"Bra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1231.
-
PERSOEIRO
Fisiólogo norteamericano. Foi un dos primeiros en aplicar a exploración radiolóxica ao estudo da fisioloxía dixestiva (1898). Realizou ademais investigacións básicas sobre a fisiopatoloxía da glándula suprarrenal e foi o introdutor do concepto de homeostase.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente á antiga rexión de Cantabria, dividida administrativamente entre as comunidades autónomas de Asturias e Cantabria.
-
Relativo ou pertencente á Comunidad Autónoma de Cantabria ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Cantabria.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos cántabros.
-
Individuo do pobo cántabro.
-
Grupo de pobos prerromanos establecidos na costa norte da Península Ibérica, na zona montañosa da actual Comunidad Autónoma de Cantabria e parte oriental de Asturias, desde o río Sella ata o Nervión. Existe entre os cántabros un elemento básico preindoeuropeo e outro céltico ou indoeuropeo antigo. Practicaban a recolección, unha incipiente agricultura (cereais) e eran tamén pastores e gandeiros (cría de cabras, porcos e cabalos). Aparecen mencionados por primeira vez no 195 a C e caracterizábanse pola súa forte oposición a Roma, que non conseguiu sometelos totalmente ata o 19 a C, tras un longo período de guerras (Guerras Cántabras). A súa romanización foi, con todo, lenta e parcial.
-
-
-
PERSOEIRO
Avogado e político. Deputado durante o goberno de Marcelo Caetano, foi ministro adxunto, en representación do Partido Popular Democrático, no primeiro goberno provisional trala caída da ditadura en Portugal. Líder da Aliança Democrática, foi elixido primeiro ministro no ano 1980. Escribiu, entre outras obras, Por uma Social Democracia (1975) e Uma Constitução para os Anos 80-Contributo para um Projecto de Revisão (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e sindicalista. Foi partidario da actuación política da Confederación Nacional del Trabajo (CNT) e un activo defensor en solitario do Estatuto de Autonomía no sindicalismo. Tralo seu abandono da CNT ingresou en 1934 no Partido Sindicalista e un ano máis tarde afiliouse ao Partido Galeguista. Foi colaborador de Solidaridad Obrera, voceiro da Confederación Rexional Galega (CRG), Trabajo e A Nosa Terra, co alcuño de Fausto Brand. Faleceu a consecuencia da represión desatada polo golpe militar de xullo de 1936.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi deputado na Federación Centroamericana (1838-1842), fiscal (1830) e presidente da Corte Suprema de Xustiza. En 1835 converteuse en presidente de Costa Rica e situou a capital do país de forma definitiva en San José. En 1838 deu un golpe de estado e separou Costa Rica da Federación Centroamericana. En 1841, logo de derrogar a Constitución de 1825, ditou a Lei de Bases e Garantías, pola que se nomeaba ditador vitalicio. Deposto en 1842, exiliouse en El Salvador, onde se dedicou á explotación mineira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Residencia oficial do presidente dos EE UU, situada en Washington. Iniciouse en 1792 segundo os planos de James Hoban, aínda que no período 1949-1952 sufriu diversas modificacións. Ata 1902 denominouse Executive Mansion. Consta de dous pisos cun pórtico xónico na parte frontal do edificio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edificación situada en Santa María de Lamela, no concello de Pereiro de Aguiar, de probable orixe renacentista. Ten planta rectangular. Na fachada oeste hai unha torre de planta rectangular de tres alturas. Debido ao desnivel do terreo, presenta tres plantas na fachada norte e dúas nas outras frontes. A fachada principal é a oeste, na planta baixa está a entrada e unha escaleira de pedra que permite o acceso á vivenda; na segunda planta sobresae un balcón con balaustrada de ferro. O conxunto compleméntase con cortes, fonte de pedra, eira e casa para o servicio.
-
PERSOEIRO
Escultora. Bolseira da Fundação Calouste Gulbenkian, estudiou en París. Realizou esculturas de carácter neofigurativo e abstracto. Entre as súas obras destacan o Monumento ao Emigrante, en Santa Apolónia, e o Monumento de Taipa en Macau.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Queixo elaborado no distrito de Castelo Branco con leite de ovella ou de cabra; o de ovella parécese ao Queijo da Serra da Estrela e o de cabra é un queixo mol que se vende fresco, con só dez días de maduración, aínda que se madura máis intensifícase o seu sabor. Outra variante é aquela que aos oito días de maduración se cobre con cinza e despois con arestas durante tres meses con regularidade, para evitar que colla balor. Non ten codia e é cremoso e amargo.
