"BRE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 949.
-
RIOS
Río da vertente atlántica (16 km). Nace na parroquia de Santa Xiá de Monfero (Monfero) da confluencia de varios regos que drenan a vertente meridional da serra de Queixeiro. O seu curso adopta unha dirección L-O coa que serve de límite municipal a Monfero e Irixoa e a Paderne con Vilarmaior, primeiro, e con Miño despois, ata a súa desembocadura na ría de Betanzos, no lugar da Ponte do Porco.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Lambre en San Pantaleón das Viñas (Paderne). Trátase dunha ponte de cantería e xisto do s XVI cun van lixeiramente oxival que pertenceu ao antigo camiño de Betanzos a Pontedeume.
-
-
Elemento decorativo colgante e corrido que se coloca baixo os beirís, frisos ou na parte superior dunha cortina como nos baldaquinos.
-
-
Adorno externo do escudo formado por cintas, follas ou penachos que, partindo de detrás do helmo, colgan a ambos os dous lados do escudo. Han de ser dos mesmos esmaltes que compoñan o brasón. OBS: Úsase habitualmente en plural.
-
lambrequíns sementados
Lambrequíns que levan flores de lis ou armiños.
-
-
-
-
-
Mamífero de tamaño medio, da familia dos lepóridos, semellante ao coello pero de maior tamaño e con patas e orellas máis longas, tendo estas últimas os extremos negros. As crías das lebres, que nacen moito máis desenvolvidas ca as dos coellos, denomínanse lebratos. En España existen tres especies, das que Lepus granatensis e L. castroviejoi, se atopan en Galicia.
-
lebre da Patagonia [Dolichotis patagonum, Fam dos cávidos]
Mamífero euterio da orde dos roedores que ten uns 75 cm de lonxitude, coa cabeza grande e orellas duns 10 cm que acaban en punta arredondada. Habita no centro e S de Arxentina. A súa carne é comestible.
-
lebre das xesteiras [cast: liebre de piornal; ingl: broom hare] [Lepus castroviejoi, Fam dos lepóridos]
Lebre de tamaño intermedio entre Lepus granatensis e Lepus europaeus, de entre 49 e 51,2 cm de corpo e 7,8 - 9,6 cm de cola e peso entre 2,60 e 3,45 kg. A cor do pelame é parda-amarela cunha maior extensión da zona branca do ventre ca na lebre europea, aínda que non de forma tan extensa como en L. granatensis. Presenta unha franxa clara distintiva na cara, entre os ollos e a parte inferior das meixelas. Ocupa un hábitat moi definido e característico das zonas de alta montaña cantábrica, áreas en que se alternan pastizais de distinta extensión con zonas de arbustos e zonas arborizadas, situadas a altitudes entre 1.000 e 1.900 m. Soamente se encontra na Península Ibérica nunha franxa restrinxida na Cordilleira Cantábrica, desde Os Ancares ata a serra de Peña Labra, entre Cantabria e Palencia. En Galicia ocupa unha estreita franxa ao L de Lugo. Antes considerábase como L. capensis e describiuse como unha especie diferenciada en 1977. Tamén é un endemismo ibérico.
-
lebre europea [port: lebre europeia; cast: liebre europea; ingl: brown hare] [Lepus europaeus, Fam dos lepóridos]
É a maior das lebres presentes na Península Ibérica e mide 55.8 cm de corpo e pesa 4.4 kg. Distribúese pola maior parte de Europa e parte de Asia, con excepción de Escandinavia, N de Rusia e as Illas Británicas. Na Península Ibérica substitúese polas outras dúas especies na maior parte do territorio, estando soamente presente desde a costa catalana, ao N do Ebro, ata o centro de Asturias, e desde os páramos burgaleses ata a costa cantábrica e Francia. Non está presente en Galicia.
-
lebre ibérica [port: lebre; cast: liebre; ingl: iberian hare] [Lepus granatensis, Fam dos lepóridos]
Lebre de ata 47 cm de longo máis 10 cm de cola. Pode pesar ata 2,95 kg, os machos, e 3,30 kg, as femias. O seu pelame é pardo-amarelo no lombo e branco ventralmente, e posúe unha mancha branca na parte posterior das extremidades. Ten hábitos nocturnos e solitarios, aínda que se poden reunir varios individuos nas zonas de alimentación. Esta consiste basicamente en poáceas, aínda que ocasionalmente pode roer plantas leñosas para conseguir algúns froitos, talos ou codias. Pasa o día encamada en depresións que ela mesma constrúe, e fai desprazamentos diarios entre estas zonas e as de alimentación. O seu ciclo reprodutor depende das condicións climatolóxicas, que á súa vez inflúen na cantidade de herba. Pódese reproducir durante todo o ano, aínda que o frecuente é que o faga entre febreiro e xuño. Ten capacidade de reabsorción embrionaria como os demais lagomorfos, a xestación dura entre 42 e 44 días e o tamaño da camada oscila entre un e cinco lebratos que non reciben coidados parentais. Habita...
