"URA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1529.

  • Estado do NO de México, situado entre Sierra Madre Occidental e a parte O da Altiplanicie Mexicana (123.181 km2; 1.431.748 h [estim 1995]). A capital é Durango. A metade da poboación dedícase á agricultura, que é principalmente cerealista. A gandería é bastante importante, xa que é o principal exportador de carne bovina de México. Posúe xacementos de ferro que son explotados por unha pequena industria metalúrxica. Na época colonial formou parte da provincia de Nueva Vizcaya, que en 1760 se constituíu en vicerreinado. Converteuse en estado en 1824.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expresa o espazo de tempo en que se realiza a acción do verbo.

    2. Expresa que algo é simultáneo ao que se indica despois da preposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Foi primo maestro no conservatorio de Nápoles Poveri di Gesù Cristo, en Santa Maria di Loreto e en San Onofrio. Compuxo motetes, salmos, oratorios, misas, pezas instrumentais e cantatas profanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Maxistrado e deportista. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1958). En 1962 ingresou na carreira xudicial: foi xuíz de primeira instancia e instrución, maxistrado de traballo e en 1989 incorporouse como maxistrado ao Tribunal Superior de Justicia de Madrid. Como deportista federado, practicou diversas disciplinas (baloncesto, balonmán, voleibol, pesca submarina, pelota, tenis, caza, pesca, tiro, fútbol e natación), pero destacou especialmente no atletismo. Participou en competicións de saltos (lonxitude, altura e triple), velocidade (200 m) e lanzamento (peso, disco e martelo). Nestas últimas modalidades obtivo os seus maiores éxitos: en lanzamento de disco foi plusmarquista galego xuvenil e subcampión de España, preseleccionado para os Xogos Olímpicos de Roma 1960; en lanzamento de peso foi plusmarquista galego xuvenil e absoluto. Acudiu aos campionatos mundiais de Bruxelas 1963 e Salónica 1964. Capitaneou o club Hércules da Coruña e proclamouse campión...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da provincia de Segovia, afluente, pola marxe esquerda, do Douro cunha lonxitude de 103 km. Próximo á serra do Guadarrama, pasa por Sepúlveda e Peñafiel, onde desemboca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico de arte e escritor. Defensor do realismo social e do impresionismo, é un dos personaxes representados por Fantin-Latour en Hommage à Delacroix (Homenaxe a Delacroix, 1864). Foi un dos fundadores da revista Réalisme (1856). Escribiu, entre outras obras, La nouvelle peinture (A nova pintura, 1876) e as novelas Le malheur d’Henriette Gérard (A desgraza de Henriette Gérard, 1860), La cause du beau Guillaume (A causa do fermoso Guillaume, 1862) e Le peintre Louis Martin (O pintor Louis Martin, 1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Doutorouse en Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela en 1983. Foi profesor na universidade compostelá dende 1979 a 1986 e na Universidade de Vigo dende 1986, onde ocupa o cargo de catedrático de Matemática Aplicada dende 1992. O seu labor como investigador céntrase na análise matemática e numérica de ecuacións en derivadas parciais que rexen diferentes fenómenos da física e da enxeñería; especialmente, en problemas de fronteira libre, métodos de elementos finitos e aplicacións en termodinámica, triboloxía e glacioloxía. Parte deste traballo desenvolveuno en centros estranxeiros, como o Institut National de Recherche en Informatique et Automatique de París (1984, 1985 e 1987) e no Institut National des Sciences Apliquées de Lyon (1989, 1991, 1993, 1996 e 1998). É autor de máis de 60 traballos de investigación publicados en revistas científicas. Ofreceu numerosas conferencias en universidades españolas e estranxeiras e participou en máis de 30 congresos nacionais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiadora. Doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1987) e profesora de historia medieval da facultade de Humanidades da Universidade de Vigo dende 1974, da que foi vicedecana (1994-1996) e decana dende 2001. Realizou traballos de investigación relacionados co Bierzo e coa provincia de Ourense; entre outros, destacan os estudios sobre o monacato cisterciense na provincia de Ourense, a antroponimia galaico-leonesa dos s X ao s XIV e a cultura vinícola na zona do Ribeiro, as Rías Baixas e Valdeorras. Colaborou, nas publicacións, Estudios Humanísticos e Estudios Bercianos e nas obras La ciudad y el mundo urbano en la Historia de Galicia (1988), Poder y sociedad en la Galicia Medieval (1992), El monacato en la diócesis de Astorga durante la Edad Media (1995), Historia de Ourense (1996) e Galicia fai dous mil anos. O feito diferencial galego (1997). Entre as súas obras destacan San Pedro de Montes:...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ter algo a duración que se expresa. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “Non hai ben nin mal que cen anos dure”.

