"alt" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 697.

  • Instrumento indicador da altura de voo dunha aeronave que utiliza as propiedades telemétricas do radar. Esencialmente é un radar primario que mide a diferenza de tempo entre o impulso lanzado e o reflectido na superficie terrestre (radioaltímetro de impulsos) ou a diferenza de frecuencias entre o sinal emitido e o recibido nun instante (radioaltímetro de modulación de frecuencia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante e nobre inglés. Participou nas guerras de relixión en Francia (1569), e en 1578 organizou unha expedición de saqueo contra a América hispánica. En 1580 loitou en Irlanda ás ordes do conde de Leicester, o que chamou a atención da Raíña Isabel I, que pronto o acolleu como un dos seus favoritos. En 1585 levou a termo unha expedición colonizadora a Virginia, que medio fracasou. Segundo a tradición, introduciu a pataca e o tabaco en Inglaterra. En 1595 explorou a Güiana en busca de El Dorado, e ao ano seguinte colaborou na expedición contra Cádiz, pero caeu en desgraza baixo o reinado de Xaime I e foi condenado a cadea perpetua. Tras a súa posta en liberdade, volveu explorar os bosques do Orinoco sen resultados positivos, e foi desamigándose cada vez máis cos casteláns. Ao voltar a Londres foi encarcerado e decapitado a petición do embaixador castelán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Pereira (Chantada). O seu cumio acada os 703 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi presidente da empresa familiar AEG. Fundou o Deutschen Demokratischen Partei (Partido Democrático Alemán, DDP), partidario da aplicación do Tratado de Versailles ao proclamarse a República de Weimar (1918). Foi ministro de Reconstrución (1921) e de Asuntos Exteriores (1922), e asinou o Tratado de Rapallo (1922). Morreu asasinado, probablemente por nazis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia do Viveiró (Muras). O seu cumio acada os 760 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Grixalba (Sobrado). O seu cumio acada os 634 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar alemán. Capitán da cabalaría durante a Primeira Guerra Mundial, favoreceu o ascenso de Hitler e destacou durante a Segunda Guerra Mundial nas campañas de Polonia e Francia. Ascendido a mariscal en 1940, substituíu a Von Rundstedt no mando do exército do sur na fronte do Leste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico alemán. Profesor en Mainz e Darmstadt, dirixiu as investigacións na BASF e desenvolveu varios procesos de obtención de éteres vinílicos a partir de alcohol e acetileno, a alta temperatura e presión elevada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á carga pousada sobre outra ou sobre unha partición ou repartición, das que sobresae ou só cobre en parte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sobresaír, distinguirse entre un conxunto.

