"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • PERSOEIRO

    Irmá de Simplicio e Faustino, foi martirizada durante a persecución de Diocleciano (303) por mor de lle dar sepultura aos corpos dos seus dous irmáns, decapitados e tirados ao río Tíber. Morreu esganada cunha corda. En iconografía, esta santa leva como atributo persoal unha corda atada ao pescozo, símbolo do seu martirio. A súa festa celébrase o 29 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e filósofo, profesor na Universidade de Aberdeen. Publicou Essay on Truth (Ensaio sobre a verdade, 1770), defensa da relixión e da moral cristiás contra o escepticismo de Berkeley e Hume. O seu poema, The Minstrel (O xograr, 1771-1774) está considerado como un dos precedentes do Romanticismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación que relaciona a presión, o volume e a temperatura dun gas real, válida cun amplo intervalo de valores destas variables. Fai intervir cinco constantes típicas de cada gas e mellora outras ecuacións de estado anteriores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico norteamericano. Despois dunha sólida experiencia teatral, pasou ao cine da man de John Boorman. Foi nominado como Mellor Actor Secundario por Network (Un mundo implacable) en 1976. Participou nos filmes: The Thief Who Came to Dinner (O ladrón que veu cear, 1973), All the President´s Men (Todos os homes do presidente, 1976), Exorcist II: The Heretic (Exorcista II: o herexe, 1977), Superman (Supermán, 1978), Superman II (Supermán II, 1980), The Fourth Protocol (O cuarto protocolo, 1987) e Gulliver´s Travels (As viaxes de Gulliver, 1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Henry Warren Beatty.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que son coñecidos o Comentario á Apocalipse e mais o Libro de Daniel, escritos polo Beato de Liébana. É unha obra de grande interese, tanto polo texto, que contén fragmentos patrísticos doutro xeito perdidos, como polas ilustracións, abundantes e moi características. No estilo e nos temas iconográficos hai unha gran cantidade de influencias, dende as paleocristiás ata as visigóticas, asimiladas cunha forte personalidade mozárabe, aínda que algúns beatos son plenamente románicos. As escenas, encadradas nunha orla, son representadas a miúdo sobre un fondo esquemático e simbólico de bandas horizontais, unhas veces de intensa coloración e outras da cor natural do pergameo. Os ornamentos e as arquitecturas estilizadas son, en xeral, os típicos da arte mozárabe. Existen varias copias deste manuscrito, polo xeral con ilustracións miniadas, dos ss X ao XIII, entre os que salientan: o conservado na Pierpont Morgan Library de Nova York, procedente de San Miguel de Escalada,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro francés. Investigou no campo da dinámica de fluídos. En 1892 publicou unha obra onde describía o ciclo completo do motor de explosión de catro tempos; sen embargo, os seus traballos permaneceron ignorados ata que adquiriron un renovado interese trala publicación das investigacións de Nicolás Otto. Interesouse tamén pola telegrafía submarina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nome co que é coñecido o escultor do Cristo do parteluz da porta central da fachada oeste da Catedral de Amiens (1236?). Foi o introdutor do gótico francés en Castela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filme de aventuras do que existen tres versións: unha muda do ano 1926, outra de 1939 e a de 1966. A máis destacada foi a de 1939, rodada nos EE UU e dirixida por William A. Welman. Foi interpretada por Gary Cooper, Ray Milland, Robert Preston, Brian Donlevy e Susan Hayward. Os irmáns Geste enrólanse na Lexión Estranxeira para evitar que os acusen do roubo dun zafiro. Destinados a un forte no deserto, enfrontáronse ao sádico sarxento Markoff e á rebelión dos árabes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín, mestre de ballet e coreógrafo francés. Durante vinte anos foi o mestre de baile de Luís XIV e asumiu a dirección da escola da Académie Royal de Dance. Fixou as regras tradicionais da danza francesa nobre, estruturou a técnica da danza clásica e definiu as cinco posicións clásicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Katherine Mansfield.