"ovi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 688.

  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Aspai (Outeiro de Rei). O seu cumio acada os 550 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Unidade administrativa de primeiro grao propia de moitos estados, entre outros, Arxentina, Bélxica, Costa Rica, Cuba, República Dominicana, Ecuador, Panamá ou Italia. Equivale a outros termos autóctonos doutros estados, como Finlandia (lääni), Irán (ostān), Iraq (muḥāfaa) ou Mongolia (ajmag).

      2. División administrativa de segunda orde de España. Na lexislación de réxime local española vén definida como unha entidade local determinada pola agrupación de municipios, con personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins. Ademais tamén se define como división administrativa do Estado para a satisfacción doutros fins, entre eles o de servir de circunscrición electoral. O Tribunal Constitucional, ademais, aplicoulle o concepto de garantía institucional que, tomado da doutrina xermánica, protéxea de xeito especial, como se se tratase dun ente básico no organigrama institucional do Estado e no que as comunidades autónomas non poden inferir nun núcleo esencial e irredutible de competencias e funcionalidade. Pero, a provincia, é contestada e cuestionada, sobre todo nas nacionalidades históricas, que a consideran un ente artificial, ahistórico, difícil de asimilar nun estado descentralizado como é o da Constitución de 1978 e necesitado de revisión e reformulación...

      3. Territorrio do Imperio Romano conquistado fóra de Italia e gobernado por un pretor. A partir do s I distinguiuse entre a provincia senatorial ou proconsular, rexión pacificada que o Senado administraba por medio dun procónsul; e a provincia imperial, rexión non pacificada gobernada por un pretor designado polo emperador. O proceso de subdivisión iniciado por Dominicano e Traxano acentuouse con Diocleciano, que dividiu o imperio en dioceses, e con Constantino. Internamente dividíase en conventos.

      4. Conxunto de mosteiros ou conventos de cada unha das ordes relixiosas que ocupan un territorio determinado e que depende dun mesmo superior ou provincial.

      5. Antigo xulgado dos alcaldes de corte que estaba separado da sala criminal e que servía para coñecer os preitos e as dependencias civís.

      6. provincia eclesiástica

        Circunscrición territorial eclesiástica, a máis ampla das existentes, constituída por un grupo de dioceses, territorialmente contiguas, denominadas sufragáneas. Está administrada por un arcebispo ou metropolitano, normalmente o da sede máis antiga ou máis importante. España organízase nas provincias de Barcelona, Burgos, Granada, Madrid, Mérida-Badajoz, Oviedo, Pamplona, Santiago de Compostela (integrada polas dioceses de Lugo, Mondoñedo-Ferrol, Ourense e Tui-Vigo), Sevilla, Tarragona, Toledo, València, Valladolid e Zaragoza.

      7. provincia relixiosa

        Circunscrición territorial propia de moitas ordes e congregacións relixiosas, meirandes ca as divisións administrativas internas dos estados.

    1. División fitoxeográfica inferior á rexión, na que abundan os endemismos a nivel de xénero e especie.

    2. Rexión natural, a miúdo difícil de distinguir, onde as rochas correspondentes a determinados ciclos de actividade ígnea se caracterizan individual e colectivamente pola súa composición química e mineralóxica, a textura e a estrutura, a xénese, as alteracións, os fenómenos metamórficos e todo o que indique comunidade de orixe e analoxía de evolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Pontevedra a partir do 4 de febreiro de 1917. Cesou en 1922. Subtitulado “Semanario popular independente”. Fundado e dirixido por Luciano del Río, Valentín Paz Andrade foi o xefe de redacción. Entre abril e xullo de 1917 saíu dúas veces á semana. Informaba sobre literatura, arte, turismo, agricultura, industria, comercio e socioloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Lugo durante a década de 1920. Cesou non antes de 1928. Dirixido por Nilo Fernández Castro, contou coa colaboración de Ánxel Fole, que publicou nel o seu primeiro artigo, con motivo do terceiro centenario da morte de Góngora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Cartas provinciais Nome con que se coñece o libro de B. Pascal Provinciais ou Cartas escritas por Luis de Montalto a un provincial amigo seu e aos RR.PP. xesuítas sobre a moral e a política destes padres, publicado en 1656-1657. Estaba dirixido contra os xesuítas durante a disputa cos xansenistas. Considerouse como un dos modelos máis prezados da lingua francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á provincia.

    2. Que ou quen exerce a potestade sobre unha provincia relixiosa.

    3. Cidadáns das provincias do Imperio Romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade ou cargo de provincial.

