"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

    1. Relativo ou pertencente á caligrafía.

    2. Escritura trazada artificiosamente, con intención estética, e sen espontaneidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso regresivo da escritura corrente dun período ou dunha rexión determinada, que consiste en fixar as formas rápidas cursivas en formas artificiosas e estereotipadas. Foi un proceso habitual en chancelerías, mosteiros e catedrais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que escribe á man cun tipo de letra artificiosamente deseñado ou que ten esta actividade como profesión.

    2. Especialista na análise dos riscos que caracterizan a escritura das persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manifestación da poesía visual que deriva o seu nome dos Calligrammes (1918) de Guillaume Apollinaire. Resulta do cruzamento nun mesmo plano de dúas mensaxes de natureza diferente, unha figurativa e outra lingüística, de xeito que a disposición tipográfica do texto compón formas alusivas ao obxecto ou tema poetizado. Tenta facer coincidir o que se ve co que se le, isto é, achegar as palabras ás cousas que representan. Os seus antecedentes remóntanse á cultura grega, a certos poemas figurativos de Teócrito e de Simias de Rodas, amais dos carmina figurata de Rabano Mauro (s IX), as composicións de J. Cellier e F. Rabelais (s XVI), as de J. Helwig e J. R. Karst (s XVII) ou os emblemas renacentistas e barrocos. No primeiro terzo do s XX xurdiu como resultado da influencia da pintura cubista, do futurismo e do ideograma, da man de Apollinaire que foi, como creador do termo, o primeiro en tentar realizar con clara intencionalidade estética a síntese artística da música, da pintura...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Comezou a súa andaina profesional a partir do ano 1975 en Lugo. A súa obra expúxose en diversas cidades como Lugo, Madrid (Foco 83) ou Vigo, onde participou na Primeira Bienal (1984), amais doutras exposicións colectivas. Colaborou, xunto con outros tres fotógrafos lucenses, na publicación do libro Cuatro X Veinte. Publicou a súa obra en diversos catálogos, libros e carteis turísticos. Conseguiu varios premios a nivel estatal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Congreso europeo que tivo lugar en Cambrai (Cambrésis) de 1721 a 1727, convocado polos membros da Cuádrupla Alianza (Francia, Inglaterra, Países Baixos e Austria) para concluír unha paz definitiva. As negociacións facilitaron diversos acordos: o Tratado de Madrid (1721), asinado entre Francia, Inglaterra e Filipe V; o Tratado de Viena entre Filipe V e Carlos VI de Austria; e a Alianza de Hannover, entre Francia, Inglaterra e Prusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de pintores postimpresionistas ingleses creado en 1911 e dirixido por Walter Richard Sickert. Estes artistas tomaron o nome da zona obreira londinense que popularizou Sickert nas súas obras. Formaron parte do grupo, entre outros, Robert Bevan, Harold Gilmar, Charles Ginner, Spencer Gore, Ducan Grant, Augustus John e Lucien Pisarro. Rexeitaron o romanticismo da Royal Academy e propugnaron o realismo descritivo. Ademais de representar o barrio de Camden Town, cultivaron a paisaxe, os retratos, as escenas de interior e os bodegóns. Realizaron dúas exposicións en 1911 e outra en 1912. En novembro de 1913 fusionáronse con outros grupos artísticos e crearon o Grupo de Londres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do Lazio, Italia, formada pola chaira que rodea Roma, entre os montes Sabatini, Sabini e Albani e o Mar Tirreno, bañada polo baixo Tíber (2.000 km2). Trátase dunha área pantanosa, drenada e habilitada para a agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Paraíba, Brasil (351.606 h [1995]). Fundada en 1773 co nome de Princesa do Oeste, converteuse a mediados do s XIX nun dos principais centros produtores de café do Brasil. A partir do desenvolvemento económico logrado, consolidou unha industria que a sitúa como a maior cidade industrial do interior nordeste do Brasil. Posúe un centro de ensino superior, a Universidade Regional do Nordeste, fundada en 1966.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Mato Grosso do Sul, na rexión Centro-Oeste do Brasil (600.069 h [1996]). Localizada nun altiplano entre os ríos Guaraná e Paraguay, é unha cidade industrial e comercial situada na liña de ferrocarril de São Paulo a Corumbá. Tamén posúe aeroporto e un centro de ensino superior, a Universidade Federal de Mato Grosso do Sul, fundada en 1970.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos caránxidos ao que pertence o lirio oceánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cancioneiro da Bancroft Library.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo teatral dependente, nun principio, da Sociedade Cultural e Recreativa Liceo de Noia. Fundado por Xosé Agrelo Hermo en 1973, puxo en escena obras de Blanco Amor (Romance de Micomicón e Adhelala, 1973), Álvaro de las Casas (Pancho de Rábade, 1974), Leandro Carré (Rexurdimento, 1974) e do propio Agrelo Hermo, que exerceu como director dos espectáculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Necrose dunha parte dun tecido ou dun órgano motivada por un insuficiente rego sanguíneo local.

