"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Actriz. Estudiou Interpretación na Universidade de Pennsylvania. Comezou traballando como modelo publicitaria. Casou en 1980 co cineasta Louis Malle. Foi nominada ao Oscar como mellor actriz secundaria por Starting Over (Comezar de novo, 1979). Recibiu numerosos premios polo seu traballo na serie televisiva Murphy Brown. Outros traballos seus son: The Group (O grupo, 1965), Soldier Blue (Soldado Azul, 1970), The Hunting Party (Caza implacable, 1971), Rich and Famous (Ricas e afamadas, 1980) e Stick (Xogar duro, 1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Neuropsiquiatra alemán. Foi o introdutor da electroencefalografía en clínica (1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor flamengo. Artista intelectual, uniuse a Gustave de Smet (1904) en Sint-Martens-Latem e converteuse no xefe espiritual da segunda escola de Latem. Durante a súa estancia en Holanda (1914) intensificou o seu expresionismo unido a un rigor construtivo derivado do Cubismo. En Gante (1925), o seu gusto polos temas fantásticos e raros achegouno ao Surrealismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión do NO de Alemaña, nos contrafortes do NL do macizo xistoso Renano, entre o Rin, o Ruhr e o Sieg. Pódense distinguir catro sectores principais: as terras altas, formadas por vales, onde a actividade económica fundamental é agraria; unha área de loess; unhas terrazas medias e as terrazas baixas da beira do Rin, onde a actividade económica está baseada na industria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Deuse a coñecer como poeta coa obra Marionetterna (Os monicreques, 1903). Nas súas novelas describiu os problemas da cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista e dramaturgo sueco. A súa dramaturxia e a súa narrativa mostran a influencia de Dostojevskij e Dickens. Escribiu os dramas Maria, Jesu moder (Maria, nai de Xesús, 1905) e Patrasket (1928), e a novela Hans nads testamente (O testamento da súa alteza, 1910).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico sueco. Foi alternando brillantemente a posta en escena para o teatro coa fílmica. A película Sommarnattens leende (Sorrisos dunha noite de verán, 1955) deulle o recoñecemento definitivo como un dos autores máis importantes. Cómpre destacar dentro da súa extensa filmografía Det sjunde inseglet (O sétimo selo, 1956), Scener ur ett äktenskap (Secretos dun matrimonio, 1973), Höstsonaten (Sonata de outono, 1978) e Fanny och Alexander (Fanny e Alexander, 1982). A problemática, esencialmente existencial, xira arredor dunha ampla gama de constantes: a muller, a parella, o amor, a vellez, a morte ou a relixión. En 1989 escribiu o guión do filme Den goda viljen (As mellores intencións). Como director de escena traballou no Dramaten de Estocolmo, o Teatro Real fundado en 1788 por Gustavo III, onde levou a cabo unha substancial transformación nas pautas de realización e nas liñas de produción, co que estreou espectáculos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz sueca establecida nos EE UU, nai da tamén actriz Isabella Rosellini. A súa fotoxenia serena combinouse cunha gran riqueza de rexistros expresivos. Comezou a traballar con Gustav Molander e máis tarde con Roberto Rossellini, con quen ademais mantivo unha intensa relación. Foi gañadora dun Oscar en dúas ocasións por Gaslight (Luz que agoniza, 1944) e Anastasia (1956). Participou nos filmes: Munkbrogreven (1934), Intermezzo (1936), Casablanca (1942), For Whom the Bells Toll (Por quen dobran as campás, 1943), Joan of Arc (Xoana de Arco, 1948), Elena et les Hommes (Elena e os homes, 1956), The Yellow Rolls-Royce (O Rolls-Royce amarelo, 1964), Murder on the Orient Express (Asasinato no Orient Express, 1974) e Hostsonet (Sonata de outono, 1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director teatral, fillo do cineasta e director Ingmar Bergman. Acadou sona montando grandes obras teatrais de repertorio como O Rei Lear e Hamlet, coa compañía Dramaten de Estocolmo. Deuse a coñecer en 1988 coa dirección da obra Hemsöborna no teatro de Angered. En 1999 montou no Teatro Real de Estocolomo A noite é a nai do día, obra do dramaturgo sueco Ulf Norén.