"Arra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 638.

  • PERSOEIRO

    Escritora. De nome Albertine Damien, da súa obra destacan as tres novelas autobiográficas La cavale (1965), L’astragale (1966) e La traversière (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial fundada en Barcelona en 1911 por Victorià Seix e Lluís e Carles Barral, que se caracteriza pola gran calidade das súas edicións. En 1942 tomou o nome actual e especializouse en libros de arte. En 1974 fusionouse con Ediciones Ariel e en 1982 pasaron ao grupo editorial Planeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conectiva lóxica binaria coa que se poden expresar todas as outras conectivas clásicas. Se p e q son dúas proposicións, represéntase por p/q a dobre negación “nin p nin q”. A negación de p, “non p”, escríbese p/p e a disxunción, “p ou q”, escríbese (p/q)/(q/p).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordos establecidos en 1954 entre os países membros do Fondo Monetario Internacional, segundo os cales este pode concederlle créditos a prazo curto aos países membros que o soliciten para facer fronte a unha situación crítica da balanza de pagamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xosé Lorenzo Álvarez.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de roupa feita de pel, tea ou doutro material e que é usada polos pobos de países cálidos para tapar só as partes íntimas.

    2. Especie de calzón de dimensións moi reducidas que se emprega como traxe de baño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade romana que corresponde á actual Tarragona. A titulación oficial completa foi Colonia Iulia Urbs Triumphalis Tarraco. A zona arqueolóxica foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á antiga Tarraco ou á provincia romana e eclesiástica da que foi capital.

      1. Relativo ou pertencente a Tarragona ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Tarragona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia romana, cuxa titulación oficial era Provincia Hispania Citerior, creada polo Emperador Augusto en 27 a C, tomando como base, modificada, a antiga provincia Citerior de 195 a C. A capital foi Tarraco. A finais do s III, o Emperador Diocleciano dividiu a Citerior en tres provincias: Gallaecia, Cartaxenense e Tarraconense. Esta división perdurou durante todo o Baixo Imperio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Membro da Federació Democrática Nacionalista de Francesc Macià (1919) e da Joventut Nacionalista La Falç (1920), ao crearse Esquerra Republicana de Catalunya (1931), converteuse no seu secretario xeral. Foi elixido deputado no Congreso entre 1931 e 1933 e deputado no Parlament de Catalunya en 1932, pero afastouse del en 1933, xunto co grupo de L’Opinión, para constituír o Partit Nacionalista Republicà d’Esquerra, do que foi secretario xeral. Foi detido e procesado polos feitos de outubro de 1934. Foi conselleiro de Gobernación (1931-1933), de Sanidade e Servizos Públicos (1936), de Cultura (1937) e de Finanzas (1937-1939). Exiliouse en 1939 e residiu en Francia. En 1954 foi elixido presidente da Generalitat polos deputados ao Parlament de Catalunya reunidos na embaixada da República Española en México. Volveu a Barcelona o 23 de outubro de 1977 e foi nomeado presidente da Generalitat provisional por designación real. Aprobado o Estatut de Catalunya (1979) e elixido o Parlament...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte de pesca de cerco que se emprega na captura de peixes que se presentan en grandes cardumes como a sardiña, o xurelo, o bocarte e a xarda.

    2. Barco que se usa nesta arte de pesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parafuso ou cravo que se usa para remachar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, Catalunya (113.129 h [2001]). A economía, sen ningún sector agrícola importante, dependeu basicamente do comercio portuario e da industria vitivinícola, ata que, entre 1925 e 1935, se puxeron en funcionamento a fábrica de tabaco e as factorías de CAMPSA e da Unión Azufrera. Ten industrias do metal, do plástico, dos cartóns e embalaxes, de alimentación e bebidas, auxiliares da construción e do ramo da madeira. Entre 1965 e 1967, establecéronse as grandes factorías petroleoquímicas, que transformaron Tarragona nun centro deste sector a escala europea. Destaca tamén a pesca e o turismo. Poboada por ilerxetes e cosetanos, foi conquistada en 219 a C por Publio e Cneo Escipión. Foi capital da provincia Tarraconense (Tarraco). Conquistada polos musulmáns en 714, foi reconquistada por Ramón Berenguel III en 1109. Do seu patrimonio cultural destacan os restos da antiga Tarraco, entre outros, o anfiteatro (BIC, 1924), o acueduto de Les Ferreres (BIC, 1905) e a torre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Catalunya, integrada por 183 municipios e 8 partidos xudiciais (6.282 km2; 609.673 h [2001]). A súa capital é Tarragona. As paisaxes de cereais, viñedos, hortas e froiteiras alternan con oliveiras. Destacan as industrias alimentaria, téxtil, química e papeleira, e o turismo, centrado en Salou e Cambrils. O poboamento concéntrase en cidades como a capital e outros núcleos como Reus (89.006 h [2001]), Tortosa (28.933 h [2001]), Valls (20.232 h [2001]), El Vendrell (23.744 h [2001]), Cambrils (21.000 h [2001]) e Amposta (16.865 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Táboa de madeira que serve para asegurar unha armazón de madeira.

    2. Gancho de ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento tradicional galego de percusión, que pertence ao tipo dos idiófonos, no que o son é producido mediante o batemento dos seus elementos constitutivos. Teñen a súa orixe nas culturas antigas de Mesopotamia e Exipto, onde se documentan diversos exemplares. No resto da Península Ibérica reciben o nome de palillos ou tejoletas, e en Irlanda bones (ósos), xa que se realizan con dous ósos de costela de gando vacún. Respecto da música galega a primeira documentación da que se ten constancia son as miniaturas das Cantigas de Santa María, onde aparecen varios músicos con este instrumento. Está formado por dúas pequenas táboas planas de madeira dunhas dimensións aproximadas de 16x3x0,5 cm. As madeiras empregadas na súa construción deben ser duras e pesadas para que teñan unha maior sonoridade e, entre elas, destaca o buxo, o pau rosa ou o granadillo. A forma máis habitual é a rectangular, aínda que tamén poden presentar os extremos inferiores en forma...

    2. Cada unha das pezas deste instrumento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á variedade de uva branca de acios e bagos pequenos, alongados e doces.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ferramenta para facer a rosca aos parafusos.

    2. Peza de madeira cunha chapa metálica que se usa para facer molduras en xeso ou outras pastas.

    3. Freo do carro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer a rosca aos parafusos.

    2. Apertar algo con cuñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Asiria (1115-1077 a C). Entre 1115 e 1111 a C conquistou corenta e dous estados situados entre o Zab inferior e o Éufrates, e entre o N de Siria e o Mediterráneo. No S tomou Babilonia, aínda que a súa ocupación non foi duradeira.

    VER O DETALLE DO TERMO