    2. Persistir ou manterse algo ou alguén ao longo dun período de tempo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Así duras como te curas. Dure a mala veciña o que a neve febreiriña. Paxe que moito refrega, e home que moito se cura, pouco duran”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marguerite Donnadieu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase a certas perífrases nas que a acción está en proceso de desenvolvemento (Están collendo as patacas, perífrase durativa).

    2. Categoría gramatical específica do verbo referida ao seu desenvolvemento sen limitación temporal. O inicio e o final da acción significada polo verbo pode estar indicado por unha expresión determinada (Estudiarei ata ben entrada a noite, referencia ao punto de remate da acción verbal; Hai moitas horas que estudio, referencia ao punto inicial da acción verbal).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marca rexistrada de material fotográfico utilizado, principalmente, en marquesiñas e caixas de luz para a exposición de anuncios publicitarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Uruguay, atravesado polo río Yi (11.643 km2; 56.986 h [1996]). A capital é Durazno (27.602 h [1985]). As principais fontes económicas son a gandería ovina e a industria relacionada con produtos lácteos e cárnicos. As cidades máis destacadas son Carmen e Sarandi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome italiano de Durrës.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Territorio independente que recibiu en 1333 Xoán de Anjou, fillo do Rei Carlos II de Nápoles e conde de Gravina, fundador da rama dos Anjou-Durazzo, cando renunciou ao principado de Acaia a prol de Caterina de Valois. Xunto coa cidade recibiu o título de rei de Albania. Sucedeuno o seu fillo Carlos (1335-1348) e a filla deste, Xoana (1348- 1387), que conservou o ducado ata que no 1383 a cidade foi ocupada polos serbios. Logo da perda da cidade, os dereitos do ducado pasaron á irmá de Xoana, Margarida de Durazzo e aos seus fillos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente anarquista. Iniciouse na actividade sindical dentro da Unión de Metalúrgicos, integrada na UGT (1912). Desertou do exército e participou na fracasada folga xeral de ferroviarios, polo que se exiliou en Francia (1917), onde se relacionou con exiliados anarquistas. En xaneiro de 1919 volveu a España, afiliouse á CNT e participou na creación dos grupos anarquistas Los justicieros (1920) e Crisol (1922), que se transformou, meses máis tarde, en Los solidarios. Tralo establecemento da Ditadura de Primo de Rivera, refuxiouse en París e en decembro de 1924 marchou a América, onde visitou Arxentina, México, Cuba, Uruguay e Chile. Regresou a Europa en febreiro de 1926 e organizou un atentado contra Afonso XIII en París, pero fracasou e foi encarcerado. Logo da proclamación da Segunda República instalouse en Barcelona e integrouse na Federación Anarquista Ibérica (FAI) no 1932, na que organizou unha á radical dentro da CNT, o grupo Nosotros. Participou na insurrección do Alto Llobregat...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do mu ḥ āfaa de Daqahlîya, Exipto, situada no delta do río Nilo (369.409 h [1996]). É un importante centro comercial e industrial, principalmente nos sectores téxtil e alimentario. Fundada polo sultán Al-Kamil entre 1218 e 1221, do seu patrimonio cultural destaca a casa medieval onde sufriu prisión o Rei Luís IX o Santo de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de embocar.

    2. Abertura ou paso polo que se entra a un camiño, a unha rúa, ou a calquera outro lugar.

    3. Parte do freo que se lles coloca ás cabalerías na boca.

    4. Boquilla dos instrumentos de vento.

    5. Parte do mar, lago, río, ou canal, a onde chegan as augas doutro curso.

    6. Gusto ou sabor do viño.

    7. Abertura ou boca do escenario teatral, pola que os espectadores poden ver a representación, unha vez retirado o pano. A este primeiro oco do escenario segue outro, no que se dispoñen os elementos necesarios para recrear o espacio e o decorado de cada representación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Atadura forte con que, a distancias proporcionais e en contas de costura, se une a relinga coa súa vela nalgúns casos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nó que se fai para atar o cabo ao anzol de pescar.

    VER O DETALLE DO TERMO