"llo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1518.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano consultivo da Comunidade Autónoma de Galicia adscrito á consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Creado pola Lei 7/1988, do 12 de xullo, está integrado por representantes das organizacións sindicais de traballadores e do empresariado e ten competencias en materia de dereito laboral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización dos países produtores de cobre fundada en 1960. Malia controlar máis do 50% da produción mundial, non conseguiu fixar nin unha política común nin un prezo do cobre no mercado internacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización científica internacional non gobernamental que ten como finalidade fomentar a actividade científica internacional. Creouse en 1931 a partir do International Research Council e a súa sede está en París.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo consultivo interparlamentario creado en 1952 en Copenhaguen para favorecer a cooperación económica e social entre Dinamarca, Islandia, Noruega, Suecia e Finlandia (que se adheriu en 1955). Consta de 87 membros elixidos anualmente polos parlamentos dos estados respectivos. As illas Feroe (desde 1970), Groenlandia (desde 1984) e as illas Åland (desde 1970) teñen representación propia dentro das delegacións de Dinamarca e Finlandia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional fundada en Roma en 1974 durante o desenvolvemento da Conferencia Mundial de Alimentación. Fórmana 36 membros da ONU e analiza a situación alimentaria mundial, ao tempo que exerce a súa influencia sobre os gobernos e a ONU. A súa sede está en Roma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo que exerce as funcións de control e que garante a especificidade e a calidade na maioría das denominacións protexidas de produtos agroalimentarios. Como norma común supervisa, para todos os elaboradores inscritos nunha determinada denominación, que todas as fases do proceso produtivo se axustan ao detallado na normativa específica e protexe aqueles produtos que cumpren estas condicións, de acordo coas características finais esixidas -para o que se realizan, en moitos casos, análises químicas- e, principalmente no caso dos viños, superan un exame organoléptico. Aos produtos avaliados, como norma xeral, concédeselles unha etiqueta identificativa numerada. En Galicia, contan cun Consello Regulador as Denominacións de Orixe: Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Monterrei, Ribeira Sacra e Queixo Tetilla; e as Denominacións Específicas: Orujo de Galicia, Lacón Gallego e Ternera Gallega. Os Órganos Rectores da Denominación de Orixe Queixo de Arzúa-Ulloa e dos Produtos Galegos de Calidade...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo sindical que procura dar resposta aos problemas sociais, laborais e sindicais comúns aos traballadores da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Procura a mellora das condicións sociolaborais dos traballadores e garante a cooperación sindical transfronteiriza. Presidida por Xoán Castro, reúne os sindicatos do Norte de Portugal e Galicia pertencentes á Confederación Europa de Sindicatos (CES): Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, Unión Xeral de Traballadores de Galicia, União Geral de Trabalhadores do Norte de Portugal e Confederação Geral dos Trabalhadores Portugueses-Intersindical Nacional do Norte de Portugal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano de ámbito autonómico, creado pola Lei 5/1987, do 27 de maio, e modificado pola Lei 11/1989, do 20 de xullo. As súas funcións son, entre outras: facilitar o intercambio de información e consultas entre as universidades galegas; elaborar programas conxuntos de actuación para solucionar os problemas e as necesidades do sistema universitario de Galicia; emitir o informe sobre as propostas de creación de novas universidades e de creación, modificación ou supresión de centros, titulacións universitarias e institutos de investigación; dar a coñecer os novos plans de estudo impartidos nas universidades galegas; propoñer a organización conxunta de estudios entre as universidades, especialmente no que se refire a terceiros ciclos, estudios de posgrao e titulacións que non teñan carácter oficial no Estado; emitir informes sobre os programas de investimentos no sistema universitario de Galicia feitos directamente pola Comunidade Autónoma galega; garantir a racionalización dos estudios, dos servicios...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘calzón’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cesta grande.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, na marxe dereita do río Llobregat (7.600 h [1996]). A economía baséase na construción e nos servicios que se derivan desta, o sector téxtil e a elaboración de cemento. A agricultura tamén ten un papel importante, sobre todo o cultivo de oliveiras e de vides. A vila moderna formouse pola aglomeración dos antigos núcleos de Corbera de Dalt e Corbera de Baix. A igrexa románica de Santa María, ampliada en 1700, coñécese pola escenificación anual que fai do seu pesebre vivente. Do seu patrimonio arquitectónico destaca a casa dos baróns de Corbera (s XVI).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga das palilleiras que corresponde á voz ‘corda pequena’.
