"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Obra de Eugenio D´ors en lingua catalá publicada en 1911. Considerada como o breviario do Novecentismo, representa unha reacción contra o Modernismo, ao mesmo tempo que propón un programa de exaltación do Clasicismo e da tradición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Marrocos (2.760 km2; 213.000 h [estim 1994]). A capital é Ben-Slimane (24.125 [1982]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador do Reino de Quito e do sur de Nueva Granada. Foi chamado tamén Belalcázar. Chegou ás Indias seguramente cara ao 1507, como partícipe das expedicións de Panamá e Nicaragua. En Perú estivo presente na batalla de Cajamarca, no ano 1532. Gobernador de Piura, conquistou, explorou e colonizou os quitos, os vales do Cauca e do Patía, e fundou moitas cidades como Santiago de Guayaquil (1535), Quito (1536), Popayán e Cali. En 1540 foi nomeado gobernador do Popayán, cargo que perdeu acusado de crueldades cos indios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acontecemento afortunado ou felicidade por algo. OBS: Neste termo o fonema nasal intervocálico ten unha realización nasal velar sonora [?].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado na serra de Líbar, na Serranía de Ronda (1.704 h [1996]). Está bañado polo río Guadiaro (ou Guadalevín). A principal actividade económica é a elaboración de embutidos e xamóns curados de porco ibérico, aproveitando as favorables condicións climáticas serranas. Dentro do termo está a cova da Pileta, decorada con pinturas murais paleolíticas. Declarada monumento nacional en 1924, ademais do seu interese arqueolóxico, posúe un gran valor xeolóxico como exemplo de modelado endocárstico. Ten tamén xacementos megalíticos e romanos. A presenza musulmá evidénciase na toponimia: a propia orixe da vila está vinculada á atalaia erixida no lugar polos bérberes para controlar o territorio. Trala conquista de Ronda polos casteláns pasou ao señorío do conde de Benavente. A expulsión dos mouriscos en 1570 desencadeou o esmorecemento económico da vila, malia a repoboación con colonos cristiáns procedentes de Castela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Dirixiu en Madrid a Inclusa e o Hospital de Nenos. Foi membro da Real Academia de Medicina. Así mesmo, dirixiu a revista El Hospital de Niños, colaborou en El Siglo Médico e publicou numerosos traballos de carácter científico. Considéraselle un dos iniciadores da pediatría moderna na Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Para os cristiáns, vista ou posesión de Deus no ceo.

    2. Felicidade e prosperidade humana.

    3. Segundo os relatos do Evanxeo cada unha das declaracións feitas por Xesús no Sermón da Montaña que comezan coa palabra benaventurados (ou ditosos, felices), consideradas en conxunto como unha síntese global da súa predicación. Nos textos bíblicos hai dúas versións das benaventuranzas, no Evanxeo segundo san Mateo e no Evanxeo segundo san Lucas. Os dous libros colocan o discurso ao principio da vida pública de Xesús, xusto despois de escoller os doce apóstolos entre os seus discípulos, baixando do monte onde se retirara a orar e dirixíndose a unha multitude que o seguira dende Palestina. O relato de Lucas (Lc 6, 20-26), que contén só catro benaventuranzas, é, segundo os exexetas, o máis próximo á tradición primitiva, e prosegue con mandamentos que condensan a ética cristiá, engadindo unha especie de “contrabenaventuranzas” nas que condena a riqueza inxusta. A pluma de Mateo (Mt 5,1-12) enriqueceu o discurso con catro benaventuranzas máis e tamén o prolongou con reflexións en boca...

    4. Estado feliz da persoa que ten a Deus como motivo principal. A Biblia presenta a benaventuranza de Deus como o símbolo dunha situación á que todo home aspira. Inicialmente consistía na acumulación de bens terreais. Axiña se caeu na conta de que esta benaventuranza era relativa e que o home non podía evitar a coita pola brevidade deste benestar. Entón comezou a ter corpo a concepción dunha benaventuranza ultramundana e eterna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Dominicano. Foi lector de Teoloxía e mestre de novicios. Publicou Meditaciones Breves, Vida de San Vicente Ferrer (1714) e Manual práctico del misionero y modo de administrar los Santos Sacramentos cuando son muchos los que han de recibirlos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Novelista e xornalista. Comezou a súa produción con obras de análise psicolóxica para logo derivar cara a unha temática política. Das súas primeiras novelas destacan, entre outras: Lamentación (1922), En lo más hondo (1923) e El último pirata del Mediterráneo (1934). En 1939 exiliouse en México, onde publicou os quince volumes de Luz sobre España, serie de reportaxes noveladas da Guerra Civil española, escritas desde o punto de vista do Partido Comunista español.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Touro baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome do señorío xurisdicional que exerceron varias liñaxes sobre a Casa de Bendaña en Touro, especialmente os Ulloa. Os señores desta casa posuíron terras e propiedades en Caldas de Reis, Briallos, Betanzos, Cambre, Compostela, etc. As armas desta liñaxe levan: en campo de ouro, cinco roeis de azul, postos en aspa. Algúns traen, en campo de azul, seis besantes de ouro, en dous paos. Outra variante representa, en campo de ouro, cinco roeis de sable, postos en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido polo Rei Carlos II, no Real Despacho do 27 de outubro de 1692, a Rodrigo Antonio Falcón de Ulloa e Ribadeneira, correxidor de Salamanca, cabaleiro de Santiago e señor de Parderrubias e da casa de Bendaña. Ao falecer este sen sucesión, o título pasou ao seu sobriño, Juan Benito Piñeiro e Ulloa, cabaleiro de Santiago e colexial maior de Cuenca. Esta caste leva como armas as dos Ulloa: escudo axadrezado de quince pezas, oito de ouro e sete de goles, cargadas cada unha destas con cadansúas tres (ou dúas) faixas de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pazo urbano situado na praza do Toural, en Santiago de Compostela, construído por Clemente Fernández Sarela en 1759. Representa un dos exemplos máis salientables da arquitectura barroca civil. Sufriu unha importante reforma no 1878, que converteu os vans do baixo en portas de acceso. No 1995 tempo converteuse na sede da Fundación Granell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo flamengo. Foi o primeiro en demostrar que o número de cromosomas das diferentes células dun organismo é constante e característico de cada especie, e que se reduce á metade nas células xerminais durante a meiose, restaurándose no cigoto, despois da fecundación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e matemático. Estableceu unha filosofía matemática da natureza fundamentada nas ideas de Arquímedes e atacou duramente a Física e a Cosmoloxía de Aristóteles. Estudiou a caída dos corpos. Foi seguidor de Copérnico e tivo influencia nos estudios de Galileo. O seu libro máis coñecido é Diversarum speculationum liber (Libro das especulacións diversas, 1585).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e arquitecto italiano. Formouse co seu irmán maior Giuliano. Dedicouse preferentemente aos traballos en madeira e á escultura ornamental en mármore. En Florencia executou as obras máis representativas: San Xoán con putti (1476-1481), na porta da Sala dei Gigli no Palazzo della Signoria; o busto do comerciante Pietro Mellini e sobre todo o púlpito de Santa Croce (1472-1475), con cinco relevos sobre a vida de san Francisco. En 1489, seguindo directrices brunellescas, ideou o pazo que lle encomendou Filippo Strozzi en Florencia e, contra o 1490, construíu preto de Arezzo o pórtico de Santa María da Gracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade de beneficencia fundada en Santiago de Compostela no 1879 co obxecto de dar acubillo e comida aos pobres da cidade. Mantiña un claro sentido filantrópico e relixioso. Aínda que o dinamismo das mutuas obreiras aparecidas no último terzo do s XIX foi grande, La Benéfica mantivo as súas actividades ata 1900.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Adquiriu popularidade coa obra Vida de San Benito de Palermo (?1746). Escribiu tamén para teatro varias pezas breves. En 1743 publicou un libro onde reúne as composicións do seu pai, o tamén poeta Francisco Benegasi y Luján (1656 - 1742) titulado Obras líricas jocoserías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Da súa obra, moi influenciada por Proust e Faulkner, cómpre salientar: Nunca llegarás a nada (1961), Volverás a Región (1968), Una meditación (1970), Una tumba (1971), La otra casa de Mazón (1973), El aire del crimen (1980), En penumbra (1989) e La construción de la torre de Babel (1990). No eido da literatura dramática é autor de diversos títulos, entre os que destacamos Agonía confutans (1966) ou Un caso de conciencia (1967). En 1979 o grupo Troula realizou un espectáculo a partir da súa obra Anastás ou a orixe da constitución (1958), con dirección de Antonio F. Simón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Benevento ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Benevento.

    3. Escritura chamada tamén beneventano-casinesa (e antes, por erro, lombarda, napolitana, etc), usada na Italia meridional e en Dalmacia dende o s VIII ata o inicio do s XV. A orixe vén da minúscula cursiva documental. A evolución vai ligada especialmente á abadía de Montecassino. Caracterízase polas letras de trazado anguloso e en zig-zag, polo uso de determinadas abreviaturas e pola súa peculiar forma de puntuación.

    VER O DETALLE DO TERMO