"Uri" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 983.

    1. Relativo ou pertencente aos menurios.

    2. Ave da suborde dos menurios.

    3. Suborde de aves, da orde dos paseriformes, que teñen as ás pouco funcionais os torsos altos e cubertos de escamas córneas, máis grosas na parte anterior ca na posterior, e a sirinxe como a dos oscinos, mais só con dous ou tres pares de músculos. Teñen a capacidade de imitar toda clase de ruídos. Comprende a familia dos menúridos ou paxaros lira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Maria Amelia Mercouris.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Coñecida como Melina Mercouri, reflectiu a súa forte personalidade nos filmes Stella (1955), Poti tin Kyriaki (Nunca en domingo, 1960; premio á mellor actriz do festival de Cannes), Topkapi (1964), 10:30 P.M. Summer (1966) e A Dream of Passion (1978). Foi deputada polo Partido Socialista grego e ministra de Cultura (1981-1989, 1993-1994). Loitou por recuperar as pezas artísticas gregas subtraídas por outros países e foi contraria ao réxime dos coroneis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao deus Mercurio ou ao planeta Mercurio.

      1. Relativo ou pertencente ao mercurio.

      2. ungüento mercurial

        Fórmula farmacéutica preparada con manteiga, lanolina e mercurio metálico que se empregaba antigamente como antiparasitario.

    2. Planta herbácea anual, glabra ou pouco pelosa, de ata 50 cm de altura, que presenta talos ramosos, follas pecioladas, ovais e lanceoladas, flores de cor verdosa ou amarela, as femininas sésiles, e froito en cápsula. Florece entre abril e novembro en campos cultivados ou incultos e marxes de camiños. É moi frecuente en Europa e Asia. Emprégase como planta medicinal polas súas propiedades como diurético e purgante. En Galicia tamén está presente a especie Mercurialis perennis, de flores femininas pedunculadas, pubescente e perenne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, normalmente dioicas, sen látex, da familia das euforbiáceas, que presenta follas simples e opostas, flores masculinas en espigas e femininas solitarias ou en pequenos glomérulos e de froitos en cápsula bilobular. En Galicia están presentes as especies M. annua e M. perennis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intoxicación con preparados mercuriais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao mercurio.

    2. Que ten mercurio.

    3. Aplícase aos compostos de mercurio onde  ten a valencia ou número de oxidación +2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Boimorto baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ordes baixo a advocación de san Clemente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento metálico pertencente ao grupo II B da táboa periódica, de número atómico 80 e peso atómico 200,59, situado entre o ouro e o talio. É líquido a temperatura ambiente e dunha cor branca de prata. É un elemento pouco abundante, aínda que está moi diseminado. O mineral de mercurio máis importante é o cinabrio. Na industria, este mineral é torrado nunha corrente de aire a unha temperatura de 600°C, e obtense o mercurio: HgS + O 2 D Hg + SO 2 . O mercurio é un redutor potente e presenta unha extraordinaria afinidade polo xofre. Numerosos metais disólvense no mercurio e forman unha amálgama; entre estes destacan os do sodio e os do potasio, que son moi redutores. Tanto o mercurio metálico como os seus sales son tóxicos, e os derivados do metilmercurio son os máis perigosos. O mercurio forma compostos en que actúa cun número de oxidación de +2 e os correspondentes ao grao +1 son inestables. O mercurio emprégase na fabricación de termómetros, barómetros,...

    2. calomelanos.

    3. Sólido cristalino que se presenta en forma de cristais incoloros que se funden a 277 °C. Forma numerosos sales dobres e complexos denominados cloromercuriatos.

