"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Toxina presente nos fungos da especie Amanita phalloides. Engloba un conxunto de ciclopéptidos constituídos por sete aminoácidos que forman un dobre ciclo mediante un enlace entre triptófano e cisteína. A súa inxestión causa lesións hepáticas graves, que poden causar a morte en poucos días.
-
-
Acción de falsear.
-
-
Desvío lixeiro dun paramento respecto da perpendicular.
-
Corte dunha pedra ou madeira falseada.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que carece da cousa que se expresa.
-
-
Que ou quen non cumpre coas súas responsabilidades.
-
Que ou quen falta ao respecto ou ofende a alguén.
-
-
-
Que non cumpre coas súas obrigas.
-
Que non se desenvolve de forma normal.
-
-
-
Que ten moita fame.
-
Que ten un forte desexo de algo, especialmente inmaterial.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben as distintas alianzas políticas asinadas durante o s XVIII polas dinastías borbónicas reinantes en Francia e España. Polo Primeiro Pacto de Familia, asinado en El Escorial o 7 de novembro de 1733 entre Luís XV de Francia e Filipe V de España, Francia comprometeuse a conseguir o trono de Parma, Piacenzia e Toscana para o infante Carlos de Borbón, fillo de Filipe V e Isabel de Farnesio, e a devolución de Xibraltar, mentres que España apoiou a Francia no seu enfrontamento con Austria. O resultado máis visible desta primeira alianza foi o recoñecemento na Paz de Viena (1738) de Carlos de Borbón como rei de Nápoles e Sicilia. O Segundo Pacto de Familia foi asinado no marco da Guerra de Sucesión de Austria entre Luís XIV, Filipe V e Carlos de Borbón en Fointainebleau o 28 de outubro de 1743 e nel Francia comprometeuse a conseguir para o infante Filipe de Borbón, fillo de Filipe V e Isabel de Farnesio, os ducados de Parma, Milán e Piacenza e a devolución das prazas de Xibraltar...
-
GALICIA
Xornalista e escritor. De ideoloxía liberal, foi o único redactor do bisemanario El Heráclito Español y Demócrito Gallego, que saíu á rúa o 21 de abril de 1820, e colaborou na Gaceta Marcial y Política e no Diario Cívico-Patriótico. Cun estilo satírico e directo, nos seus escritos arremeteu contra a Igrexa, xuíces e institucións políticas. Da súa produción destaca a peza teatral A casamenteira (1849) e as tres composicións incluídas baixo o título Villancico que en la Nochebuena del año 1812 cantaron los presos de la cárcel pública de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Tipógrafo e militante anarcosindicalista. No ano 1946 formou parte do Comité da CRG na clandestinidade; detido trala desarticulación do comité en 1947 pasou varios anos na cadea. Liberado a comezos dos anos 50, morreu pouco despois a causa dos malos tratos sufridos na prisión.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rocha, as máis das veces de orixe magmática, que presenta cristais que poden ser recoñecidos a simple vista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao tipo de forma vital das plantas, normalmente leñosas, con gromos perdurantes e persistentes durante a época desfavorable, situados a máis de 25 cm do chan. Os fanerófitos consitúen unha das formas biolóxicas da clasificación de Raunkjaer; segundo a súa altura, distínguense os nanofanerófitos, de ata 2 m, os microfanerófitos, de 2 a 8 m, os mesofanerófitos, de 8 a 30 m, e os megafanerófitos, de máis de 30 m.
-
PERSOEIRO
Político e economista italiano. En 1945 ingresou no partido demócratacristián, do que foi elixido deputado da Asemblea Constituínte de 1946. Ocupou os ministerios de Traballo (1947-1950), Agricultura (1951-1953), Interior (1953-1954) e Asuntos Exteriores (1965 e 1966-1968). Ademais, foi presidente do consello de ministros (1954, 1958-1959, 1960-1963, 1982-1983 e 1987) e do Senado (1968-1973, 1976-1982), e secretario xeral do partido demócratacristián (1954-1959 e 1973-1975). Presidiu a asemblea das Nacións Unidas (1965) e desde 1968 foi senador vitalicio. En 1978 exerceu interinamente a presidencia da República.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Musicólogo italiano. En 1947 fundou, xunto con Ephrikian, o Istituto Italiano Antonio Vivaldi. Fixo unha nova catalogación e unha nova numeración das obras de A. Vivaldi.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Discípulo de Courbet e amigo de Monet e Whistler, ao seu estudo acudían os impresionistas. Expuxo no Salon des Refusés en 1868. A súa pincelada é curta e minuciosa. Realizou tamén litografías. Entre as súas obras destacan Hommage à Delacroix (Homenaxe a Delacroix, 1864) e Un atelier á Les Batignolles (Un estudo en Les Batignolles, 1870).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción propia dun fantoche.
-
-
Boneco articulado que se move con fíos e co que se representan farsas teatrais.
-
Persoa que presume do que non ten ou do que non é.
-
Persoa con pouca personalidade e que se deixa influenciar facilmente polos demais.
-
Busto humano, xeralmente monstruoso, sen brazos e con cornos, empregado como cimera.
-
-
PERSOEIRO
Poeta italiano. Considerado un dos máximos representantes da poesía neoclásica italiana, escribiu Odi (Odas, 1784) e Poesie e prose varie (Poesía e prosa varia, 1785). En 1805 foi secretario e logo presidente da Academia de Belas Artes de Carrara.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produción dunha dobre refracción nun corpo ou nun líquido normalmente isótropo para a luz cando, mediante a acción dun campo magnético apropiado, se produce unha anisotropía.
-
GALICIA
Xornalista e político. Coñecido como Antolín Faraldo Malvar, entre 1835 e 1842 realizou o bacharelato en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Membro da Academia Literaria de Santiago, a partir de 1843 incorporouse á Diputación Arqueológica Gallega. Entre os anos 1842 e 1845 traballou como redactor nos periódicos El Recreo Compostelano e El Porvenir, e colaborou en Santiago y a ellos e La Situación de Galicia, nos que asinaba co pseudónimo de Abehumeya. Formou parte do grupo de provincialistas que participaron no levantamento progresista de 1846, cando asumiu a secretaría da efémera Xunta Superior do Reino de Galicia, tralo que houbo de exiliarse en Portugal. En 1847 marchou a Madrid e participou na redacción do xornal progresista La Europa; ademais, escribiu artigos para o Boletín Mercantil e Industrial de Galicia, editado na Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santo Estevo de Tremoedo (Vilagarcía de Arousa). En estado ruinoso, pertenceu a unha fortaleza vinculada co pazo de Figueroa. Ten pedra de armas.