nace o río. OBS: Xeralmente o adxectivo vai diante do substantivo ao que acompaña.
-
Característico do que é próximo ao nacemento ou á súa orixe. OBS: Xeralmente o adxectivo vai diante do substantivo ao que acompaña.
-
A parte alta dunha montaña, un cumio.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome italiano do Tirol do Sur, actualmente parte da rexión administrativa italiana do Trentino-Alto Adige.