    4. Sólido brillante dunha cor escarlata que se atopa na natureza formando o cinabrio, o máis refrinxente dos minerais coñecidos. Quéimase en presenza do aire e descomponse en mercurio e xofre. Emprégase na obtención de mercurio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro dos planetas do sistema solar, atendendo á súa proximidade ao Sol. Esta proximidade fai que a distancia angular entre ambos os dous astros, que ten un valor máximo de 28°, sexa sempre moi pequena, feito que provoca que a observación de Mercurio sexa sempre difícil, tanto cun golpe de ollos como con telescopio, porque pode observarse unicamente pouco despois da posta do sol ou pouco antes da saída. En ambos os casos Mercurio permanece moi baixo no horizonte, e isto fai que as condicións de visibilidade sexan normalmente moi malas. Durante moito tempo creuse que Mercurio, grazas ao fenómeno de rotación capturada, amosáballe sempre o mesmo hemisferio ao Sol. En 1965 as observacións da superficie de Mercurio efectuadas con radar demostraron que o período de rotación é aproximadamente dous terzos do período de revolución. A sonda planetaria Mariner 10 proporcionou información para coñecer as súas características físicas. A superficie de Mercurio, como a da Lúa, presenta numerosos impactos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade antiga romana que se veneraba en Lacio xa en época arcaica. Considerado protector dos mercadores, o seu culto foi identificado co de Hermes arredor do s IV a C. Represéntase con chapeu de dúas abas e dúas ás nos pés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Perú a partir do 2 de xaneiro de 1791 ata 1794. Apareceu primeiro como Mercurio (1790) e baixo o subtítulo “Diario de Lima, curioso, erudito, económico y comercial”. Saíu cada tres días, impulsado pola Sociedad de Amantes del País de Lima e contou co apoio do vicerrei Gil y Lemos. Foi unha das publicacións máis antigas de América, que tivo como precedesora á Gaceta de Lima (1743). Incluíu novas de historia, literatura, medicina e información xeográfica do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao mercurio.

    2. Que contén mercurio.

    3. Aplícase aos compostos do mercurio en que este ten unha valencia ou número de oxidación de +1.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Dedicado primeiro á fenomenoloxía, definiu a moral política do existencialismo, distanciouse de Sartre (1953) e buscou as vías dunha esquerda non comunista. Escribiu Struture du comportement (1941), Phénoménologie de la perception (1945), Humanisme et terreur (1947) e Les aventures de la dialectique (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización que ten como obxectivo primordial a promoción do uso do galego e a procura do recoñecemento oficial polas autoridades asturianas para os 18 concellos más occidentais do Principado de Asturias onde se fala o galego. Celebrou, en Grandas de Salime, o seu congreso fundacional o 30 de outubro de 1988, despois da autodisolución do Grupo de Eilao Pro-Defensa da Nosa Lingua. Criticou   desde o seu nacemento o uso das equívocas denominacións oficiais astur-galaico e gallego-asturiano, así como o emprego do impreciso termo fala e do pexorativo falía, todas elas para se referir á lingua galega dos concellos máis occidentais de Asturias. En setembro de 1990 a MDGA publicou as Normas ortográficas e morfolóxicas del galego de Asturias e organizou, en decembro de 1990, as I Xornadas da Lingua e da Cultura Galega de Asturias: Na busca das raíces da Terra Navia-Eo. En marzo de 1992 comezou a publicación da revista A Freita, órgano difusor da MDGA, onde, con carácter divulgativo, se trataban...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor francés. Empezou a súa traxectoria no teatro para logo facer papeis no cine. Da súa filmografía destacan Les Diaboliques (1955), L’armée des ombres (1969), Les Voraces (1973) e Le Gitan (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor inglés. Coñecido como Michael Caine, comezou a súa carreira con papeis en dramas televisivos, e posteriormente pasou ao cine. Despois de debutar con A Hill in Korea (1956), interpretou The Ipcress File (1965), The Man Who Would Be King (1975), Hanna and Her Sisters (1986, Oscar ao mellor actor secundario 1987), Blood & Wine (1996, Concha de Prata ao mellor actor), The Cider House Rules (1999, Oscar ao mellor actor secundario 2000), The Quiet American (2002) e Around the Bend (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Redución extrema das dimensións e do peso dos dispositivos e os compoñentes electrónicos, co fin de facilitar o uso en lugares onde se dispón de pouco espazo (satélites artificiais, foguetes ou proxectís autopropulsados). Esta técnica deu lugar á microelectrónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica a pintar miniaturas.

    VER O DETALLE DO TERMO