"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Antibiótico con poder bactericida que se extrae de bacterias da especie Streptomyces griseus e que foi descuberto en 1944 por Selman Abraham Waksman. A estreptomicina presenta unha acción inhibidora da síntese de proteínas ao unirse á subunidade pequena dos ribosomas bacterianos. Cómpre destacar a súa potente acción tuberculostática, polo que se emprega no tratamento da tuberculose, asociada á isoniazida e ao ácido p-aminosalicílico. Tamén se utiliza no tratamento de endocardites, da peste, da brucelose e doutras enfermidades de orixe bacteriana. A acción colateral máis temida da estreptomicina é a lesión do octavo nervio cranial, que pode producir xordeira. É un antibiótico que provoca con gran facilidade a aparición de cepas resistentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do cerebro que sobresae nos ventrículos laterais. Está cuberto por fóra pola circunvolución da ínsula e por dentro pola capa óptica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se axusta ás regras, leis, ou criterios establecidos sen desviarse deles.

    2. Que é ou obra ou xulga dunha maneira ríxida e inflexible.

    3. Que está limitado ou constitúe o esencial ou máis propio de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dificultade e atraso na evacuación de excrementos acompañada dunha opresión no ventre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto de follas coriáceas e flores azuis, de orixe africana, empregado por diversos pobos sudafricanos para envelenar as frechas coas que cazan os elefantes, e que serve na medicina moderna como tónico cardíaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rochas laminadas, de orixe microbiana, formadas pola acumulación de capas constituídas por interacción entre procesos orgánicos e sedimentarios. A parte biolóxica prodúcena microorganismos, procariotas filamentosos e fotoautótrofos as máis das veces cianobacterias, que segregan unha mucilaxe composta principalmente por carbohidratos que aglomera as células formando tapetes microbianos. A parte inorgánica procede da captación de sedimentos, por parte do mucílago, procedentes de partículas arrastradas por correntes ou por precipitación química de carbonato cálcico. Estas estruturas medran moi lentamente, un milímetro por ano. Mentres que as primeiras capas son brandas, segundo se avanza en profundidade, localízanse materiais máis endurecidos. Os estromatolitos precisan dunha boa luminosidade, ademais dunha alta concentración de sales e nutrientes para desenvolverse. Comezaron a ser frecuentes hai uns 3.000 millóns de anos acadando o máximo hai 2.300 millóns de anos. A proliferación dos estromatolitos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que mostra necidade ou pouca intelixencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non sabe como reaccionar ante algo que lle resulta moi asombroso ou sorprendente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de esvaecer ou esvaecerse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • esvaecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é alto, delgado e con formas airosas ou ben proporcionadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico sintético derivado da etilendiamina, que se funde a 88°C. Wilkinson demostrou as súas propiedades tuberculostáticas en 1961. En medicina emprégase en combinación con outros produtos antituberculosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Kent (560-616), fillo de Eormenrico. Converteuse ao cristianismo e protexeu a Igrexa anglosaxona. Recoñecido bretwalda, exerceu o seu dominio sobre os outros reinos de Inglaterra e elaborou o primeiro código de leis anglosaxonas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica francesa realizada en 1943. Foi dirixida por Jean Delannoy e interpretada por Jean Marais, Madeleine Solonge, Jean Murat e Yvonne de Bray. Destaca pola súa calidade estética e poética, grazas á colaboración directa de Jean Cocteau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina que conxuga os métodos e técnicas de estudo da historia e da etnografía para reconstruír a historia e a cultura dos grupos indíxenas independentes ou sometidos ao poder colonial, dos grupos con cultura tradicional e dos grupos marxinais contemporáneos e as súas relacións cos demais grupos cos que se interrelacionan. As súas orixes son as historias escritas polos primeiros exploradores e navegantes. Na década de 1940 o antropólogo francés C. Lévi-Strauss formulou a necesidade de combinar a historia e a etnografía para avanzar no estudo de determinadas sociedades. O termo cuñouse nos EE UU para designar a investigación antropolóxica destinada á interpretación e ao rescate dos documentos antigos dos indios norteamericanos para devolverlles das terras que se lles expropiaran durante a conquista. A súa metodoloxía estableceuse no libro de W. Sturtevant Anthropology, History and Ethnohistory (Antropoloxía, historia e etnohistoria, 1956). A partir da década de 1960 comezaron...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da socioloxía que estudia cómo a xente organiza e entende as actividades da vida diaria. Estudia as relacións entre as persoas e cómo ten lugar a interacción social. Esta disciplina tense ocupado de aspectos como as relacións entre nenos e adultos, as conversas telefónicas ou as quendas de fala na conversación. Aínda que a linguaxe e as linguas non foron os seus principais focos de interese, as súas observacións sobre cómo se usa a linguaxe nas actividades cotiás foi obxecto de estudo de lingüistas e de sociolingüistas. A corrente orixinouse entre finais da década de 1960 e comezos dos anos 70 na socioloxía norteamericana e contribuíu ao desenvolvemento da análise da conversación na lingüística. Propúxose substituír as técnicas cuantitativas e dedutivas da investigación sociolóxica previa, que destacaba cuestións xerais da estrutura social, por medio de métodos que usaban as persoas mentres estas participaban en interaccións lingüísticas e sociais. A etnometodoloxía destaca de qué...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Topónimo formado a partir dun etnónimo. Así, por exemplo, Toledo creouse a partir de toldaos ‘toledanos’, e Coimbra, de cumbraos ‘coimbráns’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Praza situada en París e formada pola intersección de doce avenidas. No centro sitúase o Arc de Triomphe, que iniciou F. Chalgrin en 1806 pero que non se rematou ata 1836. Trazada no s XVIII por J. R. Perronet, a súa forma definitiva deulla J. Hittorff (1854). Dende 1970 denomínase Place Charles de Gaulle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo estado situado na parte occidental da Grecia Central, que limitaba ao N co Epiro, ao S co golfo de Corinto, ao L coa Lócrida e ao O co río Aqueloos. Malia a súa pobreza e o afastamento das rutas comerciais, a rexión subsistiu principalmente pola súa potencia militar e a piratería. As súas cidades constituíron a Liga Etolia no 324 a C, á que se adheriron paulatinamente outros estados. Trala conquista romana de Grecia (167 a C), a asemblea disolveuse e o estado integrouse na provincia romana de Acaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coalición que xurdiu da confederación de diversas cidades etolias ao redor do 324 a C. Estaba gobernada por un consello, formado polos principais cidadáns, e por dúas asembleas públicas, denominadas thermiká e panaitoliká. Posteriormente, uníronse a Acarnania (270 a C), a Lócrida (260 a C), a Fócida (255 a C) e a Beocia (245 a C). A mediados do s III a C acadou a súa máxima expansión e chegou a ter saídas aos mares Xónico e Exeo. Foi derrotada pola Liga Aquea (243 a C), pero aliada con Roma a partir do 211 a C, venceu nas dúas primeiras guerras macedonias (205 e 192 a C). Disolvérona os romanos no 189 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO