beneventano -na
beneventano -na
(< topónimo Benevento)
-
adx
Relativo ou pertencente ao Benevento ou aos seus habitantes.
-
s
Natural ou habitante de Benevento.
-
escritura beneventana
[ESCR]
Escritura chamada tamén beneventano-casinesa (e antes, por erro, lombarda, napolitana, etc), usada na Italia meridional e en Dalmacia dende o s VIII ata o inicio do s XV. A orixe vén da minúscula cursiva documental. A evolución vai ligada especialmente á abadía de Montecassino. Caracterízase polas letras de trazado anguloso e en zig-zag, polo uso de determinadas abreviaturas e pola súa peculiar forma de puntuación.