-
CAPITAIS
Capital do distrito homónimo, na Beira Baixa, Portugal, situada na meseta entre os ríos Ponsul e Ocreza (27.300 h [1993]). A principal actividade económica é a industrial, sobre todo o sector madeireiro e téxtil. A cidade está coroada por un castelo que pertenceu á orde dos Templarios. Conserva restos da época romana e, entre 1771 e 1882, foi Sé Episcopal.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Portugal, situado na Beira Baixa (6.675 km2; 211.800 h [1993]). A capital é Castelo Branco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Autor polifacético, enmarcado no romanticismo, está considerado como o Balzac luso. Triunfou na novela pasional centrada na vida da nobreza provinciana e da burguesía do Porto, de acordo cos tópicos románticos populares máis exaltados e anticlericais. As súas primeiras novelas apareceron nas páxinas dos xornais Eco Popular e O Nacional, e, posteriormente, exerceu o xornalismo na Gazeta Litéraria (1868). Na súa extensa produción destacan os volumes de poesía lírica Pundonores desagravados (1845), Murraca (1849), Inspirações (1852), Ao anoitecer da vida (1876); as pezas teatrais Agostinho de Ceuta (1848) e Abençoadas lágrimas (1862); as obras de crítica literaria Esbozos de apreciações literárias (1866) e Curso de literatura portuguesa (1879); e, entre a súa produción novelística, obras como Doze casamentos felizes (1861), Noites de Lamego (1863), Coração, cabeça...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político brasileiro, do estado de Ceará. Foi mariscal e xefe do Estado Maior. Despois do golpe militar que derrocou a João Goulart en marzo de 1964, foi elixido presidente da República, cargo que ocupou ata que en 1967 foi substituído por Costa e Silva. Durante o seu mandato levou a cabo unha forte represión contra a oposición e aprobou unha nova Constitución.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e político portugués, sobriño de Camilo Castelo Branco. Deputado polo partido rexenerador, exerceu os cargos de ministro dos Assuntos Estrangeiros, embaixador en China e gobernador civil de Lisboa. Colaborou tamén en diversos xornais.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da serra de Queixa, situado no límite occidental entre as parroquias de Requeixo, concello de Chandrexa de Queixa, e Pradoalbar, Vilariño de Conso. O seu cumio acada os 1.676 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Raíña de Inglaterra (1662-1685) e rexente de Portugal (1704-1705), filla de Xoán IV. Casou en 1662 con Carlos II de Inglaterra. Trala morte do rei trasladouse a Somerset e en 1696 regresou a Portugal, onde foi rexente durante a enfermidade do seu irmán Pedro III.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Équido de orixe africana que presenta un pelame claro (branco ou amarelado) e franxas transversais escuras (negras ou acastañadas). O pescozo é groso, a crina curta e recta, e a cabeza grande e pesada. A súa dieta baséase principalmente en herbáceas, aínda que tamén poden comer follas de árbores ou arbustos. Na estación seca escarvan para desenterrar rizomas e bulbos, amais de aproveitar pastos moi pobres, aínda que nese caso dependen moito de masas de auga ás que acoden diariamente para beber. Os machos loitan polas femias mediante couces e trabadas, e as parellas adoitan ser de por vida. Viven en grupos familiares que poden variar de número (de catro a vinte animais) e que se xuntan con outros na estación seca para formar mandas de varios centos de animais, especialmente pola noite. É frecuente observalas con ñus, antílopes, xirafas e eláns. Os animais que forman cada grupo recoñécense individualmente pola diversidade nas marcas, a voz e o cheiro. En cada familia existe unha xerarquía...
-
Cebra de ata 150 cm de altura na cruz e 320 kg de peso. Presenta as orellas curtas e estreitas, e as raias anchas, estendidas polos flancos ata a barriga, oblicuas nos cuartos traseiros. Comunícanse con voces asubiantes na aspiración de aire, seguida da voz “cua-a” emitida repetidamente. A gran fvariabilidade das poboacións deu lugar á descrición de varias razas, entre as que destacan: a cebra de Grant , de patas raiadas ata os cascos, distribuída polo N de Sudán, Etiopia, Somalia e S de Tanzania; a cebra de Selous , de raias finas e numerosas, propia do N de Moçambique, Zambia e Malawi; a cebra de Chapman , de cor amarelada en xeral e patas non raiadas na súa totalidade, que vive na parte setentrional de Sudáfrica; e a cebra de Burchell , raza tipo coa que se describiu a especie e que se extinguiu pola caza dos europeos.
-
Cebra de ata 130 cm de altura na cruz e 275 kg de peso. Presenta as orellas longas e apuntadas, o ventre de cor branca e as raias negras estreitas e numerosas, na parte superior das ancas dispostas en sentido transversal. Existen dúas subespecies: a cebra de montaña (H. zebra zebra) que habita nas montañas do sur de Sudáfrica e en perigo de extinción pola caza; e a cebra de Hartmann (H. zebra hartmannae), de cor de fondo amarelado, vive nas montañas do sudoeste de África e Angola e penetra no deserto despois das chuvias para aproveitar as herbáceas. A súa voz é un rincho semellante ao do cabalo.
-
Cebra de ata 152 cm de altura na cruz e cun peso de ata 430 kg. Presenta as orellas amplas e redondeadas, raias estreitas e numerosas, case que verticais por todas as partes do corpo. O ventre é de cor branca, ao igual que unha gran mancha no alto das ancas. Vive nos altiplanos áridos e nas ladeiras rochosas do corno de África e coincide coa cebra de Grant no N de Kenya, coa que forma mandas mixtas. Comunícanse entre elas con orneos semellantes aos dos asnos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ento forte acompañado dunha chuvia intensa.
-
-
Apelido que ten a súa orixe nun topónimo de carácter abundancial que podería remitir á presenza no lugar de cebros ‘asnos salvaxes xa extinguidos na Península’ ou de acevros, con aférese da sílaba inicial. No primeiro dos casos, o étimo que o explica componse do latín vulgar *ecĭfĕru e mais o sufixo -ale; e no segundo, do latín vulgar *acifolu e mais o sufixo -ale, derivado de aquifoliu. A confluencia entre os resultados dun e doutro étimo puido producirse facilmente, sobre todo se se ten en conta que o hábitat da especie equina viña a coincidir co da especie vexetal.
-
Liñaxe que trae como armas, en campo de azul, cinco flores de lis de ouro; en punta, ondas de azul e prata.
-