"Mac" (Contén)

Mostrando 15 resultados de 595.

  • Heroe grego, fillo de Ulises, a quen os antigos atribuíron unha serie de aventuras acontecidas na viaxe que emprendeu na busca do seu pai, ausente de Ítaca despois da Guerra de Troia. Estas aventuras constituíron un núcleo épico que o poeta da Odisea soubo integrar no seu poema. A figura de Telémaco aparece a miúdo nas obras de autores didácticos e moralistas como símbolo da fidelidade filial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de transformar ou transformarse.

    2. Cambio experimentado por unha obriga ou un dereito sen que quede alterado en substancia.

    3. Mecanismo de transferencia de material xenético entre bacterias, segundo o que os receptores sofren modificacións nas súas propiedades xenéticas baixo a acción de extractos obtidos a partir doutra cepa.

    4. Cada unha das regras ou operacións da gramática xenerativa necesarias para pasar unha frase da estrutura profunda á superficial. Distínguense entre: a deleción, que provoca o cambio estrutural máis simple segundo o esquema a + b + c → a + b (Maruxa escribe un sonetoMaruxa escribe); a inserción que, en contraposición á deleción, serve para introducir un novo elemento na frase, segundo o esquema a + b → a + b + c (O campesiño labra/sen azos/ás presas/agora) e a substitución entendida como a combinación dunha deleción e dunha inserción, responde ao esquema a → b (Os paxes/os soldados entraron). Cando unha parte da estrutura arbórea é substituída por dúas ou máis estruturas diferentes fálase de expansión, que presenta o esquema a → b + c (Pasa a tardePasa/lenta/a tarde/fría de inverno). Se diversos elementos son substituídos por un só...

      1. Aplicación bixectiva dun conxunto noutro ou en si mesmo. Segundo a definición de F. Klein a xeometría é o estudo das nocións invariantes para un grupo de transformacións. Como exemplos de transformacións no plano poden mencionarse as rotacións, as simetrías axiais ou as translacións, e no espazo as simetrías respecto a un eixe ou a un plano ou as rotacións axiais. Segundo as súas propiedades específicas, as transformacións reciben diversos nomes: transformación ortogonal, lineal, isogonal, isocora, topolóxica ou alxébrica. As transformacións lineais definidas como isomorfismos entre espazos vectoriais chámanse movementos.

      2. transformación integral

        Operación mediante a que unha función f(x) se transforma noutra función F(y) grazas a relacións de tipo integral. O exemplo máis sinxelo é a simple integración F(y) =∫ a y f(x)dx.

      3. transformación lineal

        Transformación L que satisfai a propiedade de linearidade, é dicir, tal que L(αv + w) = αL(v) + L(w).

    5. ariación das funcións de estado dun sistema termodinámico. En toda transformación hai un estado inicial e final, que difire no valor dalgunha función de estado. Se os estados inicial e final son os mesmos fálase de transformación pechada ou ciclo termodinámico. Unha transformación denomínase isoterma se non varía a temperatura, isóbara se mantén a presión, isocora se o fai o volume, isentrópica se o fai a entropía, e adiabática se non hai intercambio de calor co exterior.

    6. Operación propia das entidades financeiras de converter un aforro líquido recibido nun crédito a medio ou longo prazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao transformacionalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da gramática xenerativa que se ocupa das transformacións aplicadas ás frases para pasalas da estrutura profunda á superficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás ulmáceas

    2. Planta da familia das ulmáceas.

    3. Familia de urticais composta por árbores caducifolias, de follas simples, alternas e a miúdo asimétricas, de flores pequenas, unisexuais ou hermafroditas, agrupadas en cima ou en drupa. Son propias das rexións temperadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de uniformar ou uniformarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de América Central que discorre por Guatemala e polo S de México, polos estados de Chiapas e Tabasco (1.100 km). Nace nos Altos de Guatemala, na Sierra de los Cuchumatanes, e fai fronteira con México antes de desembocar na baía de Campeche, dentro do golfo de México.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurisconsulto e político arxentino. Dirixente do partido unitario, opúxose á Ditadura de Rosas e tivo que exiliarse. De volta en Bos Aires (1852), foi senador e ministro de Finanzas, do Interior e de Xustiza. Foi autor do Código Civil arxentino (1869) e coautor do Código de Comercio (1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran príncipe de Kiev e de Novgorod (1113-1125). Uniuse con outros príncipes rusos na loita contra os cumanos. Foi elixido príncipe de Kiev tras a morte de Sviatopolk II (1113). Restableceu a orde nos seus estados e conseguiu, por un tempo, frear a desintegración dos seus territorios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto das forzas armadas do III Reich, organizadas en 1935 sobre a base do pequeno exército de 100.000 soldados (Reichswehr) permitido polo Tratado de Versailles. Desapareceu en 1945 coa derrota nazi.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tipo de reprodución asexual, frecuente en protozoos e moitos invertebrados. Nos animais unicelulares consiste nunha división mitótica na que unha das partes forma unha protuberancia na superficie celular que posteriormente se desprende xunto cunha porción de citoplasma e a membrana que o recubre, e dá lugar a un individuo de menor tamaño. Nos animais pluricelulares a xema está formada por un grupo de células que, desprendidas ou non do corpo, forman un novo individuo.

    2. Proceso de formación de xemas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade náhualt das flores. Represéntase como un home de corpo vermello coa cara pintada de branco, negro e azul na boca e na barba. Atribuénselle as enfermidades venéreas que provocaba a quen non observaba a abstinencia sexual os días de festa anual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Caudillo xudeu, fillo do sacerdote Matatías, do grupo dos asmoneos. Á morte do seu pai liderou a oposición contra Antíoco IV e os seus sucesores (167-161 a C). Morreu en combate pouco antes de pechar un pacto con Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insurrección popular que tivo lugar en Bizkaia os meses de agosto e setembro de 1804. Co fin de conseguir do goberno a construción dun porto preto de Bilbao, dependendo do señorío de Bizkaia, segundo un proxecto de Simón Bernardo de Zamácola, o señorío ofrecía a implantación do servizo militar. Esta actitude provocou un motín, reprimido con dureza polas tropas enviadas por Godoy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Danza hispanoamericana derivada da ‘zamba’ africana, de movementos moi rápidos e que xeralmente se acompaña con canto. Apareceu a principios do s XIX en Perú e Chile, e difundiuse posteriormente en Paraguay, Bolivia e Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO