"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
-
Doutrina que formula que o espírito é unha realidade substancial e, ao mesmo tempo, o substrato último das cousas e do mundo. Afirma tamén que na base espiritual do mundo prodúcese simultaneamente a inconsciencia total e a consciencia máis absoluta. Desenvolveron sistemas espiritualistas monistas G. W. Leibniz e R. H. Lotza, mentres que R. Descartes desenvolveu un espiritualismo dualista e G. Berkeley, un espiritualismo inmaterialista.
-
Doutrina que afirma a primacía do espírito na explicación das funcións psíquicas.
-
-
-
Método esquemático que se emprega na exposición ou explicación dun feito, idea ou teoría.
-
Conxunto de esquemas empregados nunha explicación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia ou facción, dentro dun grupo político, que se posiciona á esquerda da liña política deste.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Política económica-social definida pola supremacía do Estado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de estático.
-
VER O DETALLE DO TERMO
estatalismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
haptotropismo.
-
-
Doutrina que afirma que na arte predominan os principios estéticos.
-
Teoría da arte elaborada por I. Kant que afirma que a filosofía da arte é independente de calquera outra forma filosófica e que a arte só pode xulgarse coas súas normas. Esta doutrina concretouse na actitude da arte pola arte que culminou no movemento esteticista do Reino Unido a finais do s XIX.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade de ser estigmático dun sistema óptico.
-
-
Tendencia ao cuidado esmerado do estilo.
-
Actividade do profesional que se dedica ao cuidado da imaxe, especialmente no mundo da moda e a decoración.
-
-
-
Doutrina filosófica nacida a finais do s IV a C e que se desenvolveu ata finais do s III d C. Distínguense o estoicismo antigo, representado por Zenón de Citio, Cleantes e Crisipo; o estoicismo medio, representado por Panecio e Posidonio; e o estoicismo novo ou estoicismo imperial, representado polos filósofos romanos Séneca, Epic22teto e o Emperador Marco Aurelio. Das tres partes da filosofía, a ética é a que ocupa o lugar máis elevado. A súa teoría ética pretendeu a chegada ao exercicio constante da virtude ou eudemonia a través da autosuficiencia, da aceptación con serenidade do destino e da loita contra as paixóns que producen intranquilidade; para iso, o home non debe procurar o pracer nin o benestar externo. Afirmaron que o máis importante mandato ético era vivir segundo a natureza, de acordo coa razón. Os seus estudios sobre lóxica foron a primeira teoría profunda sobre a linguaxe humana. Outros autores que seguiron esta doutrina foron Aristón de Quío, Hesilo de Cartago e Dióxenes...
-
alor ou coraxe para soportar as desgracias e as adversidades con indiferenza ou conformidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección da vista en que os eixes visuais non son paralelos na posición primaria da mirada ou en que un ollo non pode seguir ao outro nos seus movementos. Pode ser paralítica, a causa da parálise dun ou máis músculos oculares, e concomitante ou funcional, pola falta de coordinación dos movementos dos dous ollos.
-
-
Afección aos costumes estranxeiros.
-
Palabra que se colle dunha lingua estranxeira mantendo a súa grafía orixinal, pero adaptando a súa pronuncia ás estruturas fonéticas da lingua receptora (hippy [‘hipi], allegro [a’lɛƒɾo]). O proceso de normalización do galego comeza no s XIX co inicio da reivindicación da lingua galega como lingua de cultura, pero é no s XX cando se amplía o seu uso a novos dominios. Neste novo contexto lingüístico e cultural prodúcese o contacto con novas realidades e conceptos que esixen a incorporación ou creación de novas expresións. Así, un dos procedementos que se emprega para cubrir estes baleiros denominativos é a incorporación de estranxeirismos, feito constatable nos dominios especializados; a súa presenza nótase canto máis especializado é o dominio, e esa especialización moitas veces leva a que non existan propostas claras na lingua receptora. O galego incorpora, sobre todo, estranxeirismos do inglés e, en menor medida, doutras linguas como o francés e o italiano....
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola lingüística do s XX, que se caracteriza por concibir as linguas como estruturas ou sistemas, isto é, conxuntos organizados de elementos que se definen pola súa relación cos demais elementos formais, polo tanto, non materiais. O que importa non é o fenómeno en si, considerado illadamente, senón o seu valor, manifestado a través da súa situación no interior da estrutura. O estruturalismo xorde como reacción ao atomismo e positivismo propios da lingüística histórico-comparativa do s XIX. Sinálase ao profesor suízo Ferdinand de Saussure como o iniciador do estruturalismo, a raíz da publicación póstuma en 1916 dunha recompilación das súas principais teorías, baixo o título Cours de Linguistique Générale. F. de Saussure pon a base de conceptos como signo lingüístico e distincións fundamentais como materia/ obxecto, lingua/fala ou significante/significado. A consolidación do estruturalismo vén da man do Círculo Lingüístico de Praga (1926), constituído, entre outros, polos lingüistas Nikolaj...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente artística baseada na creación dunhas formas tridimensionais, regulares e pintadas con cores planas, e estruturadas sobre un soporte. Propúxoa Charles Biederman fronte ao expresionismo abstracto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pronuncia erasmiana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado producido pola absorción excesiva de éter.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intoxicación que se produce polo alcohol etílico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia lingüística que considera a etimoloxía primordial para explicar o significado das palabras ou fixar a súa grafía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia a considerar superior a etnia ou cultura á que se pertence e a convertela no modelo de referencia. O termo cuñouno en 1906 W. G. Summer para explicar as identificacións que os pobos primitivos teñen de si mesmos en relación con outros pobos. Para C. Lévi-Strauss trátase dun fenómeno natural común a todas as sociedades e que en determinadas ocasións pode resultar beneficioso, ao estimular a solidariedade de grupo, e noutras prexudicial, ao ser un obstáculo para a aceptación das novidades.