Bird, Antonia
Bird, Antonia
Realizadora cinematográfica inglesa. Triunfou nos festivais de Toronto e Edimburgo co seu primeiro filme titulado The Priest (Sacerdote, 1994), unha película na que se presentaban os problemas do sacerdocio católico ante a homosexualidade e os votos de castidade. En 1995 dirixiu Mad Love (Amor tolo), apoiada pola produtora Touchstone, e na que contaba coa interpretación de Drew Barrymore e Chris O´Donnell.