      2. gangrena gasosa

        Gangrena que se produce nas feridas con grandes estragos, moi contusas, con esmagamento aberto, etc, debido á acción de diversas bacterias anaerobias do xénero Clostridium. Caracterízase por edema, produción de gas e decoloración. OBS: Tamén se denomina flegmón enfisematoso ou gasoso.

      3. gangrena húmida

        Gangrena que ten lugar cando non existe desecación e se produce infección con putrefacción bacteriana.

      4. gangrena seca

        Gangrena que se produce cando os lugares afectados son superficiais e se deshidratan rapidamente por evaporación. Débese a unha obstrución arterial. OBS: Tamén se denomina momificación.

    1. Aquilo que corrompe ou que perturba moral ou socialmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. cangrexo real [Geryon affinis, infraorde dos braquiúros]

      Crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos, de cuncha de cor vermella intensa, de ata 19 cm de ancho. Abdome moi reducido pregado baixo o cefalotórax nos machos e ovado, pequeno, estreito e delgado nas femias. Patas moi longas, delgadas e algo aplanadas co primeiro par de menor lonxitude pero con pinzas estreitas. Vive no noiro da plataforma continental a 700 m de profundidade. Na beira oriental atlántica distribúese dende Islandia ata o norte de África, sendo abundante fronte ás costas galegas. Captúrase por medio de nasas e, ocasionalmente, co palangre. A partir de 1990 foi obxecto de explotación por parte de mariñeiros galegos, pero a rendibilidade estivo asociada ás subvencións que ofreceu a consellería de Pesca da Xunta de Galicia, nun intento de favorecer unha especie alternativa de marisco. A súa época ideal de consumo é o verán, cando outros mariscos como a centola están en veda. Adoita prepararse cocido con loureiro, de maneira semellante aos demais crustáceos mariños de consumo...

    2. cangrexo terrestre

      Cangrexo que pasa a maior parte da súa vida en terra como os do xénero Sesarma, propios dos mangleirais pero que se van alimentar nos cultivos ou os do xénero Cardisoma, que viven en Florida e nalgunhas illas do Pacífico. Estes últimos acadan os 60 cm de lonxitude e causan estragos nos cultivos, onde se poden atopar 25.000 individuos por Ha. Outras especies chegan á base das palmeiras polas que gabean guiándose pola sombra, tiran abaixo os cocos que escachan contra o chan e aliméntanse da polpa.

    3. cangrexo violinista

      Cangrexo do xénero Uca, caracterizado por presentar os machos unha pinza de gran tamaño e unha cor viva que emprega para incitar as femias na cópula e para intimidar outros machos. Viven en tobos que eles mesmos fabrican no intermareal de costas lamacentas. No sudoeste da Península Ibérica e costas africanas vive a especie U. tangeri.

    4. Nome que reciben distintos crustáceos da orde dos decápodos, especialmente os mariños da división dos braquiúros, os doceacuícolas da familia dos astácidos e algunhas formas da división dos anomuros, caracterizados por lles rematar o primeiro par de patas nunhas pinzas máis ou menos desenvolvidas. Os de mar gozan de gran prestixio e popularidade en Galicia, ao contrario que os de río, que se consomen principalmente cocidos nas zonas onde é propio, aínda que tamén se poden fritir. Comercialízanse vivos, cocidos ou en conserva. Úsanse para preparar cremas de marisco (o bisque) e un aderezo para peixes, feito coas colas ligadas nunha salsa, denominada á Nantua.

