"Bra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1231.

  • PERSOEIRO

    Militar e político dominicano. Comandou as tropas dominicanas que expulsaron os haitianos na Batalla de Santo Tomé, no ano 1855. Loitou, tamén, contra a anexión do seu país a España no ano 1861, o que lle valeu a deportación. Volveu á República Dominicana no ano 1864 e un ano máis tarde, en 1865, foi nomeado presidente por un breve período de tempo. Xefe do Partido Reformista coñecido co nome de Azul, foi presidente da República Dominicana entre 1866 e 1868. Durante o seu mandato realizou un proxecto para alugar a baía de Samaná aos estadounidenses, o que lle valeu unha perda de confianza por parte dos seus aliados, e asinou un tratado co goberno español polo que este renunciaba aos seus dereitos sobre Santo Domingo. Derrocado por un proceso revolucionario viuse obrigado a exiliarse a Venezuela, mais volveu en 1875 como ministro de Guerra e Mariña e Interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político guineano. Co-fundador xunto co seu medio irmán do Partido Africano da Indepêndencia da Guiné e Cabo Verde (PAIGC). No ano 1973, é elixido presidente do Consello de Estado da República de Guiné-Bissau e un ano máis tarde chega á xefatura do novo estado independente, ocupará este posto ata 1980 cando é derrocado por un golpe militar. Despois de dous anos na cadea é liberado e trasladase de forma definitiva a Cuba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante portugués, descubridor e explorador do Brasil. Nomeado no ano 1500 capitán da flota portuguesa da India, na expedición cara a este territorio desembarcou nas costas do Brasil, preto de Porto Seguro, e tomou posesión do territorio en nome de Portugal o 24 de abril de 1500. Costeou e explorou a costa de África Oriental e chegou ata Calcuta. Historiadores portugueses e brasileiros consideran que a desviación na viaxe de Cabral non foi casual senón que tiña a intención de visitar o territorio concedido a Portugal polo Tratado de Tordesillas (1494).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Queixo asturiano de tipo azul elaborado con mesturas de leite cru, principalmente de vaca, con engadidos de leite de ovella e cabra, segundo dispoñibilidade estacional. Está protexido pola Denominación de Orixe. Madúrase en covas naturais situadas en paraxes escarpadas de grande altitude, propias da comarca asturiana de onde procede, dando lugar a un queixo de fina codia e masa semidura veteada (por balorecemento interno co fungo Penicillium glaucum) e pastosa, cun aroma complexo e intenso e cun gusto forte e picante. O callado é mixto, predominantemente enzimático. Haino desde graxo a extragraxo e consómese de semicurado a curado. A súa forma é cilíndrica irregular, cun tamaño moi variable; adoita pesar entre dous e catro quilogramos. Tradicionalmente, envolvíase en follas de pradairo para o seu transporte. O de mellor calidade é o da primavera e verán. Pódese consumir untado en pan ou batido con sidra. Calcúlase unha produción media de 180.000 kg cada ano de maneira artesanal....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do Principado de Asturias (2.393 h [1996]), bañado polos ríos Cares e Casaño, situado nos somontes dos Picos de Europa. O seu solo é pouco fértil, produce hortalizas, castañeiros e cereais. A gandería redúcese a unhas poucas cabezas de vacún. Son importantes os xacementos de ferro, cobalto e carbón. Na industria destacan as fábricas de materiais de construción. A súa capital é Carreña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Illote da beira setentrional da ría de Arousa, no litoral da parroquia de Palmeira (concello de Ribeira).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral da parroquia e concello de Burela, ao SL do porto de Burela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de calibrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento empregado para verificar de maneira rápida, sinxela e precisa se as dimensións dunha peza están dentro das tolerancias preestablecidas, sen necesidade de realizar unha medición directa. O calibrador materializa as medidas máxima e mínima admisibles da dimensión a verificar; así, se esta é o diámetro interior dun buraco, é necesario que o extremo ‘paso’ do calibrador de interiores entre con facilidade, mentres que no lado ‘non paso’ non debe entrar de ningún xeito. Os calibradores para diámetros exteriores, para roscas ou outros, funcionan segundo o mesmo principio. O máis usual dos calibradores de interiores é o calibrador de tapón, que consiste en dous discos ou barras metálicos montados de banda a banda dun mango. Dos calibradores de exteriores, o máis usual é o calibrador de ferradura, que consiste nun arco metálico que ten nos extremos uns topes. Algúns calibradores son de medida fixa, pero noutros pódese regular dentro dun límite. A parte do calibrador...

    2. Peza de vidro, cunha das caras esmeradamente pulida para conseguir un aplanamento ou unha esfericidade o máis perfecta posible. Utilízase para verificar a perfección das superficies ópticas xa que, ao colocar o calibrador enriba desta, fórmanse franxas de interferencia que poñen de manifesto os defectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Determinar ou medir o calibre dun obxecto, unha bala, un tubo, ou outro obxecto.

