"Pin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 715.

    1. Urodelo terrestre, de 6 a 11 cm de lonxitude, que aínda que moi variable, presenta unha coloración que consiste nunha serie de manchas amarelas sobre fondo negro na cabeza, tronco e extremidades. Nalgunhas poboacións as manchas da cabeza son arroibadas. Ten grandes glándulas parótides aos lados da cabeza e dúas series de lonxitudinais de poros ao longo da columna vertebral que producen secrecións defensivas cando o animal é molestado. De hábitos nocturnos, a súa actividade varía coa altitude, estando en zonas baixas de Galicia e de Francia activas todo o ano. As femias, despois dun apareamento terrestre, poñen de outono a abril, entre 5 e 86 larvas, en fontes ou regueiros de augas limpas, que tardan ata cinco meses en desenvolverse. Aliméntase de pequenos invertebrados e á súa vez pode ser depredada por cobras de auga, víboras, furóns e londras. Poden acadar os 20 anos de vida en liberdade. A píntega localízase en todo tipo de fragas con elevada humidade e distribúese amplamente no Paleártico...

    2. Anfibio de ata 150 mm de lonxitude, que presenta o corpo alongado e delgado, coa cabeza pequena e os ollos grandes e unha longa cola que mide máis de dous terzos da lonxitude do corpo. A pel é parda con liñas douradas e o ventre gris. Aliméntase principalmente de arácnidos, dípteros e coleópteros e aparece en regatos limpos e osixenados de Galicia, nos dous terzos setentrionais de Asturias e na metade N de Portugal. É un endemismo do NO da Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Considerado como un dos autores máis audaces e complexos da posguerra mundial, das súas primeiras obras destacan The Room (1957), The Caretaker (1960) e The Homecoming (1964), unha combinación de realismo e misterio que constitúe o testemuño dunha linguaxe propia cunha dignidade estilística que chega case á poesía. Parte da súa obra tamén está marcada pola influencia do barrio en que se criou, formado por familias obreiras e inmigrantes. En The Lover (1962) e Night (1969) analiza as relacións de parella, e en Betrayal (1978) afástase do teatro do absurdo. Director do Teatro Nacional de Londres (1973-1983), durante a década de 1980 as súas obras reflectiron as relacións entre linguaxe, memoria e realidade. Ademais de numerosos guións televisivos e cinematográficos, destacan os seus dramas Ashes to Ashes (1996) e Celebration (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Noceda (As Nogais) e Vilaspasantes (Cervantes). O seu cumio acada os 1.143 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado ao S da aglomeración de Madrid (31.340 h [2001]). A súa economía baséase nas industrias metalúrxicas, de artes gráficas, químicas e téxtiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten pintas.

    2. 1 merlón.

    3. maragota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista portugués. Foi militante do Partido Popular Democrático/Partido Social Democrata e deputado na Assembleia Constituinte (1975). Foi ministro de Comercio e Turismo (1976-1977) e primeiro ministro do IV goberno constitucional (1978-1979). En 1981 ocupou o cargo de viceprimeiro ministro e ministro de Defensa (1983-1985). Escribiu Teoria geral do Direito Civil (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico e crítico da arte portugués. Iniciou a súa formación na Escola de Arquitectura de Lisboa. A súa vocación artística levouno a achegarse ás propostas plásticas do minimal e a arte conceptual a través das instalacións ou a utilización de materiais de refugallo. Colaborou nos xornais Diário Popular, Diário de Notícias e Expresso e publicou os ensaios O lugar da Arte (1988) e Menos Arte (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista portugués. En Peregrinação (1614) relatou as viaxes que realizou por Birmania, China, as Molucas, Siam e Xapón. É un documento importante sobre as xestas dos portugueses en Oriente durante o s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Místico portugués. Morreu no exilio, cando fuxiu da conquista castelá. A súa obra Imagem da Vida Cristã (1563-1572), impregnada de platonismo, é unha das obras mestras da prosa renacentista portuguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que exerce a arte da pintura.

    2. Persoa que ten por oficio pintar inmobles, paredes, portas e outras cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrador e debuxante. Xunto con Carlos López formou en 1993 o dúo de humoristas gráficos Pinto & Chinto. Comezaron publicando en El Correo Galego e O Correo Galego para, a partir de 1998, pasar ao Grupo Voz (La Voz de Galicia, Diario 16, Diario de León e o suplemento Xatentendo.com). Ilustrador de libros, dedicouse tamén á cartelaría e ao deseño publicitario. Como Pinto & Chinto publicou os recompilatorios Sobran as palabras (1999) e Dez por dous (2003), ademais do libro infantil Suca (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é digno de ser pintado.

    2. Que chama a atención pola súa orixinalidade ou extravagancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á castaña cando vai adquirindo a súa cor característica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adquirir a castaña a súa cor característica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor, fillo de Xoán Manuel Pintos Villar. Deixou dous poemas de carácter costumista na Coleución de poesías gallegas dalgúns autores, de Farruco Portela Pérez, “O gato e a criada. Fábula”, en que se conta un episodio familiar con finalidade irónica; e “Un drama da aldea. (Dedicado aos habitantes da luna)”, en que se narra a relación dunha moza e un sacerdote.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor e director de orquestra, fillo de Xoán Manuel Pintos Villar. Dirixiu o orfeón Los Amigos, de Pontevedra, co que conseguiu os primeiros premios dos certames musicais celebrados en Santiago de Compostela e Vigo. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e actor. Colaborador de El Correo Gallego e membro do grupo folk Galerna, interpretou diversos papeis coas compañías O Moucho Clerc, en Un códice clandextino e A caza do Snark; e co Centro Dramático Galego, en A Lagarada. Ademais, elaborou a música das montaxes As asamblearias, para Ditea Teatro; e A elas e Cunqueiro, para Uvegá Teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filósofo e teólogo. Doutor en Filosofía e Letras e licenciado en Teoloxía Católica, é profesor na Universidade de Santiago de Compostela. A súa liña de investigación baséase nos imaxinarios sociais e na teoría construtivista de Niklas Luhmann baixo dúas liñas de aplicación empírica resumidas no traballo, no emprego e na formación e o novo sector de produción de realidade: os medios masivos. Colaborou en publicacións especializadas e escribiu El compromiso de la acción (1967), El ateísmo del último Sartre (1968) e Las fronteras de los saberes (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e gravador. Iniciou a súa formación con Eduardo Rojas e con Carlos Sobrino Buhigas e Castelao, quen estimulou o seu interese polo gravado. Colaborou como debuxante na Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra (1923-1926), e en 1924 ilustrou Seara, o poemario de Herminia Fariña, empregando o procedemento da xilografía, ao igual que a novela Os Nenos (1925), de X. Filgueira Valverde. Nas súas ilustracións para os xornais Galicia. Diario de Vigo e Faro de Vigo empregou unha nova técnica: a linoleografía, iniciada por Castelao. Desde 1926 foi bolseiro da Deputación de Pontevedra e formouse durante tres na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Inscribiuse no ámbito da pintura paisaxística de tradición romántica (Mariña 1928; Luz de lúa e efecto de sol, 1929; Trebón, 1931), onde plasmou as que se ían converter en características esenciais da súa obra, como a preocupación polos efectos lumínicos e atmosféricos...

    VER O DETALLE DO TERMO