-
-
Figura heráldica que se representa correndo ou encollida.
-
Molusco gasterópodos de 10 a 15 cm de lonxitude, de forma maciza e co dorso moi alto e con dous pregos dérmicos do manto que o recobren completamente e a cuncha. Habita sobre rochas cubertas de algas das que se alimenta.
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia de San Fiz de Amarante (Antas de Ulla). O seu cumio acada os 582 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación austral situada entre as de Eridano, Orión, Can Maior e Pomba. Contén 72 estrelas visibles a simple vista. O astro principal, á-Leporis, denominado tamén Arneb, é unha estrela superxigante que ten unha magnitude aparente visual 2,69 e está a unha distancia de 410 anos luz.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Grixalba (Sobrado). O seu cumio acada os 612 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na línea de demarcación das parroquias de Pacios da Serra e Outeiro (Quiroga). O seu cumio acada os 1.145 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado entre as parroquias de San Cosmede de Cusanca (O Irixio) e Lobozán (Lalín). O seu cumio acada os 767 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Aplícase ao can de caza que se caracteriza pola forma esvelta, os membro longos e o volume reducido da caixa cranial. As razas principais son a afgana, a rusa (borzoi), a inglesa (whippet), a persa, a italiana (greyhound) e a eivisenca (lebrel ibicenco).
-
Aplícase a calquera can apto para cazar lebres e coellos.
-
-
Figura que representa o lebreiro, que é case o único can que se representa en heráldica. Leva xeralmente un colar, do que destaca o esmalte.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación boreal situada entre a de Osa Maior e Cabeleira de Berenice. O seu astro principal, á-Canum veaticorum denominado tamén Cor Caroli, é un sistema binario situado a unha distancia de 130 anos luz. Contén un gran número de galaxias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gravado rupestre situado na Caeira (Poio). É unha rocha de granito fino que presenta 42 figuras de cérvidos, unidos polos pezuños ou copulando. Atópanse tamén cazoletas. As figuras represéntanse sen formar composicións. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1975.
-
-
Persoa tímida e reservada.
-
Moza alegre pero reservada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lección máis breve que se escolle entre as posibles lecturas dun códice no proceso de cotexo dos diferentes testemuños.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista pedagóxica aparecida en xaneiro de 1983, editada polo departamento de Psicoloxía Xeral da Universidade de Santiago de Compostela. Incluíu artigos en que analizaba actitudes e comportamentos sociais, teorías da aprendizaxe, métodos de avaliación, bibliografía e cadros estatísticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro que puido estar situado en Monforte de Lemos. Documéntase nunha doazón da condesa Elvira á Igrexa de Santiago (1108).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Yěhudà Abrabanel.
-
-
-
Que pode actuar e decidir con liberdade.
-
Que non está preso, suxeito nin encerrado.
-
Que non está baixo o dominio doutro.
-
Que se respectan os dereitos dos cidadáns.
-
Aplícase ás pezas florais que non están soldadas.
-
-
-
Que non está sometido a regras nin condicións.
-
Que se pode mover con liberdade.
-
Que non presenta obstáculos.
-
...
-
-
-
SEMANARIOS
Semanario que se editou en Pontevedra a partir do 13 de agosto de 1854 e que cesou ao cumprir os seis ou oito meses. Impreso nos obradoiros tipográficos de Antúnez e Pazos, o seu director e editor foi Xoán Cuveiro. Tratouse dunha publicación de ideas liberais moi avanzadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Traxe de uniforme con levita, xeralmente de gala, que levan algúns empregados ou criados.
-
Conxunto de caracteres morfolóxicos accesorios e extremos que confiren a un animal o seu aspecto característico. A presenza de plumas, pelos, crinas, escamas e outras formacións epidérmicas (como cristas, esporóns ou colares), xunto coa súa disposición e coloración, son, entre outros, os elementos determinantes da librea. A librea dun animal pode ser permanente ou temporal. Neste último caso, o cambio de librea pode deberse a factores estacionais (a librea estival e a invernal de moitos animais) ou a outros factores, como os sexuais (librea nupcial).
-