"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
PERSOEIRO
Pintor e escultor. A súa obra caracterizouse polo uso da serialización de obxectos. Participou, entre outras exposicións colectivas, na mostra Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1989-1991), no VII premio de pintura L’Oreal en Madrid (1991), na Bienal de Balconadas en Betanzos (1992), no Certame de Pinturas Concello de Cambre (1992-1994-1997), na Bienal Pintor Laxeiro (Lalín, 1993-1994-1997), na Bienal Internacional de Arte de Vilanova de Cerveira (1997) e no I Premio Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela 2001). Realizou exposicións individuais en Vilagarcía de Arousa e Santiago de Compostela. Destaca da súa obra Fragmentos (1993-2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Humorista e cantante. Coñecido como O’Xestal, comezou a súa traxectoria musical como barítono no coro Brétemas e Raiolas e como instrumentista (bombo) no cuarteto de gaitas Os do Couto. Participou tamén no Ballet Galego Rey de Viana. Colaborou coas agrupacións Cántigas da Terra, Follas Novas e Toxos e Froles, e cos grupos de gaitas Os Mariñáns, Os Calristas e Os Perilláns. Como humorista, acompañado dun grupo de gaitas, realizou numerosas actuacións por Galicia, por diversos centros galegos (Suíza, Inglaterra, España, Uruguay e Arxentina) e no Círculo Español de Nova York. Na súa discografía figura: O Xestal cos seus gaiteiros (1960), Grupo Folklórico O Xestal (1962), O San Fins do Castro (1962), Cuentos gallegos (1969), Unha vella ruxumeira (1970), Cancións e contos galegos (1973), Contos que van pra feira (1982) e Novos contos do Xestal (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Coñecido como o Marquesito, serviu como gardamariña na Armada e participou na Batalla de Trafalgar (1805). Incorporouse como capitán nun rexemento de cabalería e participou na Guerra da Independencia co rango de coronel. Reuniu e organizou as guerrillas dende San Cebrián de Campos (Palencia) e, en febreiro de 1809, liberou un depósito de prisioneiros dos franceses en Sahagún. Trala conquista da gornición de Aguilar de Campoo ascendeu a brigadier. Trasladouse a Asturias e levou a cabo varias expedicións marítimas contra os franceses polo Mar Cantábrico a bordo da fragata británica Aretusa. No 1812, coa formación do IV exército español, conseguiu o mando da 5ª División, pero tralo retorno de Fernando VII foi detido polas súas ideas liberais (29.5.1814) e condenado a reclusión no castelo de San Antón da Coruña. Chegou á cidade o 16 de xullo de 1814 e pouco despois comezou a preparar unha sublevación. Alegando motivos de saúde, trasladouse xunto coa súa muller, Xosefa...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor inglés. Fillo dun funcionario da Mariña, en 1824 encarceraron o seu pai por débedas e el tivo que abandonar a escola e traballar nunha fábrica de betume durante seis meses, experiencia traumática que recreou máis adiante na súa obra. Cursou estudios na Wellington House Academy e posteriormente traballou como pasante nun despacho de avogados. Desde 1830 colaborou en xornais e revistas como The Monthly Magazine ou Morning Herald) e desde 1833 como cronista parlamentario no The Morning Chronicle. En 1837, a redacción dos epígrafes dunha serie de debuxos para os editores Champman e Hall -xermolo de The Posthumous Papers of the Pickwick Club (Os documentos póstumos do Club Pickwick) - convertérono nun autor de éxito. Desde entón, compaxinou a publicación das súas obras por entregas con conferencias e coa organización de espectáculos teatrais nos que interveu ocasionalmente como actor. Fundador do diario Daily News, dirixiu así mesmo o semanario Household Words....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico brasileiro. Foi un membro destacado do Cinema Novo con Ganga Zumba (1962) e Os heredeiros (1969). Posteriormente, dirixiu Chuvas de verão (1978), Bye Bye Brasil (1980), Quilombo (1984) e Dias melhores virão (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Orientalista francés. Especializado na historia do Imperio Bizantino, foi membro da École française de Roma e de Atenas. Entre as súas obras destacan L’Afrique byzantine (África bizantina, 1896), Manuel d’art byzantin (Manual de arte bizantina, 1903) e Histoire de l’empire byzantin (Historia do imperio bizantino, 1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro. Cursou estudios en Augsburgo e Múnic. As súas primeiras investigacións e centráronse na construción dun novo motor térmico baseado na reprodución práctica do ciclo teórico descrito en 1824 por N. L. S. Carnot. En 1892 obtivo a primeira patente e en 1893 describiu o seu motor en Theorie und Konstrution eines rationellen Wäremotors. En 1897 conseguiu comercializalo a empresa Krupp.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Maria Magdalene von Losch Felsing.