    5. cangrexo araña

      Cangrexo de patas longas e corpo triangular, de dorso provisto de espiñas reviradas, onde moitas especies fixan anacos de algas ou esponxas para aumentar o deseño críptico. Algunhas, como a Hyas coarctatus, abanean as pinzas vivamente coloreadas para atraer e capturar peixes. Outras especies, que viven sobre fondos lamacentos, teñen as patas moi longas como é o caso de Machocheria kaempferi das costas de Xapón, cun corpo de 30 cm e cunhas patas de ata 2,5 m de lonxitude.

    6. cangrexo chícharo

      Cangrexo de reducido tamaño e de corpo arredondado que vive asociado a outros animais. A especie Pinnotheres pisum, de ata 15 mm de lonxitude, vive no interior dos mexillóns, de onde non poden saír as femias ao medrar e son buscadas polos machos de menor tamaño e maior mobilidade. Outras especies viven no recto das candorcas ou no interior das holoturias.

    7. cangrexo común

      Nome co que se coñece a especie Carcinus maenas, de cuncha hexagonal con cinco dentes nas marxes, de cor verde ou castaña de ata 4 cm de lonxitude. Vive en praias e fondos areosos das zonas internas das rías e soporta variacións de salinidade e certo grao de contaminación. Está presente no Mediterráneo e no Atlántico.

    8. cangrexo de mar

      Cangrexo de constitución forte, abdome reducido baixo o cefalotórax e antenas curtas, como o boi, a centola e a nécora, que habitan medios mariños.

    9. cangrexo de santo Antón/cangrexo mulieiro

      Nome co que se coñece a especie Pachygrapsus marmoratus, cangrexo de antenas e ollos moi separados que presenta 3 dentes agudos nas marxes da cuncha cuadrangular, de ata 35 mm de longo e 40 mm de ancho, de cor verde con pintas castañas escuras; ten ademais o primeiro par de patas rematadas nunhas pinzas e o resto das patas peludas. Depredador activo das costas rochosas do Atlántico oriental, dende o golfo de Bizkaia ata Marrocos e do Mediterráneo ata o Mar Negro.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira meridional da ría de Vigo, no litoral da parroquia de Priegue (concello de Nigrán), situada na enseada Carreira ou de Patos entre a praia de Patos e das Cañas, ao S, e a praia do Portiño, ao NL.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación cultural compostelá fundada en 1921 e impulsada por Salvador Cabeza de León, Camilo Díaz Baliño, Enrique S. Guerra e Bernardo del Río. Representou No quinteiro, de Xesús San Luís Romero, e O Alalá, de Francisco Porto Rey (1922); Axúdate, de Charlón Arias e Sánchez Hermida (1923); A lenda de Montelongo, de Rey Pose e Buhigas Alavarrieta, e Vaites...vaites!, de Frade Giráldez (1924); e Antón de Freixide de Manuel María González (1925). Despois dun parón na súa actividade, achegouse de novo ao teatro trala Guerra Civil. En 1959, R. López Veiga-Ponte asumiu a dirección do grupo, que puxo en escena, entre outras, Unha noite no muíño (1959) e O fidalgo (1967), ambas as dúas de San Luís Romero; Os vellos non deben de namorarse, de Castelao (1961); Catuxa de Houlihan, de W. B. Yeats (1966); A noite vai coma un río, de Cunqueiro (1966); As bágoas do demo, de Valenzuela (1967); A...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 995 - Shaftesbury, Wessex 1035) Rei de Dinamarca (1018-1035), de Inglaterra (co nome de Canuto I, 1017-1035) e monarca noruegués (1029-1035). Ao morrer no 1014 o seu pai, Sven de Dinamarca conquistador de Inglaterra, os anglosaxóns reinstauraron o Rei Ethelred II. Derrotados os británicos e morto o monarca inglés, casou coa raíña viúva Emma no 1017, converténdose en monarca indiscutido. Tralo falecemento do seu irmán Harold converteuse en soberano de Dinamarca e, despois da vitoria sobre Olavo II o Santo, gobernou Noruega. Asistiu á coroación imperial de Conrado II no 1028 e axudouno nas campañas contra os eslavos. Residiu en Inglaterra onde gobernou co apoio da súa garda, a Thingmannalidh, e da igrexa anglosaxona favorecendo con medidas políticas a fusión entre os pobos e ditando leis de importancia civil e eclesiástica.

    VER O DETALLE DO TERMO