"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Degradación biolóxica de substancias para transformalas noutras máis simples, especialmente no caso da conversión de moléculas tóxicas en inocuas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • biocircuíto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está situado en dous planos.

    2. Liña na que se produce a intersección de dous planos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Avión coas ás dispostas paralelamente en dous planos, e unidas xeralmente por tirantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Realizadora cinematográfica inglesa. Triunfou nos festivais de Toronto e Edimburgo co seu primeiro filme titulado The Priest (Sacerdote, 1994), unha película na que se presentaban os problemas do sacerdocio católico ante a homosexualidade e os votos de castidade. En 1995 dirixiu Mad Love (Amor tolo), apoiada pola produtora Touchstone, e na que contaba coa interpretación de Drew Barrymore e Chris O´Donnell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Metalúrxico. Estudioso dos xacementos minerais e das técnicas mineiras e metalúrxicas, foi autor de Il modo di fondere, spartire e congiungere metalli (O modo de fundir, separar e mesturar metais) e Pyrotecnia (Pirotecnia). Está considerado, xunto con Georgius Agricola, como precursor da moderna mineraloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico noruegués. Profesor de Física na Universidade de Oslo, investigou o magnetismo terrestre e as auroras boreais e elaborou unha teoría cosmogónica. Conxuntamente con Eyde desenvolveu un procedemento de oxidación do nitróxeno atmosférico mediante arco voltaico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se designaba a Unión de Myanmar ata xuño de 1989, en que foi cambiado por esta última denominación oficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Myanmar ou á antiga Birmania, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Myanmar ou da antiga Birmania.

    3. Individuo do grupo étnico birmano, o máis numeroso de Myanmar.

    4. Grupo étnico maioritario de Myanmar, onde constitúe preto do 70% da poboación. Concéntranse nos vales dos ríos Irauadi e Chindwin, na costa de Tenasserim sobre o mar de Andaman, e xunto ao golfo de Bengala, na costa de Arakan. Son de etnia mongólica e proveñen dunha zona situada ao norte da rexión onde se atopan na actualidade. A economía depende do cultivo do algodón, tabaco e arroz con arado, e da artesanía do tecido e do coiro. Habitan poboados sobre plataformas e fortificados. De relixión budista, teñen a súa manifestación artística máis destacada no pwe, un espectáculo de danza e música. Dominan o goberno e as institucións políticas da Unión de Myanmar en detrimento doutras minorías étnicas (chan, karen, kachin, mon, etc).

      1. Grupo de linguas da familia sino-tibetana que se inclúe dentro do grupo tibeto-birmano no que tamén se inclúen outras linguas como o katxin e o kuki.

      2. Lingua do grupo homónimo falada polos birmanos e empregada, ademais, como segunda lingua por outros pobos de Myanmar, onde é lingua oficial. É unha das linguas máis faladas do mundo, emprégana para comunicarse uns 28.000.000 de falantes. O primeiro texto escrito con caracteres pali data de mediados do s XI. Estendeuse como lingua relixiosa e de cultura coa penetración do Budismo procedente da India.

    5. Arte desenvolvida polo pobo birmano. Estivo moi influída pola arte india, especialmente o pāla bengalí. Os templos máis importantes do país datan dos ss IX-XIII, e foron construídos fundamentalmente a partir do reinado de Amiruddha (1044-1077). Destacan as construcións da cidade de Pagan e o templo de Ananda (1082-1090), edificado en tempos do rei Kyanzittha (1084-1112). As antigas tradicións artísticas perviven na refinada arquitectura de madeira de Mandalay (s XIX). Na construción dos stupa e dos pagodes birmanos empregábase o ladrillo cocido e estaban decorados con revestimentos de terracota ou de baldosa. Os stupa teñen a planta circular e semellan, en moitas ocasións, campanarios. Os pagodes, de base cadrada ou cruciforme, son simples e sen adicións. A escultura maniféstase na elaboración de tallas de madeira. Destaca a pintura mural aplicada á decoración dos templos mostra da complexidade de estilo e das tradicións características da arte birmana.