-
PERSOEIRO
Arquitecto, pintor e debuxante. Especializouse na pintura de fachadas, teitos e decoracións murais. Escribiu o tratado Arquitectura (1593-1594), no que os gravados representaron de xeito fantástico os elementos arquitectónicos e decorativos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador. Estudiou Ciencias Económicas e Empresariais na Universidad Complutense de Madrid (1978-1983) e realizou estudios de gravado e debuxo (1983-1986). Traballou no Edinburg Printmakers Workshop (1986-1987). A súa obra parte do hiperralismo para presentar unha carga simbólica que aparece na captación de elementos arquitectónicos. O home está presente dun modo subliminal, xa que a súa presenza física é inexistente, pero a súa inmanencia emerxe dos seus iconos arquitectónicos como reflexo da súa acción sobre a natureza. Presenta un mundo enigmático no que se mesturan realidade e fición. Participou en mostras, entre outros países, no Reino Unido, Países Baixos, Noruega e en diversas cidades españolas. En Galicia realizou, entre outras, as mostras Visiones arquitectónicas (A Coruña, 1992) e Demasiado al este es oeste (Lugo, 1999), e participou, entre outras mostras colectivas, no III e no IV Premio de Grabado Máximo Ramos (1986-1987). Entre outras coleccións, ten obra no Museo...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parque de atraccións baseado nas personaxes creadas por Walt Disney, situado en Orlando (Florida) desde outubro de 1971.
-
PERSOEIRO
Compositor e violinista. Foi violinista en Viena na orquestra do príncipe de Saxonia-Hildburhausen, músico de corte do conde Durazzo e kapellmeister do bispo-príncipe de Breslau. Compuxo numerosos Singspiele (Doctor und Apotheker, 1786), ademais de obras escénicas, sinfonías, pezas de cámara, cantatas, oratorios e concertos. En 1770 nomeárono Cabaleiro da Espora Dourada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra. Estudiou en Nova York onde fundou unha orquestra de cámara no ano 1938. Foi director da orquestra da NBC, da Filharmónica de Nova York, da Orquestra Sinfónica de Sydney, da Orquestra Sinfónica de Göteborg e da Orquestra Sinfónica da Radio de Hesse.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eséxeta e teólogo. Foi ministro da Igrexa Congregacionalista e profesor de crítica bíblica en Manchester (1930-1935), e de teoloxía en Cambridge (1935-1939). Para el, o corazón do Novo Testamento é a escatoloxía realizada. Publicou, entre outras obras, The Authority of de Bible (A autoridade da Biblia, 1928), The Bible and the Greeks (A Biblia e os gregos, 1935), The parables of the Kingdom (As parábolas do Reino, 1935), The interpretation of the Fourth Gospel (Interpretación do cuarto evanxeo, 1953), Historical tradition in the Fourth Gospel (Tradición histórica no cuarto Evanxeo, 1963) e The Founder of Christianity (O fundador da cristiandade, 1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e matemático inglés. Coñecido como Lewis Carrol, foi profesor de matemáticas en Oxford. Da súa produción destaca Alice’s Adventures in Wonderland (Alicia no país das marabillas, 1865). Outros contos seus son: Through the Looking-Glass (A través do espello, 1871) e The Hunting of the Snark (A caza do Snark, 1876).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Discípulo de Jacopo Vignali e Matteo Roselli, residiu en Innsbruck e Florencia. Cultivou o retrato e a pintura relixiosa. Os seus santos e virxes mostran unha piedade estereotipada. Entre as súas obras destaca o retrato de Sir Thomas Baines (1665?), Santa Margarida e Visión de San Luís de Tolosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar alemán. Hitler encargoulle o mando da flota de submarinos da Mariña e durante os primeiros anos da Segunda Guerra Mundial dirixiu as accións contra o Reino Unido. Comandante en xefe da Mariña e grande almirante, durante os últimos anos do Terceiro Reich foi proclamado sucesor de Hitler e tentou evitar a rendición incondicional. O Tribunal de Nüremberg condenouno a dez anos de prisión, que cumpriu en Spandau ata 1956.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. Filla do actor Maurice Dorléac, comezou a traballar no cine con catorce anos en pequenos papeis. Demostrou a súa capacidade para interpretar personaxes dunha certa complexidade psicolóxica en películas, como Repulsión (1965), Belle de jour (Bela de día, 1966), Tristana (1970), Le dernier métro (O derradeiro metro, 1980), Agent trouble (Axente turbio, 1987), Indochine (Indochina, 1992), Ma saison préférée (A miña estación preferida, 1993), La partie d´échecs (A partida de xadrez, 1994), Les voleurs (Os ladróns, 1996) ou Genealogies d´un crime (Xenealoxías dun crime, 1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alberto Pisani Dossi.
-
PERSOEIRO
Arquitecto italiano. Activo en Boloña, realizou entre outras obras a reordenación da igrexa de San Domenico, a escalinata do Palazzo Davia Bargelli, o Palazzo Aguchi e o santuario da Madona di San Lucca (1723-1727), de planta elíptica e cun pórtico en forma de tenaces.
VER O DETALLE DO TERMO