    2. Establecer unha correspondencia entre unhas magnitudes elixidas como patróns e outras magnitudes a avaliar.

    3. Axustar os valores da imaxe para garantir unha presentación fiel de cores e tonalidades de gris cando se envían a unha impresora ou a un dispositivo que trate imaxes. O proceso debe realizarse en todos os elementos dun mesmo sistema, incluíndo o escáner, o monitor, as aplicacións e a impresora. A meta é asegurarse de que, por exemplo, o que o escáner ve como amarelo, se amose no monitor como amarelo, sexa recoñecido polos programas como amarelo e se imprima como amarelo.

    4. Sopesar a importancia ou relevancia dunha situación ou dun feito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro beneditino situado en Vilanova de Arousa que existía no s IX, xa que está documentada unha doazón do 846 realizada por Gandilano ou Gundialdo ao abade Viliato. É probable que sexa o mosteiro fundado por san Froitoso ao que se refire san Valerio na vida deste santo. Afonso IV confirmou no 929 as posesións do mosteiro por orde de Hermenexildo, bispo de Santiago de Compostela. Pertenceu á igrexa de Santiago e despois ao mosteiro de San Martiño, como mosteiro dependente, primeiro, e como priorado, despois, ata que foi anexionado por este cenobio en tempos dos Reis Católicos. Do primitivo mosteiro consérvanse as torres de Calogo, que segundo a tradición, eran empregadas polos monxes como faro e campanario.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Contracción involuntaria, intensa e dolorosa, que aparece de maneira transitoria nun músculo ou nun grupo muscular de fibra estriada.

      2. cambra do escribente

        Enfermidade que se caracteriza polo espasmo de certos grupos de músculos da man e do antebrazo e que impide o movemento normal desta. Os grupos de profesionais, tales como os escribentes e os pianistas, que utilizan ou traballan habitualmente coas mans, son os que máis padecen esta enfermidade.

      3. cambra de estómago

        Dor aguda no estómago, xeralmente causada por unha lesión do mesmo.

    1. Aplícase á vaca que ten paralizada unha pata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido branco moi fino de algodón con ligado plano, semellante á batista, que se fabricaba antigamente en Cambrai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Nord, Cambrésis, Francia, á beira do río Escalda, ao NL de París (33.092 h [1990]). Son tradicionais as industrias téxtiles onde se orixinou o tipo de tecido de algodón coñecido co nome de cambrai. A industria baséase na fabricación de encaixes, fiados, coiro, azucre, cervexa e aceites. A exportación é a base do seu comercio, principalmente de gando vacún e cereais. É un centro de comunicacións ferroviarias, onde se localizan tres estacións. Correspóndese coa antiga Cameracum romana. É bispado desde o s VI e os bispos foron señores desde o s X do condado de Cambrai, erixido no s XVI en ducado. Formou parte dos Países Baixos baixo a dominación española e, pola Paz de Nimega (1678), pasou definitivamente a Francia. A cidade, moi castigada durante as dúas guerras mundiais, conserva a catedral do s XVIII (refeita no s XIX), a igrexa de Saint-Géry (s XVIII), a antiga porta do palacio episcopal (1623) e un beffroi do s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Congreso europeo que tivo lugar en Cambrai (Cambrésis) de 1721 a 1727, convocado polos membros da Cuádrupla Alianza (Francia, Inglaterra, Países Baixos e Austria) para concluír unha paz definitiva. As negociacións facilitaron diversos acordos: o Tratado de Madrid (1721), asinado entre Francia, Inglaterra e Filipe V; o Tratado de Viena entre Filipe V e Carlos VI de Austria; e a Alianza de Hannover, entre Francia, Inglaterra e Prusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado de reconciliación asinado en Cambrai o 5 de agosto de 1529 por Luísa de Savoia, en nome do seu fillo Francisco I de Francia, e por Margarida de Austria, no do seu sobriño Carlos V; por esta razón tamén se coñece co nome de Paz das Damas. Este acordo confirmaba a renuncia por parte do rei de Francia ás súas aspiracións sobre Milán, Xénova e Nápoles e á soberanía sobre Flandres e Artois, establecida polo Tratado de Madrid (1526), e, a cambio, Carlos V recoñecía a soberanía francesa sobre Borgoña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral da parroquia e concello do Vicedo, na beira oriental da ría do Barqueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cancioneiro da Biblioteca Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Copia do Cancioneiro da Biblioteca Vaticana realizada entre 1592 e 1612, dirixida a Juan Fernández de Velasco, duque de Frias e conde de Haro, gobernador español de Milán e embaixador en Roma. Descubriuno en Madrid, en 1857, o crítico brasileiro Francisco A. de Varnhagen. No 1983 apareceu entre unha serie de códices, procedentes do arquivo dos duques de Fernán Núñez, que adquiriu a Bancroft Library da University of Berkeley, en California. Consta de 276 follas, as tres últimas en branco; as composicións están dispostas en dúas columnas en letra cursiva e foron copiadas por tres escribas diferentes. A transcrición é fiel ao orixinal, se ben non foron copiados 43 poemas da parte final da colección. Contén, incluso, como parte integrante do cancioneiro, as notas á marxe que realizara Angelo Colocci no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana.

    VER O DETALLE DO TERMO