-
PERSOEIRO
Empresario. Coñecido como o rei do petróleo portugués, pertenceu a unha familia orixinaria de Caritel (Pontecaldelas), lugar no que viviu entre 1906 e 1913. Fundou a Sociedade Nacional de Petróleos (SONAP) e a GALP, e presidiu diversos bancos e sociedades en Portugal, Brasil, Francia, Kenya, a República Sudafricana e Moçambique. Intentou instalar unha refinería en Monteferro xunto con Valentín Paz Andrade e o almirante Salvador Moreno. Dedicouse tamén á produción de viño de Porto. Doou o edificio onde está situado o Centro Galego de Lisboa e o colexio de primaria de Pontecaldelas que leva o seu nome. Entre as condecoracións que recibiu destacan a Medalla Castelao (1991), a Gran Cruz do Mérito Industrial portuguesa, a Medalla do Eixo Atlántico (1996) e a Medalla de Galicia a título póstumo (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da comarca do Baix Llobregat, na provincia de Barcelona, Catalunya, drenado polo río Llobregat (82.490 h [1996]). A cidade posúe un núcleo principal que separa dous sectores, o de Cornellà de Baix e o de Cornellà de Dalt. Trátase dun importante centro agrícola (árbores froiteiras) e gandeiro (vacún). A industria experimentou un gran desenvolvemento a partir de 1960, sobre todo a siderurxia, a química e a de vidro. A vila xurdiu sobre a antiga igrexa parroquial de Santa Maria, destruída en 1936 e refeita posteriormente. Do seu patrimonio cultural destacan os restos dunha vila romana e dunha basílica, posiblemente visigoda, con columnas corintias.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Ángulo que se forma cando se xuntan ou conflúen dúas paredes ou superficies.
-
Lugar pequeno e apartado dentro dun espacio maior.
-
-
cornizó.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Embutido elaborado con cabaza, arroz, costela picada e carne.
-
GALICIA
Médico e profesor. Doutorouse en Filosofía e Medicina (1846) pola Universidade de Santiago de Compostela e foi nomeado rexente de socioloxía e lóxica da facultade de Letras compostelá. Exerceu en Ourense e foi profesor de filosofía no Seminario desa cidade. Foi redactor de La Aurora del Miño e de El Eco de Galicia e, en 1860, colaborador de El Correo de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura prehistórica do Neolítico que recibiu o nome dun xacemento suízo localizado ao NO de Neuchâtel. Este grupo, xunto á cultura de La Lagozza en Italia e a de Chassey en Francia, constitúe toda unha fase do Neolítico do Occidente europeo do IV e III milenios. Sitúase en numerosas palafitas suízas e consérvanse abondosos vestixios dela. Unha característica deste grupo de culturas é a presenza de cerámicas lisas.
-
-
Corte de reducidas dimensións, especialmente a destinada a porcos e cuxos.
-
Lugar desorganizado e sucio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada na praza de María Pita da cidade herculina, deseñada por Pedro Mariño Ortega (1908-1913) nun estilo ecléctico-historicista próximo ao modernismo. No seu interior destaca o salón de plenos, dotado de escanos tallados coa historia da cidade por Ladislao Stern e José Juan González, e cunha mesa presidencial de mármore avermellado. Na fachada principal, formada por tres corpos, destacan as torres de ladrillo situadas nas esquinas e no centro do edificio. Ademais das dependencias municipais acolle o Museo de Reloxos.