"ABI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 731.

  • CIDADES

    Cidade do voivodato de èódzkie, Polonia (74.270 h [2000]). Situada ao SO de èódź, é un mercado agrícola de patacas e cereais e un núcleo de industria téxtil, química e do papel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Torcida de fíos que leva a candea ou o candil para que alume ao acendela.

    2. Extremo superior queimado dunha mecha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto das calidades sensoriais dun alimento, non necesariamente relacionadas co valor nutritivo, que se aprecian nunha dimensión psicolóxica, segundo os hábitos alimentarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político xurdido a finais do s XIX entre os países árabes que defendía a solidariedade e a cooperación entre eles, primeiro fronte á dominación turca e logo fronte á colonial. Unha vez disgregado o Imperio Otomán, o panarabismo culminou coa creación, en 1945, da Liga Árabe, encamiñada á salvagarda da independencia e á soberanía dos seus integrantes. Tras diversos intentos de unificación por parte dalgúns estados árabes e coas distintas actitudes adoptadas ante as Guerras Árabe-israelís, a integración dos países árabes volveuse cada vez máis difícil, obstaculizada polas enormes diferenzas entre os seus réximes políticos, as rivalidades rexionais, o problema palestino e os intereses enfrontados arredor da explotación do petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao panarabismo.

    2. Partidario do panarabismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de dous ou máis organismos en que só un deles vive nas condicións que lle son propias, mentres que o outro ou os outros viven a custa deste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Irixo baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso e poeta. Formouse no Colexio de Fonseca, onde se doutorou en Dereito. Ingresou na orde militar de Santiago, residiu en Roma e foi deán en Santiago de Compostela (1689). Autor dunha abondosa obra en castelán, foi o principal impulsor das Festas Minervais convocadas en 1697. No volume Fiestas Minervales y aclamación perpetua de las Musas a la inmortal memoria de el Ilustrísimo y Excelentísimo Sr. D. Alonso de Fonseca (1697), incluíuse unha das súas composicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • parisílabo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e empresario. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1869), dirixiu o Balneario de Caldelas de Tui en 1871. En 1872 descubriu o manancial da Gándara, en Mondariz-Balneario, e ao ano seguinte comezou a explotalo. Coa axuda de seu irmán, Gumersindo Ramón Peinador Vela (Pontevedra?-1928), obtivo a fonte de Troncoso, aínda que mantiveron un conflito co concello ata 1905, e comezaron a explotar as augas co nome de Aguas de Mondariz. Establecimiento minero-medicinal de los Señores Hijos de Peinador. En 1873 as augas foron declaradas de utilidade pública. En 1879 abriu a primeira casa de baños e en 1898 inaugurou o Gran Hotel de Mondariz, que se converteu nun centro medicinal, cultural e artístico. Exerceu como xerente do balneario ata 1906. Proxectou un tranvía entre Mondariz e Vigo para unir o balneario coa estación de ferrocaril e con Madrid, pero só funcionou no traxecto Vigo-O Porriño. Ademais tiña unha imprenta de seu en que se editaron...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade do que é penetrable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de perdurable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de permeable.

      1. permeabilidade magnética/absoluta

        [ì] Propiedade dos medios materiais que modifica a acción dos polos ou masas magnéticas, así como a indución magnética B, que resulta cando o medio está sometido a unha intensidade de campo magnético H. Intervén nas reaccións do magnetismo e de electromagnetismo. A súa unidade de medida é H/m.

      2. permeabilidade magnética relativa [ì r ]

        Relación entre a permeabilidade absoluta e a do baleiro ì 0 , que vale 1,256×10 -6 H/m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deseñador. As súas creacións destacan pola pureza de liñas, o minimalismo e a sobriedade. Xunto con María Freire creou unha primeira colección de muller. Creou a sociedade anónima Antonio Pernas, da que é presidente. Amosou os seus deseños nas pasarelas London Pret, Gaudí, en Barcelona, e Cibeles, en Madrid (1991-1999 e desde 2002). En 1992 inaugurou a súa primeira tenda na Coruña. Membro da Comisión Técnica de Deseño do Consello da Cultura Galega, cofundou a Asociación de Creadores de Moda de España. Obtivo o premio T de Telva al Mejor Diseñador Español (1997) e a Medalla Castelao (1997). Pertence ao Consello da Cultura Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Influído por C. Pissarro e A. Asley, orientouse en 1909 cara ao cubismo. En 1911 foi un dos creadores do Grup Section d’Or. Participou no Armory Show en Nova York (1913) e puxo as bases, con M. Duchamp, do dadaísmo neoiorquino. Tivo contactos cos dadaístas de Zúric, e en París pintou as súas Machines Ironiques. En 1921 volveu á pintura figurativa, e a partir de 1945 fixo abstracción con obras que el denominou sur-irréalistes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia dun ión a deformarse, perdendo a simetría esférica do ión libre, a causa das atraccións ou repulsións electrostáticas que experimenta a nube electrónica. É importante sobre todo para os anións, e aumenta co volume e a carga.

    2. Capacidade dun medio de polarizar unha radiación electromagnética.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos polisílabos.

    2. Que está formado por dúas ou máis sílabas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Posibilidade que presenta o software que opera nunha máquina para poder operar noutra diferente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de potable.

    VER O DETALLE DO TERMO