"xia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 855.

  • Organismo internacional creado en 1931 pola Sociedade de Nacións encargada de proseguir coa obra de Fridtjof Nansen. Cesou as súas actividades en 1938 e tivo como sucesor o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados. Recibiu o Premio Nobel da Paz (1938) pola súa obra de asistencia aos refuxiados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dor nos ollos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da medicina que trata do ollo e das súas enfermidades. As referencias á patoloxía ocular ocupan un lugar importante na medicina árabe, pero o impulso máis grande deuse no s XIX, coa introdución do oftalmoscopio e coa obra do cirurxián Von Graefe e cos estudos fisiopatolóxicos de Donders.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parálise dos músculos do ollo. Denomínase oftalmoplexía nuclear cando se debe a unha lesión dos núcleos dos nervios motores oculares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hemorraxia que se produce na conxuntiva ocular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dor nos ombros, normalmente de orixe reumática.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Hábito de comer carne crúa.

    2. Sacrificio que practicaban na Antigüidade os orfistas, que consistía na inxestión de carne crúa como culto a Dióniso Zagreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da patoloxía que trata dos tumores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hemorraxia que se produce a través do embigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manía de morder nas unllas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo médico-psicolóxico dos soños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da semántica que estuda os diferentes significantes que lle corresponden a un significado determinado. Tómase un concepto, expresado en metalingua, e búscanse as palabras que nunha lingua serven para expresalo. Oponse á semasioloxía, que estuda os significados que corresponden a un significante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que trata sobre o ser. Se por ser se entende o que é e se amplía a todo o que pode ser, a ontoloxía aspira a un carácter de ciencia universal, xa que engloba toda realidade e posibilidade. Neste senso, a palabra ontoloxía empregouse por primeira vez a comezos do s XVII como sinónimo de metafísica e, pouco despois, a partir de C. Wolff denominou a metafísica xeral, en oposición á metafísica especial que se limitou á psicoloxía, cosmoloxía e teodicea. A neoescolástica rexeitou que a psicoloxía e a cosmoloxía fosen tratados metafísicos e mantivo a división da antiga metafísica, de raíz aristotélica, entre ontoloxía e teodicea. Respecto ao contido, as ontoloxías que se poden chamar clásicas, tanto escolásticas coma racionalistas, céntranse no estudo do ser (realidade, nada, posibilidade, devir), da súa constitución (acto-potencia, esencia-existencia) e tamén das propiedades comúns a todo ser ou atributos transcendentais (unidade, verdade, bondade e, en ocasións, beleza) e dos primeiros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo concibido por Heidegger que designa a súa intención de superar a tradicional separación entre teoloxía e ontoloxía, para acadar o verdadeiro obxecto da metafísica. Este tema constitúe a segunda parte da obra Identität und Differenz (Identidade e diferenza, 1957). Ontoloxía e teoloxía comparten para Heidegger un carácter común que as diferenza de todas as outras ciencias, xa que mentres que as outras ‘loxías’ fan referencia a un conxunto de enunciacións, a ontoloxía e a teoloxía só o son na medida en que afondan no ser como tal e o fundamentan na totalidade, co que se constitúen na lóxica de todo discurso. A ontoloxía e mais a teoloxía, se ben aparentemente son diferentes, en realidade son complementarias e rematan formando unha unidade. Pódese falar, polo tanto, da constitución ontoteolóxica da metafísica. A importancia deste concepto foi decisiva na filosofía de finais do s XX e vinculouse á noción de diferenza, sobre a que se fundamentou o deconstrucionismo. Por outra banda,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da zooloxía que se dedica ao estudo dos ovos dos animais, sobre todo dos vertebrados e, especialmente, das aves. Os datos determinativos dos ovos das aves son as dimensións, o peso, a forma, a estrutura da casca, a cor e o debuxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hábito de inxerir opio por vía oral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo da ONU creado en 1946 para ofrecer asistencia aos refuxiados de guerra europeos e asiáticos. Os seus servizos incluían transporte, manutención, aloxamento, asistencia sanitaria, protección legal, formación, orientación e colocación dos refuxiados e busca de familias perdidas. En 1951 foi substituído polo Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudo dos órganos dos animais ou das plantas, tanto dos aspectos estruturais como dos funcionais.

    2. Disciplina da musicoloxía que estuda as características dos instrumentos desde o aspecto acústico e mecánico. A organoloxía clasifica os instrumentos en aerófonos, cordófonos, idiófonos, membranófonos e electrófonos, coas correspondentes subdivisións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da zooloxía que estuda as aves. É unha das ciencias naturais máis desenvolvidas, tanto no nivel científico como no afeccionado. Pódese dicir que, prescindindo de antecedentes clásicos (Aristóteles, Plinio) a historia da ornitoloxía comezou no s XVI co francés Pierre Belon, autor da Histoire de la nature des oyseaux, e co seu contemporáneo Conrad Gesner, de Zúric, autor dun extenso tratado de zooloxía, que contén o Historiae animalum Liber II qui est de avium natura. Do s XVII destaca a obra monumental do italiano Ulisse Aldrovandi e a do inglés Joannes Jonston. Os autores nomeados, ademais das súas observacións directas sobre a fauna europea, baseáronse nas referencias de especies exóticas achegadas polos primeiros viaxeiros exploradores. A primeira fauna rexional europea estritamente ornitolóxica foi a Uccelleria, do boloñés G. P Olina. O s XVIII sinalou o nacemento da ornitoloxía concibida como ciencia, froito da coincidencia entre os grandes sistemáticos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dor nos testículos.

    VER O DETALLE DO TERMO