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico norteamericano. Foi un dos pioneiros de Hollywood e, entre 1915 e 1922, dirixiu numerosas curtametraxes. Amais dalgunhas comedias, realizou thrillers e historias de terror que non lle depararon unha boa crítica. Para televisión dirixiu a popular serie Lassie. Levou a cabo, entre outras moitas películas, The narrow street (A rúa estreita, 1924), Little Annie Rooney (A pequena Annie Rooney, 1925), The irresistible lover (O irresistible amante, 1927), The men in her life (Os homes na súa vida, 1931), The old fashioned way (O antigo camiño 1934), Boys will be boys (Rapaces que serán rapaces, 1935), The golden eye (O ollo de ouro, 1948), Westward go the wagons (Os carros van cara ao oeste, 1956) e Frankenstein’s daughter (A filla de Frankenstein, 1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe bieito e ecumenista belga. Foi o creador (1909) do movemento litúrxico pastoral. No ano 1925 fundou en Amay un mosteiro bieito dedicado á unión dos cristiáns, que foi trasladado en 1939 a Chevetogne. Foi un dos representantes máis destacados do movemento ecuménico dentro da Igrexa Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia inglesa que adoptou este nome da denominación do castelo dos Plantagenet no Anjou. O apelido foi levado por primeira vez polos fillos ilexítimos do príncipe Xoán de Gante, duque de Lancaster, fillo do Rei Eduardo III de Inglaterra e de Catalina Roet. De entre os seus descendentes cómpre salientar os seguintes: Henry Beaufort (1377 - Winchester 1447), lord chanceler de Inglaterra (1403) e cardeal (1426), e Margarida Beaufort (1441-1509), sobriña do anterior e nai de Enrique VII de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escala que permite estimar a velocidade dun vento, unha vez observados os seus efectos. Baséase nas manobras dos veleiros, segundo a velocidade do vento. Posteriormente foi adaptada nas estacións terrestres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño e meteorólogo irlandés. Foi director do depósito hidrográfico no ano 1829 e no 1846 acadou o rango de almirante. Dedicouse ao estudo dos ventos e en 1806 deu a coñecer a escala que leva o seu nome, adoptada en 1926 polo Comité Meteorolóxico Internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar adxacente ao océano Ártico, situado entre o arquipélago Ártico, Canadá, e as costas setentrionais de Alasca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia nobre francesa de Orleans, de escasa notoriedade antes da Revolución Francesa (1789). Dividida en dúas ramas cara á fin do s XVIII, unha estivo encabezada por Claudio de Beauharnais, que foi par de Francia na época da Restauración; a segunda, de máis sona, vinculouse coa familia de Napoleón Bonaparte. Desta segunda póla os membros máis destacados foron: François de Beauharnais (1756-1846), par de Francia, deputado da nobreza nos Estados Xerais de 1789 e embaixador en Etruria e en Madrid durante o período napoleónico. Alexandre de Beauharnais (1760-1794), deputado da nobreza nos Estados Xerais e presidente da Asemblea constituínte. Eugène de Beauharnais (1781-1824), oficial do exército francés, fillo de Alexandre e Xosefina que foi adoptado por Napoleón; en 1805 foi nomeado príncipe de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • País da rexión histórica do Lyonnaise (Francia) que inclúe, esencialmente, o departamento do Ródano (Rhône). É unha área montañosa, situada nas abas nororientais do Macizo Central, constituída por dúas partes: a Côte Beaujolaise e os montes do Beaujolais. Antiga baronía creada polo señor de Beaujeu, no 1400 foi legada a Luís de Borbón. Luís XIV, o Rei Sol, mudou a baronía en condado. Os terreos da Côte, cristalinos e porfídicos, ricos en minerais, fan que sexa un lugar excelente para o cultivo da viña, onde se produce o viño con Denominación de Orixe Beaujolais, clasificado dentro do tipo borgoña; o máis característico é o tinto elaborado con uva gamay. É un viño lixeiro e afroitado, que se consome nos meses inmediatos á súa elaboración e de pouca graduación (11-12°). Na metade setentrional da rexión prodúcese o beaujolais villages, máis forte e con mellor buqué que o corrente.

    VER O DETALLE DO TERMO