    6. Literatura escrita en lingua birmana. No s VI xurdiu nos mosteiros unha tradición literaria en lingua pali, de inspiración india, influída polo Budismo. Do s XII datan as primeiras inscricións sobre pedra, a máis antiga das cales é a de Myazedi (1113). No s XV apareceu a escritura sobre folla de palmeira ou sobre papel, e creouse unha tradición literaria en idioma birmano que acadou un alto dominio da lingua en diversos xéneros literarios. Destacan os xéneros en verso, rexidos por regras moi complexas. A prosa reduciuse, practicamente, a traducións e adaptacións das escrituras búdicas e a crónicas e disposicións legais dos monarcas. Coa introdución da imprenta, cara a 1870, a literatura chegou a un público máis amplo. Por isto os xéneros literarios máis cultivados serían a novela, o conto, o ensaio e o teatro. No s XX, prodúcese unha maior aproximación da literatura birmana á occidental, como consecuencia da tradución e adaptación de obras da literatura occidental e da fundación da Universidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ autónoma dos Hebreos, en Siberia, Rusia (83.667 [1995]). Situada na chaira de inundación do río Amur, nunha encrucillada do ferrocarril transiberiano, conta cun centro manufactureiro relacionado con Khabarovsk. O nome designa tamén o territorio da oblast’ autónoma dos Hebreos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ernesto Xoán I de Curlandia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Foi administrador do departamento dos Pireneos Orientais e deputado da Convención (1792). Loitou contra os excesos da represión e o monopolio político de París. Desterrado e preso, conseguiu escapar e intentou organizar unha sublevación desde Lyon. Capturado cerca de Bordeos, morreu guillotinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten dous águlos rectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico arxentino. É autor de numerosas curtametraxes como Selinunte (1951) e Buenos Días, Buenos Aires (1960). Tamén dirixiu algunhas longametraxes nas que denuncia fundamentalmente a realidade e os problemas sociais. Estivo exiliado en Italia durante algúns anos por motivos políticos. Entre os seus filmes destacan: Los inundados (1961), Rafael Alberti, un retrato del poeta (1983), Mi hijo el Che (1985) e Un señor muy viejo con unas alas enormes (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio acoutado polos ríos Eume e Xubia, situado entre as rías de Betanzos-Ares e Ferrol. Na documentación contida nos tombos de Sobrado dos Monxes e Caaveiro atéstase coas variantes Bisancos, Bisaquis, Besoucos ou Besaucos (actualmente Bezoucos). Nestes dominios, os documentos medievais amosan a existencia de dous antigos mosteiros baixo a advocación de san Vicenzo, situados un no lugar de San Vicenzo de Caamouco e outro en San Vicenzo de Meá. Probablemente, estes textos aludan maioritariamente ao primeiro deles, por ser o de Caamouco o que máis importancia histórica tivo durante os ss X-XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que acontece ou se fai dúas veces por semana ou cada dúas semanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Círculo de cor castaña avermellada que pode verse en certas ocasións, co ceo claro, arredor do Sol, situado a unha distancia de entre 10° e 20° de separación do astro. Atribúese a un efecto de difracción producido polo po volcánico en suspensión nas zonas altas da atmosfera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Monterroso. Datada no primeiro cuarto do s XIII, o primitivo románico sufriu certas modificacións que afectaron especialmente á cabeceira. A nave recibe luz por medio de ventás de medio punto e derramamento interior. Polo exterior, os canzorros son froito das reformas. Destaca a portada occidental, que remata cun lintel de extremos graduais, sostido por sinxelos ángulos entrantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palacio da época sirohitita, con engadidos posteriores. Presenta un pórtico aberto, cun número impar de columnas que soportan o teito da sala do trono de planta rectangular coa fronte máis longa paralela á fachada. Estaba construído sobre unha terraza á que se accedía por medio dunha escalinata.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise dunha liña ou superficie que ten dous puntos de tanxencia coa liña ou superficie respecto á que é tanxente.

    2. Dúas curvas que teñen dous puntos nos que son tanxentes mutuamente.

    VER O DETALLE DO TERMO