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Científico sueco, discípulo de Linneo, coñecido polos seus traballos sobre Química, malia que os seus estudios iniciais foron no campo das Matemáticas e da Historia Natural. Investigou sobre a afinidade dos elementos. Foi autor de numerosos traballos sobre Mineraloxía, Xeoloxía e Astronomía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor flamengo, coñecido tamén co pseudónimo de Tony. Destacan as súas obras Twee Rhijnlandsche novellen (Dúas narracións renanas, 1870) e Ernest Staas, advocaat (Ernest Staas, avogado, 1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico alemán. Estudiou nas universidades de Dorpat, Viena e Berlín. Foi director do hospital militar de Koeniginhof. Débeselle o inicio da esterilización mediante o vapor (1886) e o da antisepsia xeral (1891). Escribiu Die Lepra in Livland (A lepra en Livland, 1870) e Handbuch der praktischen Chirurgie (Manual de prácticas de cirurxía, 1900), entre outras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira regra térmica ecolóxica definida no 1847 para as subespecies ou razas xeográficas de animais homotermos e que establece que estas teñen un tamaño maior canto máis baixa sexa a temperatura media do ambiente no que viven. A regra tamén se cumpre en animais do mesmo xénero e tense empregado para interpretar o maior tamaño dos mamíferos do Terciario, era xeolóxica de clima máis frío, en relación ás formas actuais máis pequenas. A mesma relación entre tamaño e temperatura obsérvase para outros grupos de seres vivos como algas, rizópodos, radiolarios, hidrozoos, crustáceos, moluscos e insectos. A regra de Bergmann interprétase como unha expresión do equilibrio enerxético no que os animais máis corpulentos teñen unha menor relación superficie/volume e, xa que logo, están en mellores condicións para regular a temperatura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo cenobio situado no concello de Bergondo. Aínda que se descoñece a data da súa fundación, sábese que xa existía no 1138, data na que Afonso VII lle outorgou numerosos privilexios reais. Poucos anos máis tarde protagonizou un preito co arcebispo compostelán sobre os dereitos de pesca dos seus vasalos no río Mandeo. No 1256 foi acollido por Afonso X baixo a súa protección. Tras sufrir un incendio en 1338, foi restaurado por Fernán Pérez de Andrade e finalmente, coa reforma monástica dos Reis Católicos, foi anexionado por San Martiño Pinario como priorado. A actual igrexa parroquial é románica, da segunda metade do s XII. De planta basilical, presenta unha disposición de tres naves que se corresponden con outras tantas ábsidas na cabeceira. A cuberta da nave é de madeira a dúas augas, mentres que as ábsidas teñen bóveda de canón rematada nun cuarto de esfera. No interior alberga mostras de escultura funeraria da época. A carón do templo persisten as dependencias do antigo convento convertidas...
-
PERSOEIRO
Mestre. Colaborador de diversos xornais de Galicia e Asturias, asinou algúns dos seus traballos cos pseudónimos como Rogueiber e Manuel de Vicenta. Publicou a novela A pecadenta silenzosa (1927) e a peza dramática Ollo cos estudantes (1930). Escribiu tamén en castelán as pezas Trampa adelante e Engaño sobre engaño. Ingresou na Real Academia Galega en 1958 en recoñecemento ao seu labor xornalístico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Exerceu como profesor de Composición nas universidades de Darmstadt (1960), Harvard e na Juilliard School de Nova York (1963-1971). Nas súas composicións serviuse libremente tanto de técnicas tradicionais como da técnica serial e doutras. Das súas obras principais cómpre destacar: Omaggio a Joyce (Homenaxe a Joyce, 1958), Sequenze, (Secuencias, 1965-1975), para diversos instrumentos solistas, Requies (Ausencias, 1983) e Voci (Voces, 1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios de Ourense onde foi alumno de Manuel Núñez Faílde e Antonio Gómez Campos; aprendeu tamén con Prego de Oliver. No curso 1956-1957 substituíu a Faílde Gago como profesor de modelado e baleirado. Integrado no colectivo de artistas plásticos Solaina das Artes, formado por profesores da Escola de Artes de Verín, a súa escultura continúa a tradición dos seus mestres nunha liña popular, de humanismo e de tenrura figurativa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Publicou ensaios violentos como Mort de la pensée bourgeoise (Morte do pensamento burgués, 1929) e dirixiu o semanario Marianne (1932-1937), desde onde loitou polos seus ideais pacifistas. Son posteriores Histoire de l’Europe (Historia de Europa, 1946-1947) e a súa autobiografía Sylvia (1952), o seu libro máis coñecido. A súa obra máis destacada é o diálogo con P. Modiano titulado Interrogatori (Interrogatorios, 1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de videira americana que, pola súa gran resistencia ao ataque da filoxera e pola adaptación a terreos moi calcarios, se estendeu en Europa como patrón para a obtención de híbridos. É resistente a enfermidades criptogámicas.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, preto do límite con Andalucía e no partido xudicial de Llerena (2.716 h [1996]). A súa economía baséase no sector agropecuario, destacando os cultivos de cereais, alfarrobeiras, vide e oliveiras, ademais da gandería ovina e porcina. Ten fábricas de xabón, gaseosas e augardentes.
VER O DETALLE DO TERMO