    2. Pór de relevo ou destacar algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de resaltar.

    2. Parte que sobresae interrompendo a lisura dunha superficie

    3. Parte saínte dun elemento no paramento ou fachada.

    4. Onda producida na superficie líquida dos canais pouco profundos, ante determinadas condicións da velocidade da corrente e da profundidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e poeta. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu nos servizos de emigración e trasladouse a Bos Aires. Foi médico da Asociación Española de Socorros Mutuos (1915-1955). Presidiu a Irmandade Galeguista e foi director de A Nosa Terra. Publicou o libro de poelas A gaita a falare (1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Coñecido como Pablo Neruda, en lembranza ao poeta checo Jan Neruda, foi cónsul en Madrid e Barcelona e estableceu unha grande amizade cos poetas da Xeración do 27. Partidario do bando republicano na Guerra Civil Española, ingresou no Partido Comunista en 1945. Candidato á presidencia da República de Chile en 1970, renunciou a favor do seu amigo Salvador Allende. Escribiu ao redor de corenta obras, como Veinte poemas de amor y una canción desesperada (1924), Residencia en la tierra (1935), España en el corazón (1937) e Tercera residencia (1947), en que iniciou o seu estilo épico, dunha retórica luminosa e dunha grande agresividade política, que tamén plasmou en Canto general (1950), poema en quince cantos que vai desde a evocación da América precolombina ata a exaltación política actual. Nos volumes de Odas elementales, iniciados en 1954, cantou as cousas máis elementais e cotiás. Tamén cómpre salientar os seus libros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de rías que se corresponden co litoral cantábrico, o golfo Ártabro e a Costa da Morte. Entre os concellos de Ribadeo e Muros ábrense as rías de Ribadeo, Foz, Viveiro, O Barqueiro, Ortigueira, Cedeira, Ferrol, Ares, Betanzos, A Coruña, Corme e Laxe, Camariñas e Corcubión. Na costa cantábrica, que se estende entre o río Eo e o cabo Ortegal, está en primeiro lugar a ría de Ribadeo, onde desemboca o río Eo. Esta ofrece unha morfoloxía suave, rectilínea, alongada de N a S, que se desenvolve sobre materiais xistosos. Séguelle a ría de Foz, na desembocadura do río Masma, cos mesmos trazos morfolóxicos ca a anterior. A medida que o relevo costeiro pasa a caracterizarse por unha sucesión de entrantes e saíntes, aparecen entre os entrantes as rías de Viveiro e O Barqueiro. A primeira está formada pola desembocadura do río Landro, e a segunda pola do Sor. A ría de Viveiro mostra unha morfoloxía aberta que se introduce cara ao S polo val do Landro. Nela aprécianse restos claros dun antigo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Doutor en Dereito pola Universidad de Madrid, traballou no ministerio de Facenda e desempeñou a cátedra de Lingua Francesa no Ateneo de Madrid e de Lingua e Literatura Galegas na Casa de Galicia. Fundou en Madrid en 1915 a revista Estudios Gallegos e cultivou a narrativa, con La campaña de Ultramar (1888), onde recompilou cinco novelas breves escritas en castelán; a novela curta Ferruxe (1894), a lenda decimonónica O pastor de doña Silvia (1925) e a novela curta O derradeiro amore (1931). No ámbito da poesía, onde se pode relacionar coa Escola Formalista pondaliana, tirou do prelo Pousadoiro. Os meus votos (1903), O libro da konsagrazión (1910), coa maior parte da súa produción poética e a “Nota sobre a reforma da ortografía gallega”, en que se declara a favor da ortografía fonética e onde se mostra como o primeiro defensor da gheada; e Altariño de amore (1935), en que se recolle unha breve historia romántica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. De novo estableceuse en Madrid, onde recibiu a influencia do manierismo clasicista dos pintores italianos e casteláns activos en El Escorial, como Juan Fernández Navarrete o Mudo, Federico Zuccari e Pellegrino Tibaldi. Traballou para os conventos da corte, ata que se estableceu en València onde, protexido polo vicerrei Juan de Ribera, axiña se converteu en xefe da escola valenciana de pintura. O Retaule de Sant Jaume (1603-1604) con influencias do Mudo e de Lucca Cambiaso, e as táboas do colexio do Patriarca (1605-1611) próximas a Zucari, teñen aínda o xeito de El Escorial, aínda que mostran a súa personalidade. Semella que unha viaxe a Italia (1613-1615) provocou un cambio radical no seu estilo, que evolucionou cara a un naturalismo tenebrista e unha maior concreción escultórica das súas formas. Algúns tratadistas ven influencias de J. de Ribera na súa última etapa (1620-1628). Moitas das súas obras son difíciles de identificar xa que creou un taller...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Monforte de Lemos. Realizada en estilo románico a finais do s XII, ten unha soa nave, abovedada con arcos faixóns, e unha ábsida, de tramo recto con cabeceira redonda e capiteis figurados. No interior destacan as pinturas murais que representan o Xuízo Final. A fachada, reformada no s XVIII, conserva a metade das xambas e do arco interior da portada orixinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico suízo. Fixo investigacións sobre física espectral e desenvolveu unha teoría matemática que recibiu o seu nome sobre a distribución das liñas espectrais atómicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proba para comprobar a abundancia de proteínas dun líquido seroso. Permite distinguir un exsudado dun transudado. OBS: Tamén se denomina reacción de Rivalta.

    VER O DETALLE DO TERMO