"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Entidade constituída na Coruña o 7 de novembro de 1997. Ten a súa sede en Sabón (Arteixo) e está vinculada a La Voz de Galicia. Presidida por Santiago Rey Fernández-Latorre e dirixida por Francisco Docampo Gómez, os seus obxectivos céntranse na recuperación e protección do patrimonio histórico e monumental de Galicia, e na salvagarda do ambiente. Contribúe tamén ao estudo da comunicación en Galicia e á formación dos profesionais, da difusión da cultura, a promoción de accións para a terceira idade, a mocedade e a infancia, e o fomento do estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas e xurídicas. Das súas actividades destacan diversos ciclos de conferencias, foros sanitarios, a organización dos premios Fernández Latorre, a xestión do Museo de La Voz de Galicia e a realización de dous programas radiofónicos Voz Natura e El Debate.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, editor e xornalista. Sarxento de artillería, foi sometido a un consello de guerra por mor duns artigos críticos co exército. Despois de varios procesos na súa contra, exiliouse en Francia. Tralo seu regreso e coa proclamación da Primeira República, foi elixido deputado polo distrito de Granollers en representación do Partido Republicano. Neses anos traballou como correspondente de El Imparcial en París e colaborou en El Demócrata. Posteriormente trasladouse á Coruña, onde fundou La Voz de Galicia o 4 de xaneiro de 1882. En colaboración con Martínez Salazar fundou a Biblioteca Gallega, da que saíron 52 volumes. Deputado polo distrito de Ortigueira (1891-1912), foi subsecretario de Gobernación (1905 e 1910), director xeral de Obras Públicas (1906) e gobernador civil de Madrid (1910-1912). Ademais, ocupou o cargo de presidente da Asociación de Periodistas de Madrid, socio de honra da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario da Coruña e correspondente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Traballou na escaleira do patio no palacio de Granada de Carlos V. En 1626 trasladouse a Santiago de Compostela, onde introduciu o Barroco clasicista, chamado polos monxes de San Martiño Pinario. Na igrexa conventual traballou no cruceiro e erixiu a cúpula, levantada sobre pendentes e dividida en doce nervios. Supliu o tambor por doce ventás que provocan a sensación de que está suspendida no aire e, na parte posterior, levantou un ciborio de forma cadrada con balaustrada e sobre el unha cúpula de media laranxa. A altura do conxunto contrarréstase por medio dun sistema de contrafortes escondidos polo muro do claustro procesional. Na parte conventual realizou o claustro das oficinas, no que empregou pilastras emparelladas de orde toscana, e trazou os planos e iniciou o claustro procesional ou da portería, onde empregou a orde xigante e as columnas dóricas xeminadas erixidas sobre pedestais. Na catedral realizou en 1627 o sepulcro do arcebispo Juan Beltrán de Guevara; situado no...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista, autor e director teatral. Estivo vinculado ao grupo de teatro Espacio Cero, co que colaborou activamente entre 1982 e 1988 e, posteriormente, coas compañías Cambaleo e La Tartana, colectivos fundamentais na renovación escénica madrileña nos anos oitenta. Foi redactor da revista El Público.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Franciscano. Foi misioneiro en Marrocos e colaborou na prensa baixo o pseudónimo de Africano Fernández. Publicou España en África y el peligro judío. Apuntes de un testigo desde 1915 hasta 1918 (1918) e Piadosos ejercicios del Via Crucis (1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro, empresario e filántropo. Despois de titularse como enxeñeiro de camiños, canais e portos (1931), traballou para a Compañía Ferrovial e proxectou os túneles do ferrocarril entre Ourense e Santiago de Compostela. Despois da morte de seu pai, Antonio Fernández Fernández, xunto con algúns de seus irmáns botaron man da herdanza empresarial. Neste sentido, fundaron a empresa Zeltia SA (3.8.1939), localizada no Porriño, Frilugo (1941), Transportes Ferroviarios Especiais (TRANFESA, 1942) e Cementos Noroeste SA (1958). Pero, ademais de empresario, foi o patrocinador de numerosas iniciativas culturais e docentes. Así, o 1 de febreiro de 1948 inaugurou a Escola Agrícola da Granxa de Barreiros en Ortoá (Sarria), baixo a dirección do mestre Avelino Pousa Antelo, que tiña como obxectivo a transformación social e económica de Galicia a través da educación. Tamén, para impulsar o desenvolvemento rural de Galicia, promoveu e organizou cursos de formación agropecuaria...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario e filántropo. Licenciado en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid, continuou o labor empresarial familiar e fundou as empresas Zeltia, Industrias Frigolouro, TRANFESA (Transportes Ferroviarios Especiales), e Pescanova, entre outras, e patrocinou numerosas iniciativas socioculturais. Foi distinguido coa Gran Cruz del Mérito Agrícola, a Gran Cruz y Encomienda de la Orden del Mérito Civil, a Medalla de Plata del Mérito al Trabajo e coa Medalla de Alfonso X el Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Xefe do servizo de arquivo e documentación da Televisión de Galicia (TVG), licenciouse en Filosofía e Letras e en Ciencias da Información na Universidad Complutense de Madrid. Foi redactor do xornal Ya (1968-1980), subdirector de El Ideal Gallego (1980-1982), xefe de prensa da Xunta de Galicia (1982-1983), director xeral de medios de comunicación da Xunta de Galicia (1983-1986) e director do servizo de relacións externas da TVG (1986-1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, médico e político. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Madrid. Inicialmente, colaborou no semanario Cantaclaro, en La Gaceta de Galicia e na revista Galicia Moza, esta última con Castelao. En Madrid escribiu para El Liberal, Blanco y Negro, La Esfera, Nuevo Mundo e La Estampa. Na súa estadía en Bos Aires, a partir de 1914, colaborou coas publicacións La Nación, Caras y Caretas e Correo de Galicia. Alí estreou as comedias Galleguita, La retirada e El altar. Ao seu regreso a Galicia (1924), dirixiu El Pueblo Gallego. Durante a República foi director xeral de Seguridade e gobernador civil de varias provincias (Ciudad Real, Málaga, Jaén e Cáceres) e deputado por Lugo polo Partido de Centro de Portela Valladares en 1936. Trala Guerra Civil exiliouse en Cuba, onde colaborou no Diario de la Marina de La Habana. En 1943, instalado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Establecido no Bierzo, foi comandante de infantería e inspector provincial de estatística. Publicou Ensayos poéticos en dialecto berciano, obra bilingüe galego-castelán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político. Estudiou leis en Santiago de Compostela e comezou a exercer no concello de Tui. En 1879 trasladouse a Madrid, onde foi pasante no bufete de Montero Ríos; ocupou diversos cargos políticos como concelleiro e tenente alcalde, deputado provincial e presidente da Diputación de Madrid. Foi deputado polo concello de Chantada (1896 e 1898).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Vinculado dende neno a Verín, exerceu a docencia e coa Guerra Civil exiliouse a Arxentina. Da súa produción, destaca Terra coutada (1990) e Crónicas de onte e de hoxe (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesor de historia (1993) e director do departamento de Historia Contemporánea (1997) da universidade compostelá. Foi coordinador, xunto con Ramón Villares, da edición da colección Clásicos Agrarios Galegos (15 vols, 1997). Colaborou en diversas revistas e destacan as súas obras La sociedad rural en la España contemporánea. Mercado y patrimonio (1996), en colaboración con X. L. Balboa López, Labregos con ciencia. Estado, sociedad e innovación tecnolóxica na agricultura galega, 1850-1939 (1992, Premio da Crítica 1993 e Premio Losada Diéguez 1993) e Terra e Progreso (2000). Membro do consello científico do Instituto Universitario de Investigacións e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e ensaísta. Abandonou os estudios de arte para dedicarse á literatura e foi profesor en Yale e na Universidad de La Habana. Publicou Elegía como un himno (1950), Con las mismas manos 1949-1962 (1962), La poesía contemporánea en Cuba 1927-1953 (1954) e Sí, a la revolución (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Comezou a súa formación artística en Ourense e Valladolid, onde traballou para o director da Academia de Bellas Artes. Asistiu á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e ampliou estudios en París e Roma, grazas a unha bolsa da Deputación de Ourense. Colaborou co movemento agrarista Acción Gallega. Das súas obras destacan Un mozo de cuerda (1875), Torquemada ante los Reyes Católicos (1881), Cristianos a las fieras (1887, premiada na Exposición Nacional de 1887), O xantar, Un fraile rezando, A debulla e os retratos de Pradilla e Mariano Benlliure.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Subdirector de informativos da TVG, licenciouse en Ciencias da Información na Universidad Complutense de Madrid. Foi correspondente de El Ideal Gallego e colaborador de La Región, delegado do Diario de Galicia, correspondente de TVE en Ourense e redactor da TVG.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Aínda neno, emigrou coa súa familia a Cuba, onde se afiliou ás Juventudes Socialistas do exterior, creadas en La Habana polo exiliado Teodomiro Méndez. Regresou a España en 1927, instalouse en Barcelona e licenciouse en Medicina. Ao estalar a Guerra Civil incorporouse as forzas republicanas na fronte de Aragón. Caeu prisioneiro na batalla do Ebro e foi condenado a 30 anos de prisión. Liberado en 1962, foi candidato socialista nas eleccións municipais da Coruña en 1977 e 1979. Publicou Cuba Socialista (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Crítico cinematográfico en diversas revistas especializadas, nun principio optou por un irrealismo social da posguerra (Los bravos, 1954) e posteriormente decantouse por unha narrativa de temática máis intimista. Da súa produción destaca En la hoguera (1957), Cabeza rapada (1958), Las catedrales (1970), La que no tiene nombre (1977), A orillas de una vieja dama (1979), Extramuros (Premio Nacional de Literatura 1979), Las puertas del edén (1981) e Aunque no sé tu nombre (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Formouse co seu pai Francisco Antonio Fernández Sarela e con Fernando de Casas Novoa. Entre as súas primeiras obras atópanse a supervisión das obras de Santa María de Rus (Bergantiños, 1739); a traza e a realización do pedestal do altar maior da igrexa do colexio das Orfas (1740); e en 1741 unha porta da muralla e a fachada dunha casa na porta da Pena en Santiago. En 1744 comezou a traballar baixo a dirección de Fernando de Casas na fachada do Obradoiro e, dende 1745, foi recoñecido como aparellador de arquitectura e cantería. Ese mesmo ano construíu as bóvedas de San Miguel dos Agros, baixo as trazas de Fernando de Casas. Na catedral atribúenselle a porta da Igrexa Baixa e as salas do Arquivo e do Tesouro e, dende 1759, traballou con Lucas Ferro Caaveiro na fachada da Acibechería. Realizou traballos de supervisor de obras do cabido compostelán e, entre outras obras, o pazo de Bendaña na praza do Toural, a Casa do Deán (1747-1753), na que destaca a fachada con molduras e placas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de obras. Descoñécese se foi fillo de Francisco Antonio Fernández Sarela ou doutro membro da familia, aínda que traballou con Clemente Fernández Sarela na Casa do Cabido. Documéntase a súa participación nunha poxa para reparar a ponte do Arcebispo (1758). Foi perito das obras de San Bieito (1774) e traballou nas reparacións no colexio das Orfas e no enlousado da igrexa de San Fiz (1781).

    VER O DETALLE DO TERMO