    2. Época e duración do goberno dun ou dunha provincial.

    3. Conxunto de provinciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Afección ou preferencia polos usos ou costumes da provincia.

    2. Exaltación da afección política á provincia.

    3. Doutrina que propugna as prerrogativas políticas da provincia fronte ao poder central do estado. Propio do federalismo e do anarquismo, tamén os rexionalistas e nacionalistas o consideraron un primeiro paso histórico para a afirmación da propia autonomía. En Galicia comprende, aproximadamente, o período de 1840 a 1885, no que se defenderon as prerrogativas políticas de Galicia, entendida esta como unha unidade política diferenciada, o antigo Reino de Galicia, fronte ao poder central do estado liberal. Na primeira fase do provincialismo destacaron os membros da chamada Xeración do 46: A. Faraldo Asorey, A. Romero Ortiz, P. Rodríguez Terrazo e F. Añón Paz, entre outros, que tiñan como ideal o republicanismo federal. A renovación xeracional desenvolveu nas décadas de 1850 e 1860 un segundo provincialismo, caracterizado polo rexurdimento literario, que culminou coas obras de Rosalía de Castro, E. Pondal e M. Curros Enríquez e polo desenvolvemento teórico e ideolóxico do movemento, no que destacaron...

    4. Xiro ou palabra propio dunha provincia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao provincialismo.

    2. Partidario do provincialismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento previo para a xestión directa de servizos públicos provinciais de natureza económica, mercantil ou industrial. Pode efectuarse en réxime de libre concorrencia ou de monopolio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade ou condición de provinciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a unha provincia ou ao seus habitantes.

    2. Natural ou habitante dunha provincia, en oposición ao que é da capital.

    3. Que ou quen se caracteriza por unha estreiteza de espírito que leva a un excesivo apego á mentalidade ou aos costumes propios dunha provincia ou dun círculo social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    República federal que xurdiu pola Unión de Utrech (1579), coa unión de sete provincias dos Países Baixos do Norte (Gelderland, Holanda, Zelanda, Utrech, Frisia e, desde 1594 Overijssel e Groningen), tras obter a independencia da monarquía hispánica. En 1648 sumáronse parte dos Países Baixos meridionais e recoñeceuse definitivamente a súa independencia pola Paz de Münster. Alcanzou unha gran prosperidade e expansión comercial, acompañada no interior pola laicización da cultura e a tolerancia relixiosa e política. A competencia con Inglaterra provocou a súa crise, agravada definitivamente cos ataques franceses xa que, aínda que formaba parte da Liga de Augsburgo, non puido evitar a invasión de 1795, que provocou o exilio do príncipe de Orange e o cambio do nome das Provincias Unidas polo de República Batava.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario editado en València a partir do 31 de xaneiro de 1866, que interrompeu a súa edición entre 1936 e 1939. Fundado por Teodoro Llorente e Josep de Domènech, aos que Josep de Campo cedeu a propiedade de La Opinión a condición de que cambiasen a cabeceira, en 1872 subtitulouse “Diario Mercantil”. A propiedade do periódico estivo sobre todo ligada aos descendentes de Domènech e en 1931 converteuse en sociedade anónima. Politicamente, achegouse ás posicións dos grupos da dereita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cadea dobre de ADN, orixinada pola transcrición inversa dunha molécula de ARN viral procedente dun retrovirus, que necesita integrarse nos cromosomas da célula hospedadora para poder expresar os seus xenes e sintetizar novas moléculas de ARN virais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de prover ou proverse.

    2. Conxunto de cousas que se gardan ou reservan para un fin, especialmente alimentos. OBS: Adoita empregarse en plural.

    3. Despacho ou mandamento expedido en nome do soberano por algúns tribunais para que se execute aquilo que foi ordenado.

      1. Cantidade retida dos beneficios brutos dun exercicio para facer fronte a necesidades non determinadas pero posibles, como consecuencia da súa actividade, xeralmente a depreciación de certas partidas do activo.

      2. provisión de fondos

        Remisión de fondos que o librador dunha letra fai ao librado para que este a teña ao seu vencemento.

    4. Documento real selado con cera, propio dalgunhas chancelarías reais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non é definitivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de provisional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa ou empresa que prové ou subministra algo.

    2. Xuíz eclesiástico que exerce por delegación do bispo a xurisdición nos preitos ou nas causas referentes ao foro eclesiástico.

    VER O DETALLE DO TERMO