"RAM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1337.
-
GALICIA
Escritor e periodista. Colaborador en Vida Nueva, La Correspondencia de España, Mundo Gráfico e La Esfera, publicou Aspiraciones (1901), La tizona (1915), La quimera (1916) e En el camino (1917).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Fundador do parladoiro do café Pombo e do PEN Club español xunto con Azorín, foi secretario do Ateneo de Madrid. Colaborou nas revistas Prometeo, Revista Crítica e Revista de Occidente, e nos periódicos El Sol, La Voz, ABC e El Liberal. Representante do vangardismo, foi o creador das “greguerías”. Como dramaturgo é autor dun amplo abano de obras, como El drama del palacio deshabitado (1909), Los sonámbulos (1911), Teatro en soledad (1912), El lunático (1912), Los medios seres (1929) ou Escaleras (1935). Do resto da súa produción destacan Greguerías (1917), Greguerías selectas (1919), El incongruente (1922), Mi autobiografía (1923), La sagrada cripta de Pombo (1926), Ramonismo (1927), El dueño del átomo (1928), Novísimas greguerías (1929), Retratos contemporáneos (1941) e Automoribundia (1948).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no Páramo. De orixe románica, só conserva a fachada pois a nave e a ábsida construíronse ao longo dos ss XVII e XVII. O arco triunfal é de medio punto. No lado N engadiuse un corpo que funciona de sancristía. A porta principal está formada por tres arquivoltas de medio punto de sección rectangular. Ten espadana de dous vans.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no Páramo. Ten nave rectangular con cuberta a dúas augas e ábsida a catro augas, cun corpo engadido que funciona como sancristía. O arco de triunfo é de medio punto e no intradorso conserva unha inscrición e o anagrama da Virxe. A porta principal é de arco de medio punto peraltado é leva unha inscrición na arquivolta. Sobre o lintel está outra inscrición que informa sobre a reconstrución que fixo Xoán Francisco Gutiérrez, patrón da mesma, e nas xambas atópase a data de 1704. A espadana é de dous vans.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Doutor en Historia, realizou a súa carreira nas universidades de Barcelona, Madrid e Santiago de Compostela, universidade esta última onde accedeu á cátedra de Historia Contemporánea en 1995. Especializado nos movementos políticos e especialmente nos nacionalismos, publicou entre outros títulos O nacionalismo galego, con X.M. Núñez (1995), La historia política: algunos conceptos básicos (1999) e La España de los nacionalismos y las autonomías, con J.L. Granja e P. Anguera (2001). Tamén contribuíu á creación das revistas Negaciones (1977), A Trabe de Ouro (1990) e Tempos Novos (1995), e realizou colaboracións na prensa. Formou parte da Xunta Rectora do Museo do Pobo Galego e foi membro das fundacións Castelao e Vicente Risco. En 2000 cambiou a orde dos seus apelidos por Beramendi González.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. A finais da década de 1950 fundou varios grupos teatrais universitarios, para despois incorporarse ás compañías Los Goliardos e Grada. Participou en máis dunha trintena de obras teatrais, que alternou co seu traballo como actor na gran pantalla e en televisión. Da súa filmografía destaca a súa participación en La Función (1964), de C. Santos Fontenla; El Jarama (1965), de J. Marcos; e Hoy como ayer (1966), de M. Ozores. Tamén realizou guións, traballos de escenografía e poesía.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sociólogo. Licenciado en Ciencias Políticas, Ciencias da Información e Ciencias Sociais, doutorouse en Dereito, Psicoloxía e Historia. Profesor universitario, participou na fundación de Reforma Democrática e de AP, partido do que foi coordinador rexional en Galicia e candidato a deputado por Madrid. Publicou, entre outras, as obras La empresa y la política social (1967) e Conflito y estrategia política (1975) e foi colaborador na prensa e en publicacións especializadas. Membro correspondente da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación, posúe o Premio Eduardo Dato e foi distinguido coa Encomienda de Alfonso X el Sabio e a Cruz Distinguida de Raimundo de Peñafort.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e avogado. Licenciado en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, fundou e dirixiu a revista Alba. Da súa produción destacan obras como Raíz de las horas (1951), Os namoros (1961), El ágape de Dios. Historias para un cántico (1964), Poesía gallega contemporánea (1954), Antología de la poesía gallega contemporánea (1959), Por entre el arpa y la saudade (1965) e Teatro galego (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Colaborador en distintas publicacións como Mundo Gallego, Blanco y Negro, La Esfera e Mundo Gráfico, cultivou o teatro, a narrativa e a poesía. Da súa produción destacan La reina Silencio (1911), Sueños de noches lejanas (1912), El Eco (1913), La de los siete pecados (1913) e Mientras cantaban las ocarinas (1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dados n vectores, x1,..., xn, dun espazo vectorial dado, dun produto escalar <,>, determinante da matriz de Gram destes vectores.
-
PERSOEIRO
Bacteriólogo. En 1884 deu a coñecer un método de coloración diferencial, que se denomina tinguidura de Gram.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dados n vectores, x1,...,xn, dun espazo vectorial dado, dun produto escalar <,>, matriz cadrada G ou termo xeral da que é Gij = <x i, x j >, i,j = 1,...,n.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de coloración descrita por H. C. J. Gram, que se emprega para diferenciar distintos tipos de bacterias. Baséase na diferente afinidade aos colorantes básicos das bacterias. En primeiro lugar fíxanse as mostras bacterianas por medio de calor, tínxense cunha solución de colorante básico (violeta cristal) e despois retírase con auga; a continuación colócanse nunha solución iódica, faise outro lavado con auga e despois trátanse con alcohol-acetona (un decolorante), e finalmente contratínxense cun colorante vermello. As bacterias Gram-positivas conservan a cor do primeiro colorante e aparecen de cor azul escura ou violeta, mentres que as Gram--negativas se tinxen co segundo colorante e aparecen con cor vermella. O distinto comportamento das bacterias Gram--positivas e Gram-negativas atribúese á distinta estrutura química dos peptidoglicanos que constitúen as paredes bacterianas. A clasificación das bacterias patóxenas en Gram-positivas e Gram-negativas é de grande importancia clínica,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á bacteria que na tinguidura de Gram se decolora, e se tingue co colorante de contraste (colorante vermello). Exemplos de bacterias Gram-negativas son: Escherichia, Salmonella ou as Pseudomonas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á bacteria que na tinguidura de Gram non se decolora e se tingue co primeiro colorante (colorante violeta) e aparecen de cor azul escura. Exemplos de bacterias Gram-positivas son: Staphylococcus, Streptococcus ou Clostridium.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nun espazo vectorial de dimensión finita n e dotado dun produto interno <,>, proceso que permite obter unha base ortogonal {w1,...,wn} a partir dunha base calquera {v1,...,vn} do espacio. O proceso que determina esta base denomínase ortonormalización de Gram-Schmidt.
-
-
[Cynodo
-
[Agropyro
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de gramar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadea de ferro que colga do teito da lareira e que conta cun gancho no extremo inferior para pendurar as potas ou outros utensilios metálicos que se poñen ao lume para facer, sobre todo, a comida. Ás veces vai pendurada dun caínzo ou dun aparello en forma de forca, o burro ou angarelo, que xira sobre un eixe vertical ao mesmo tempo que permite arredar o caldeiro do lume.