"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • Nome introducido a través do francés Armand, variante meridional de Harmand, de orixe xermánica. A súa orixe pode estar no nome Hariman formado por hari ‘exército’ e man ‘home’, isto é, ‘home de armas, soldado’ latinizado en Harimannus; ou, máis ben, en Hardman ou Hartman, composto por hart ‘forte, afouto’ e man ‘home’. Á súa difusión contribuíu a novela decimonónica Dama aux Camèlias (A dama das camelias, 1848) de Alexandre Dumas, na que o protagonista se chamaba Armand Duval. Na vida real, destaca con este nome Armand Jean du Plessis, cardeal e duque de Richelieu. A festividade de santo Armando (s XII), bispo de Bressanone e fundador do convento italiano de Novacella, celébrase o 23 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Armando Martínez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que foi coñecida na Antigüidade a parte de Armenia que fica ao leste do Éufrates. O seu núcleo, no val do Araks, foi o reino fundado por Artaxias no 189 a C ( Armenia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Participou na Guerra Carlista no bando isabelino, destacándose no sitio de Bilbao. En 1838 iniciou a súa carreira política como deputado electo por Sevilla. En 1844-1846 ocupou o ministerio da Mariña nos gobernos de Narváez e Istúriz, e a vicepresidencia do Senado entre 1852-1853. En outubro de 1857 asumiu o goberno, manténdose ata xaneiro de 1858.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista dende 1947. Foi redactor-xefe do diario El Progreso, fundador e director de La Hoja del Lunes de Lugo, e subdirector e director do Faro de Vigo e do Faro deportivo. Colaborou coa BBC durante a súa estadía en Londres, foi asesor de información das embaixadas de España en Italia e na Santa Sé e director da axencia Efe dende 1969. Ocupou o cargo de profesor na Escola Oficial de Xornalismo e foi asesor nacional de Prensa. Colaborou en numerosos xornais españois e obtivo os premios África, o nacional do Ministerio de Información, o de xornalismo do Centro Galego de Bos Aires, o da Casa de Galicia de Nova York e outros moitos recoñecementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. O seu nome, como o das súas irmás Agnès de Saint-Paul e Angélique-Marie de Sainte-Madeleine, abadesas do mosteiro de Port-Royal, vai ligado ao Xansenismo. As súas obras De la fréquente communion (Da frecuente comuñón, 1643) e Lettres à une personne de condition (Cartas a unha persoa de condición, 1655) valéronlle a expulsión da Universidade de París. Escribiu coa colaboración de Lancelot unha Grammaire générale et raissonnée (Gramática xeral e razoada, 1690) e dous anos despois, coa de Nicole, Logique de Port-Royal (Lóxica de Port-Royal). No ano 1667 publicou tamén uns Nouveaux éléments de géometrie (Novos elementos de xeometría). Cando o Xansenismo foi condenado por Alexandre VIII (1690), fuxiu a Holanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor en francés. Cultivou a poesía, o teatro, o ensaio, etc, pero sobre todo a novela, dotada dunha grande imaxinación. Cómpre salientar as súas obras Indide 33 (1921) e Le siège de Syracuse (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título dado entre os cristiáns de rito oriental ao superior dunha comunidade monástica. Sinónimo nun principio de hegumen, foi reservado máis tarde para os superiores dos mosteiros máis importantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo, poeta e novelista. En 1954 viaxou a París para ver o Berliner Ensemble, iniciando así a estadía na cidade onde publicou e viu estreados moitos dos seus textos adaptados á lingua francesa. Influenciado polo Surrealismo e o Absurdo, na modalidade que el chama “pánica”, unha boa parte da súa obra, aquela que concibe no autoexilio parisino, destaca pola súa irreverencia, por unha marcada tendencia a reflectir condutas humanas dominadas polo sadismo e por unha permanente exploración do ritual e da cerimonia. Pasou, despois, ao Théâtre Bouffe, a medio camiño entre o vodevil e o absurdo. É autor, entre outras pezas, de Piqué-Nique en campagne (1952), Fando et Lis (1964), L’Architecte et l’empereur d’Assyrie (1967), Volemoi un petit milliard (1977), Le pastuga des loufs ou overture orng-outan (1978) e Punk et Punk et Colégram (1978). Realizou filmes como Viva la muerte! (1971), J’irai comme un cheval fou (1973)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sachar un cultivo de segunda volta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Papas elaboradas cunha base de fariña de avea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mecanismo formado por un asento pendurado con cadeas ou cordas dunha barra, póla de árbore, etc, no que unha persoa pode balancearse.

