"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • PERSOEIRO

    Político, fillo de Pío Cabanillas Gallas. Licenciado en Dereito polo Centro de Estudios Universitarios (CEU) e máster en Arts in Law and Diplomacy pola Fletcher School de Medford (EE UU), foi director de organización e desenvolvemento da división de televisión e cine do grupo PRISA, director xeral de Sogecable, director de desenvolvemento e relacións internacionais do grupo PRISA e director xeral de Radiotelevisión Española (RTVE). O 27 de abril do 2000 foi nomeado ministro portavoz do Goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Fillo de Xoaquina Enríquez e Xosé Cabanillas, pasou en Cambados a súa infancia, frecuentando ao longo de tres anos a escola pública; logo, co obxectivo de ingresar no Seminario, seguiu estudios de latín na parroquia de Corvillón e en 1889 ingresou no Seminario de San Martiño Pinario onde residiu ata 1893; alí adquiriu interese pola lectura, formándose academicamente en latín e filosofía. Con 17 anos desempeñou funcións burocráticas na súa vila natal, primeiramente na notaría de Pedro Sánchez e máis tarde no Concello ao longo de dez anos, exercendo como oficial de contabilidade. En 1899 casou con Eudosia Álvarez, empezou a colaborar na prensa local e mesmo participou na fundación de distintas publicacións, como El Cometa ou El Umia. En 1910 emigrou a Cuba, posiblemente polas presións ás que estaba sometido polo seu republicanismo e anticaciquismo. En La Habana exerceu como contable de comercio e administrador do Teatro Nacional, propiedade do Centro Gallego,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista, empresario e político. Licenciado en Dereito pola Universidad de Granada, foi bolseiro do Instituto de Estudios Jurídicos, profesor de dereito civil da Universidad Complutense e colaborador da sección de xustiza do Instituto de Estudios Políticos. A súa carreira profesional iniciouse en 1951, cando aprobou as oposicións para notario; aínda que logo tamén exerceu como rexistrador da propiedade e letrado da dirección xeral de rexistros e do notariado. Así mesmo, participou activamente nas comisións redactoras de diversas leis, entre as que salientan a do regulamento do réxime mercantil, do regulamento hipotecario, de demarcación xudicial, de redención dos censos cataláns, de quebras, da propiedade intelectual, de prensa e imprenta, de vendas a prazos, de adopción e do Estatuto da Publicidade. En 1960 foi elixido procurador en Cortes e vogal permanente da comisión xeral de codificación. En 1971 exerceu como procurador familiar en representación da provincia de Pontevedra e en 1972...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. cabezallo.

    2. Parte do lagar situada no extremo dianteiro da trabe de madeira, cun furado vertical onde vai enroscado un groso madeiro chamado penso ou moa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural da Coruña. Relacionado con esta caste está o apelido Cabezoalla. A súas armas levan, en campo de azul, un carro de bois, que leva unha cabezalla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pecho que consiste nun gancho metálico, ás veces fixo e outras movible, que encaixa nunha argola ou nunha peza de madeira, arredor da que xira, para pechar portas ou ventás.

    2. Peza de madeira ou de metal na que se enrolan as cordas de certos instrumentos para tensalas.

    3. Pao de madeira torneada que se coloca no cavilleiro e que serve para amarrar os cabos de manobra.

    4. Barra que se usa para unir as pezas de construción dun barco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Formouse na Universidade de Santiago de Compostela, onde se especializou na historia agraria de Galicia, e ampliou estudios nas universidades de Boloña e Bielefeld. Ademais de diversos artigos e relatorios en congresos nacionais e internacionais, é autor de Pensamento económico e agrarismo na primeira metade do século XX (1997), O agrarismo (1998) e A estación de fitopatoloxía agrícola da Coruña (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Profesor na Escola de Maxisterio de Santiago de Compostela. Licenciouse en Belas Artes (1985) e en Arte (1991). A súa pintura reproduce paisaxes e escenas urbanas compostelás. Participou en diversas mostras individuais e colectivas. Recibiu en 1975 o premio extraordinario no XVII Certamen Nacional de Arte e, en 1989, o premio de adquisición do I Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador da fotografía. Cursou estudios de cinematografía en Madrid. Comezou a súa andaina profesional como creador do Arquivo de Imaxe de Galicia. Entre 1985 e 1989 colaborou na organización das Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (XOCIVIGA). Dende 1990 foi o responsable do departamento de fotografía e documentación do CGAI. Participou en diversos proxectos, entre eles, a catalogación dos cinematógrafos galegos con Xosé Enrique Acuña e a reedición das obras de Paulo Pérez Costanti. Amais ten exercido como comisario de exposicións, crítico e conferenciante. Director do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), escribiu numerosos artigos como “Recuperación da fotografía” (1985), “Pérez Costanti y la historia del periodismo en Compostela” (1992), “A Fotografía” (1999) e “O proxecto galego de Ruth M. Anderson”, en Ruth M. Anderson: Fotografías de Galicia 1924-1926 (1998). Entre as súas obras fotográficas destacan Imaxe de Compostela (1991), As imaxes do traxe en Galicia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa nova, pouco reflexiva e inqueda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contenda que tivo lugar en Cacheiras (Teo) o 23 de abril de 1846 na que se enfrontaron as tropas sublevadas de Miguel de Solís co exército de José de la Concha. A batalla, iniciada nas abas de Montouto ás dez da mañá, non fora planificara, pois o día anterior Solís mudara de estratexia en tres ocasións (defenderse en Santiago de Compostela, dirixirse cara a Padrón ou marchar a Cacheiras) e Concha tiña previsto dirixirse a Vigo. Logo de percatarse da superioridade do exército de Concha, Solís, indeciso entre dirixirse a Padrón ou retirarse a Santiago de Compostela, decidiuse por esta última opción. A retirada foi unha masacre, a cidade foi tomada polas tropas de Concha; pola súa banda, Solís, cunha tropa partidaria de asinar un armisticio, resistiu no mosteiro de San Martiño Pinario mentres esperaba a chegada dos reforzos ao mando de Rubín. A tardanza destes e os continuos ataques do exército de Concha, provocaron unha rendición precipitada pasadas as sete do serán. De inmediato Solís foi...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de cachifallos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Humanista. Foi catedrático de Gramática na Universidade de Santiago de Compostela e, probablemente, abriu un estudo en Ourense onde tivo como discípulos os poetas Arrojo, Cuquejo e Rojo. En 1565 trasladouse a Lisboa onde puido impartir clases na Universidade de Coimbra. Publicou varias obras en prosa e en verso escritas en latín e asinadas co pseudónimo de Cadalvalus Gravius Calydonis Tydensis. En 1568 publicouse en Lisboa un tomo que incluía catro cadernos con varias das súas obras: Caderno I que recolle Triumphalis tumulus, Epitaphium, dous Encomiasticon carmen e De platano extempore carmen; Caderno II que recolle Branchyologia, Monocolon encomiasticonque carmen e dous Distrophon carmen; Caderno III que recolle Monocolon encomiasticonque carmen e Poeticae comendatio; e Caderno IV que recolle o poema Pithyografia. Ademais escribiu: De obitu et apotheosi invitis. Joan III Lusitaniae et Algarbiorum regis...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marca norteamericana de automóbiles de luxo fabricados dende 1903 a 1909 por Cadillac Motor Car, compañía fundada por Henry Leland en 1903 en Detroit. En 1909 esta compañía integrouse na General Motors, que seguiu fabricando os Cadillac.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Becerreá baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arar as cabeceiras dunha leira de forma transversal e cara ao final, porque anteriormente esa parte quedara destinada para poder achegar os regos o máis próximos á cima.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das bólas duras de pequeno tamaño que constitúen os excrementos das cabras, ovellas e doutros animais e, en xeral, masa de materias fecais máis ou menos dura de forma semellante á dunha bóla.

    2. Boliña de madeira situada na parte ancha do fuso.

    3. Calquera cousa de pequeno tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de cagallas.

    2. Conxunto de cousas de pequeno tamaño e de pouco valor.

    VER O DETALLE DO TERMO