"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carruaxe de caixa rectangular para seis ou oito persoas, cos asentos dispostos lateralmente e coa entrada pola parte posterior da caixa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe mitolóxico, fillo do Sol e da ninfa mariña Clímene. Cando chegou á adolescencia, a súa nai reveloulle quén era o seu pai; daquela, o mozo pediulle ao Sol que lle deixase guiar o seu carro e seguiu o camiño trazado na bóveda celeste. Pero chegou un momento en que, amedrentado pola altura e pola visión dos animais que representaban os signos do zodíaco, descendeu e a piques estivo de queimar a Terra. Noutro intento, pola contra, subiu tanto que os astros queixáronse a Zeus e este, para evitar unha loita universal, precipitouno no río Erídano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula capaz de levar a cabo o proceso de fagocitose. Moitos protozoos e algunhas células dos mamíferos, como os monocitos ou os macrófagos, son fagocitos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula nai dos fagocitos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lise dos fagocitos con liberación, moitas veces, de antitoxinas ou substancias de actividade antimicrobiana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso que permite atrapar, englobar e xeralmente destruír ou dixerir elementos moi diversos, como bacterias, produtos do metabolismo ou corpos estraños. A fagocitose realízana células especializadas (macrófagos ou neutrófilos) ou determinados organismos unicelulares (protozoos), que rodean coa súa membrana celular a partícula e incorpórana no seu citoplasma. Pódese levar a cabo como mecanismo de defensa ou para a alimentación, no caso dalgúns organismos como os protozoos. É un dos mecanismos fundamentais da inmunidade natural, especialmente nos organismos superiores: en moitos lugares do corpo, como o sangue, o tecido conxuntivo ou o fígado, existen numerosos fagocitos, que atacan calquera alteración do organismo, encargándose de destruír ou de neutralizar os corpos estraños, sobre todo microorganismos, que poden poñer en perigo o funcionamento do organismo. A fagocitose é un tipo de endocitose.
-
GALICIA
Escultor. Aprendeu o oficio de canteiro en Piñor, onde transcorreu a súa infancia. Con dezaseis anos trasladouse a Ourense para estudar na Escola de Artes e Oficios, onde foi profesor de modelado e baleirado (1940-1956). En 1934 obtivo unha bolsa da Deputación para ampliar os seus estudios como alumno libre na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid durante ano e medio. En 1949 fixo a súa primeira exposición en Ourense e, ao ano seguinte, expuxo en Vigo no Foto-Club, mostra que serviu para o seu descubrimento como escultor. En 1951 participou na exposición colectiva da arte galega organizada pola Galería Velázquez de Bos Aires e, dous anos despois, realizou unha individual na que acadou un grande éxito e o recoñecemento da crítica, apoiada polos intelectuais galeguistas da época. Desde 1956 dedicouse a traballar nas numerosas encargas que recibiu de particulares e organismos públicos, sobre todo de estatuaria pública. Ao mesmo tempo, realizou numerosas exposicións tanto...
VER O DETALLE DO TERMO -
XACEMENTOS
Xacemento arqueolóxico minoico situado na chaira de Messara, en Creta. Únese a Knossos, ao N, por unha calzada. Escavouse un palacio de planta cun patio central con edificios ao seu redor. Ten dúas etapas construtivas, a máis recente comprende entre o Minoico Medio III e o Minoico Recente II.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen fala sen tino ou fala por falar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe grego, epónimo de Tarento. Liderou a loita dos partenios -fillos dos lacedemonios que foran reducidos á escravitude durante a Guerra de Mesenia- contra os espartanos. Descuberto o seu plan de ataque, fuxiron e, por orde do oráculo de Delfos, fundaron a colonia de Tarento.
-
FILOSOFOS
Filósofo xudeu. De orixe española, das súas obras destacan a compilación relixioso satírica do Séfer ha-měbaqqeš (Libro do escudriñador da verdade), Séfer ha-Nefes (Libro da alma) e Iggéret ha-musar (Epístola moral).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Formouse na Academia Nacional de Bellas Artes e en 1911 trasladouse a París. Foi profesor de debuxo da Escuela de Bellas Artes de Montevideo (1919-1929) e director do Museo Municipal de Bellas Artes de Bos Aires (1935-1943). Das súas obras destacan Mujer del éxodo e Mujer frente al mar. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Nacional de Escultura (1927) e o Gran Premio da Exposición Internacional de Bruxelas de 1928. Foi membro da Academia de Bellas Artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e diplomático neerlandés. Embaixador en Madrid e secretario xeral de Asuntos Exteriores con Luís Bonaparte, dimitiu do seu cargo en 1810 trala anexión de Holanda a Francia. Trala reorganización dos Países Baixos, foi ministro de Instrución, Industria e Colonias (1818-1824), embaixador en Londres (1824-1832) e, desde 1839, embaixador de Holanda en Bruxelas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Foi nomeado secretario da Xunta de Vigo e alcalde da cidade (1812). Trasladouse a Madrid e a Santiago de Compostela, cidades onde o detiveron, acusado de participar en conspiracións liberais. En 1820 foi nomeado xuíz de Sar (distrito de Santiago). En 1823 fuxiu a Inglaterra e, dez anos despois, foi restaurado no corpo xudicial e exerceu como maxistrado da Audiencia de Cáceres e na Audiencia Territorial de Madrid. Como político liberal representou a Pontevedra como deputado (1836-1837) e como senador (1841-1842).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político venezolano. Membro do partido liberal, dirixiu xunto a Ezequiel Zamora a Revolución Federal (1859-1863), trala que foi elixido presidente provisional da República (1863). Ratificado en 1864, promulgou a Constitución federal, que dividiu o país en vinte estados. Foi derrocado en 1868 e expulsado do país.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e pintor. Inspirouse nos estilos monumentais romanos e introduciu no Veneto a arquitectura cincocentista de Roma. En Padua fixo as portas de San Giovanni (1528) e de Savorarola (1530), o arco do Orologio (1532), o Odeón e a loxa do palacio Cornaro. Nas obras pitóricas amosou o seu coñecemento da Antigüidade. Entre outras destaca Sibilla che svela ad Augusto il mistero dell’Incarnazione.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asento real ou pontificio, baixo e sen respaldo, que xeralmente se pode pregar e que se utilizaba na Idade Media. Podía ser de madeira, metal ou marfil e cubríase cun pano da cor litúrxica da cerimonia relixiosa en que se empregaba.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Feito de deixar de vivir alguén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de falir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á froita que se falmaga e apodrece.