    2. Cadeira con brazos, coas patas rematadas en arco ou en círculo para poder balan-ceala ao sentarse nela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que alguén que está nun arrandeadoiro se balancee ou mova dun lado para outro.

    2. Moverse dun lado para outro alguén que está nun arrandeadoiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de arrandear ou arrandearse.

    2. Movemento oscilante producido por un arrandeadoiro ou outro aparello semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e eclesiástico dinamarqués, considerado o introdutor das formas barrocas no seu país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Especialista en cinematografía, secretario da Asociación de Amigos do Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos. Publicou diversos artigos sobre cine: O cine en Lugo no século XIXJosé Gil, pioneiro da cinematografía galega en Lugo ou O cinematógrafo na comarca chairega. En 1996 escribiu O cine en Lugo 1897-1977. Notas para unha historia cinematográfica. Xa no 2000 publica Cruceiros de Begonte, Cospeito e Rábade, Tempora Mutantur. Reloxos do Museo Provincial de Lugo (2001), Cruceiros, Cristos e Cruces da Pastoriza (2002), Guía do Museo Provincial de Lugo (2003), Cruceiros, Cristos e Cruces de Xermade (2004), Esmoleiros, Cruceiros, Cristos e Cruces de Abadín (2006) e O claustro franciscano do Museo Provincial...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra póstuma de Jakob Bernoull publicada en Basilea en 1713. Contén unha reedición comentada da obra de Christian Huygens sobre xogos de azar, na que se enuncia o teorema que leva o seu nome. Este teorema demostra que aumentando considerablemente o número de observacións se pode conseguir calquera aproximación prefixada. Esta obra, preludio do teorema dos grandes números de Čebyšov, foi unha contribución importantísima para a teoría da probabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e teórico da arte. A súa obra é froito dun dilatado proceso de reelaboración de imaxes e signos con preferencia polo debuxo, empregando técnicas de moita precisión, como o aerógrafo. O resultado son obras que transmiten unha serenidade case mística. A súa investigación teórica céntrase na semiótica das artes icónicas. Foi profesor invitado nas Universidades de Madrid, Zaragoza e Santiago de Compostela. Expuxo en diferentes salas de España e Francia. En 1980, xunto con María José Moreno, fundou a Academia de Belas Artes de Vigo, onde se formaron moitos pintores vigueses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratados sobre a predicación que ofrecían as regras básicas para construír sermóns eficaces e elocuentes. Multiplicáronse entre os séculos XIII e XV, cando se empezou a considerar que a eficacia do sermón dependía en parte das calidades oratorias, das dotes do predicador e da división en partes do sermón, elementos que favorecían a comprensión das mensaxes polo público. Progresivamente deuse entrada nestes tratados ao sermón en lingua vulgar e á utilización de proverbios e exemplos co fin de clarificar os contidos. As artes sermocinandi sobreviviron ata os tempos da Reforma, cando xurdiron os novos modelos de predicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito español. Escribiu sobre a figura e a obra de Menéndez y Pelayo, e dirixiu a edición das súas obras completas. A súa obra Don Luis de Góngora y Argote. Biografía y estudo crítico (1925) influíu na Xeración do 27.

    VER O DETALLE DO TERMO