"Mos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 604.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro ucraíno. Profesor en Kiev, Peterburgo e en Zagreb, naturalizouse estadounidense. Foi catedrático en Stanton e está considerado unha autoridade mundial en teoría da elasticidade, resistencia de materiais e vibracións.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Hormona polipeptídica do timo que inflúe na maduración dos linfocitos T. Está presente en maior cantidade nos nenos e diminúe ao longo da vida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade parasitaria que está producida polo protozoo Toxoplasma gondii, que no home se pode manifestar como unha enfermidade conxénita ou adquirida. A forma adquirida é moi variable e moi a miúdo asintomática. A forma conxénita, máis maligna, dá lugar á coriorretinite, calcificacións cerebrais, retardo psicomotor, hidrocefalia e microcefalia, e convulsións. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Triós (Pereiro de Aguiar). Documentado en 942, converteuse en priorado de Celanova en 949.
-
PERSOEIRO
Feminista e socialista utópica, avoa de Paul Gauguin. Coñecida como Flora Tristan, estivo influída polas doutrinas de Fourier e Saint-Simon e dedicouse a difundir o seu ideal de rexeneración social. Defendeu a liberación da muller, que consideraba intimamente relacionada coa liberación do proletariado. Publicou Pérégrination d’une paria (1838), Promenades dans Londres (1840) e Union des ouvriers (1843).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Faraón da dinastía XVIII (1525-1512 a C). Iniciou unha política expansionista cara a Siria, chegando en 1524 ata a fronteira con Mitanni, e cara a Nubia, ata a illa de Argos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Faraón da dinastía XVIII (1512-1504 a C), fillo e sucesor de Tuthmosis I. Obtivo a coroa grazas ao dote da súa media irmá Hatšepsut, coa que casou. Ampliou as conquistas en Nubia que iniciara o seu pai.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Faraón da dinastía XVIII (1504-1450 a C), fillo de Tuthmosis II. Baixo o dominio da súa tía e madrasta Hatšepsut (1504 e 1482), á morte desta continuou coa política expansionista de Tuthmosis I e reafirmou o control sobre as posesións que Exipto xa tiña. Avanzou cara a Palestina (1483 a C) e ocupou a chaira costeira de Fenicia (1476 a C). En 1475 a C venceu ao príncipe de Kadeš e en 1472 chegou ao Éufrates, á altura de Karkamiş, e entrou en Mitanni. En Nubia avanzou ata o distrito de Karoy e fundou Napata (1458).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Faraón da dinastía XVIII (1425-1417 a C), fillo de Amenofis II. Deulle unha nova orientación á diplomacia exipcia ao buscar a amizade de Mitanni -casado coa filla do soberano Artatama I e cedéndolle a cidade siria de Alalakh- para opoñerse aos hititas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor nixeriano. Na súa primeira novela The Palm-Wine Drinkard and His Dead Palm-Wine Tapster in the Dead’s Town (1952) superpuxo mitos e tradicións africanas a certos aspectos da sociedade industrial moderna. Destacan tamén The Witch Herbalist of the Remote Town (1980) e Pauper, Brawler and Slanderer (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Quintela de Umoso (Viana do Bolo). Datada no s XVIII, ten planta rectangular e conta cun patio interior, cunha galería e un corredor que dá acceso á planta superior. Nun dos extremos conserva unha capela e no exterior, un forno, unha fonte de cantaría, unha bodega e un pombal circular.
-
GALICIA
Xurista. Doutor en Dereito Mercantil, Economía e Estatística, foi secretario do Consello Superior das cámaras de comercio. Foi candidato a Cortes polas Irmandades da Fala (1918). Publicou Poesías (1917), O municipio galego (1917) e Cámaras de comercio, industria y navegación (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado ao N da capital (1.917 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na illa de Mallorca, Illes Balears (1.708 h [2001]). A agricultura e a gandaría son a base da súa economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado no sector NO da illa de La Gomera (2.798 h [2001]). Dedicado principalmente á agricultura, ten industria alimentaria e destaca a pesca.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e escritor. Militou nas Mocedades Galeguistas, do que foi secretario, tras a Guerra Civil Española instalouse en Vigo, onde mantivo unha actividade política clandestina. Xunto con Celso E. Ferreiro entrou en contacto cos membros da Xeración Nós e proxectou a edición dun Cartafol de Poesía (1935) por entregas, onde se incluíron algunhas das súas composicións poéticas. En 1947 foi detido e enviado ao cárcere da Coruña. Coa condicional fuxiu a Portugal e desde alí a Venezuela, onde, protexido polo presidente Romúlo Gallegos, obtivo un pasaporte de emerxencia. Participou en Galeuzca, presidiu o Lar Galego, fundou a Unión de Combatentes Antifranquistas Nacionalistas Galegos e en 1961 o Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL) cos portugueses Henrique Galvão e Humberto Delgado, e co galego Xosé Sotomayor. O seu obxectivo era derrotar as dúas ditaduras da Península Ibérica, polo que planificaron o secuestro do Santa María ao saír de Curação o 25 de xaneiro de 1961,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello do Páramo baixo a advocación de santa Eufemia.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Tabasco, México (520.308 h [2002]). Está situada na beira esquerda do río Grijalva. É o centro dunha rexión petrolífera.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha (2.519 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -