"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco Vega Ceide.
-
PERSOEIRO
Condottiere italiano. Ao servizo de Fernando o Católico loitou contra Carlos VIII de Francia (1492) e interveu na Batalla de Puglia (1500) e na defensa de Barletta (1503). Foi o inspirador da novela de Massimo d’Azeglio Ettore Fieramosca (1833).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cerralleiro. Contratou en 1562 a realización das reixas de ferro situadas entre a porta do coro e a capela maior da catedral.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor portugués. Documentado entre 1515 e 1543, foi autor dos retablos da invención e exaltación da Santa Cruz en Coimbra (1522-1530) e de Ferreirim, onde colaborou con Gregorio Lopes e Christovão de Utreque (1533-1534).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Eclesiástico. Formado en Santiago de Compostela, exerceu coenxías en Salamanca e Mondoñedo e foi elixido membro do consello do Rei. Posteriormente marchou a Perú onde foi bispo de Guamanga e despois de Quito. Nomeado vicerrei de Perú e arcebispo de Santa Fe, renunciou a ambos os dous cargos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e avogado. Conde de Romanones. Membro do Partido Liberal, foi alcalde de Madrid (1894-1895, 1897-1899) e ministro de Instrución Pública (1901), Gobernación, Fomento e Gracia e Xustiza (1905-1906). En 1912 presidiu o congreso e exerceu a presidencia do Goberno nos períodos 1912-1913 e 1915-1917. Formou novamente goberno en 1919 e tivo que enfrontarse a axitacións obreiras e nacionalistas. Foi presidente do Senado cando tivo lugar o golpe de estado de Primo de Rivera e, trala caída deste, foi ministro de Estado con J. B. Aznar (1930) e defendeu a Afonso XIII nas Cortes Constituíntes de 1931. Fundou o Diario Universal e o Globo e escribiu Las últimas horas de una monarquía (1931) e Obras Completas (1955). Foi presidente do Ateneo, director da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Miguel de Figueiroa (Abegondo). Construída no s XII, ten planta cadrada e tres pisos e conserva as ameas. No 1621 reparouna Ares Pardo de Figueroa, cabaleiro da orde de Santiago. Na porta principal consérvanse os brasóns alusivos aos Figueroa. Mantén unha capela moderna cun retablo do s XVI. Declarárona Ben de Interese Cultural en 1994.
-
-
Relativo ou pertencente aos filactolemados.
-
Briozoo da clase dos filactolemados.
-
Clase de ectoproctos que presentan o lofóforo en forma de ferradura, provista de tentáculos. Forman colonias homomorfas que no caso dalgunhas especies teñen capacidade de movemento. O xénero máis representativo é Plumatella.
-
-
-
Corpo ou elemento filiforme.
-
Parte inferior do estame que sostén a antera.
-
Fío metálico moi fino e dunha elevada resistencia que se volve incandescente ao pasar a corrente eléctrica. Emprégase para producir luz nas lámpadas de incandescencia e para a emisión de electróns nos tubos electrónicos. O filamento, xeralmente de tungsteno, vai dentro dunha ampola de vidro na que se fai o baleiro ou que contén un gas inerte.
-
-
filamento mesentérico
Nome que se dá ao engrosamento que presentan os septos dos cnidarios antozoos na marxe libre da cavidade gastrovascular.
-
filamento urticante
Pequeno corpo filiforme dos cnidoblastos e cnidarios.
-
filamento mesentérico
-
Nube situada no límite entre a cromosfera e a coroa do Sol, que presenta un aspecto filamentoso. A súa densidade é superior á do seu contorno, pero a súa temperatura é inferior.
-
Cada un dos corpúsculos abrancazados, longos e finos, que se localizan nos ouriños dos enfermos de uretrite.
-
-
-
Que está composto de filamentos.
-
Que ten forma de filamento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que constitúe unha adaptación do nome francés Philibert, de orixe xermánica, composto por filu ‘moito’ e de berht ‘claro, ilustre, esplendoroso’. A grafía con ph débese á analoxía co radical de Philippe. Hai dous santos con este nome: un mártir toledano do s IV e mais un abade gascón do s VII. A súa festividade celébrase o 20 e 22 de agosto.
-
PERSOEIRO
Príncipe anxevino de Tarento (1294-1332?) e de Acaia (Filipe II; 1307-1313) e duque de Durazzo (1315-1352), fillo de Carlos II de Nápoles. Casou en 1313 con Catarina de Courtenay, polo que adquiriu o título de emperador titular de Constantinopla (1313-1332).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1179-1223), fillo de Luís VII e de Adela de Champagne. O seu reinado caracterizouse polos enfrontamentos constantes con Inglaterra, a súa participación na terceira cruzada (1191) e na cruzada contra os albixenses, e pola ampliación dos territorios do reino coas terras gañadas aos ingleses e aos condes de Flandres. Ademais, aumentou a autoridade real ao reducir o poder dos señores feudais, ao crear un consello asesor formado por membros da burguesía e ao reorganizar xudicial, financeira e administrativamente o goberno. Casou con Isabel de Hainaut, herdeira do condado de Artois e nai do seu herdeiro Luís VIII, e trala morte desta casou con Ingeborg de Dinamarca, de quen se divorciou, o que lle valeu o enfrontamento co Papa Inocencio III. Situou a capital do reino en París, onde fundou os Archives de France e construíu os primeiros edificios do Louvre.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Filipe III de Acaia.
-
PERSOEIRO
Historiador. Axudou a Dionisio o Vello a facerse co poder pero foi desterrado. Regresou no 367 a C, co goberno de Dionisio o Novo, e dirixiu a súa escuadra naval. Morreu durante a toma de Siracusa levada a cabo por Dión. Escribiu unha Historia de Sicilia.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo pitagórico, médico e astrónomo grego. Mestre de Demócrito e de Arquitas, desenvolveu un sistema cosmolóxico no que a Terra se movía polo espazo de igual xeito que os outros astros, sen ter un papel privilexiado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Defoliación total dunha planta para reducir ao mínimo a transpiración, como consecuencia dunha calor excesiva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato caracterizado polo feito de ter unha estrutura laminar. Na forma máis sinxela forma unha rede plana hexagonal de SiO4-4. Estas capas poden establecer entre elas, ou con outros grupos como as micas, enlaces por medio de catións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falecemento dunha persoa.