"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Físico. Interesouse polo estudo das propiedades magnéticas da materia. En 1935 deseñou un electroimán capaz de subministrar campos magnéticos intensos, denominado bobina ou solenoide de Bitter, formado ao intercalar un helicoide plano de cobre con outro feito dun material illante e mais outro que leve unha rañura axial para a refrixeración do conxunto. Ideou un método, o das figuras de Bitter, para demostrar os dominios dun material ferromagnético, que consiste en esparexer limaduras de ferro sobre a superficie puída do electroimán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor camerunés residente en Francia, coñecido co pseudónimo de Mongo Beti. Publicou Ville Cruelle (Vila cruel, 1954) co pseudónimo Eza Boto. Entre as súas novelas sobre a vida en Camerún durante a etapa colonial destacan Le pauvre Christ de Bomba (O pobre Cristo de Bomba, 1956), Mision terminée (Misión rematada, 1957) e Roi miraculé (O Rei curado milagrosamente, 1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Antiga cidade situada na zona europea do Bósforo, na costa norte. Foi unha colonia grega fundada polos colonos de Megara no s VII a C. Ocupaba parte do emprazamento da actual cidade de Istambul. O seu porto, situado entre o Mar Negro e o Mar Mediterráneo, e coñecido polo nome de corno de ouro, converteu a cidade nun centro comercial e estratéxico de grande importancia. A principios do s V a C foi destruída por Darío I. O espartano Pausanias reconstruíuna no 479 a C, abrindo unha época de disputas entre Esparta e Atenas polo dominio da cidade. No 409 a C Alcibíades tomou a cidade, pero catro anos despois os espartanos, baixo a dirección de Lisandro, expulsaron os atenienses. Non obstante , no 390 a C, a cidade caeu de novo baixo o dominio ateniense. No 357 a C, aliada da satrapía persa de Caría e das illas gregas de Khíos, Rodas e Kos, acadou a súa independencia. A cidade recoñeceu a soberanía de Macedonia baixo o goberno de Alexandre Magno pero recuperou a súa independencia no...

    2. Nome co que se coñece tamén o Imperio Bizantino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fillo de Posidón e fundador de Bizancio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de bizantino.

    2. Inclinación polas discusións excesivas de detalles que non teñen resultados prácticos.

    3. Dexeneración na arte por exceso de adornos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialista en estudios relativos a Bizancio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rama de estudios sobre temas de historia, lingua, arqueoloxía, etc, bizantina.

    2. Filoloxía bizantina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cidade de Bizancio ou ao Imperio Bizantino.

    2. Natural ou habitante da cidade de Bizancio ou do Imperio Bizantino.

    3. Aplícase ás discusión que son moi sutís ou minuciosas ata a esaxeración e, normalmente, baleiras de contido.

    4. Arte desenvolvida no Imperio Bizantino entre os ss IV e XV, aínda que a súa influencia se manifesta no mundo balcánico e eslavo ata o s XVIII. A súa evolución histórica está marcada polos acontecementos político-relixiosos: por unha banda, as loitas entre iconoclastas e iconódulos, e o enfrontamento entre as igrexas grega e romana; por outra, as continuas guerras que mantiveron, fundamentalmente contra os árabes. Na súa concepción recibiu a influencia das artes romana, grega e oriental. O factor relixioso, moi presente en todas as manifestacións culturais, dirixe tamén a arte. O artista non tivo unha importancia como tal, foi un funcionario máis ao servizo de Deus e do Imperio. Traballaba con prototipos iconográficos cos que se pretendía acadar a perfección, necesaria para alcanzar a salvación. As características propias da arte bizantina fixáronse en tempos de Xustiniano I, ata ese momento desenvolveuse unha arte continuadora das tradicións romanas e paleocristiás. Formalmente se dividen...

    5. Movemento ideolóxico que se desenvolveu desde o s VI ao XV dentro do ámbito de influencia do Imperio Bizantino, caracterizado sobre todo pola incorporación da filosofía grega ao Cristianismo. Presenta unha fisionomía propia, na que destacan os aspectos seguintes: unha filosofía orientada orixinariamente á relixión, implicada nas loitas teolóxicas e con predominio dun misticismo espiritual que favoreceu a incorporación do Neoplatonismo ao Cristianismo, coa influencia do pseudo-Dionisio e a difusión que fixo Máximo o Confesor; predominio da intuición metafísica profunda tendente a captar a unidade do mundo e o lugar que o home ocupa na orde universal; certa tendencia ao formalismo retórico, lingüístico e interpretativo; e referencia constante ao pensamento grego antigo, que se move entre a tendencia aristotélica e platónica. Pódese dividir a historia do pensamento bizantino en catro períodos. Nos ss VI-VII unha primeira época na que se acudiu ao Platonismo para explicar e desenvolver...

    6. Nome dado ao período medieval da literatura grega que abarca desde o reinado de Xustiniano (527) ata a caída de Constantinopla (1453). Pódese incluír tamén a literatura patrística do período anterior, especialmente a do século de ouro desa corrente (ss IV-V). Nela destacan os alexandrinos Atanasio e Cirilo de Alexandría; os capadocios Basilio o Grande, Gregorio de Nacianzo e Gregorio de Nisa; os antioquenses e palestinos Cirilo de Xerusalén, Diodoro de Tarso, Epifanio de Salamina, Xoán Crisóstomo, Teodoro de Mopsuesto, Proclo de Constantinopla e Teodoreto de Ciro. Adóitase dividir a literatura propiamente bizantina en catro períodos. No primeiro, desde Xustiniano a Heraclio (527-641), destacan os himnógrafos de orixe siríaca ou palestina, especialmente Romano o Méloda, así como o himno anónimo Acatista, talvez obra do mesmo autor. Os principais escritos teolóxicos pertencen a Máximo o Confesor, Leoncio de Bizancio (s VI) e Xoán Clímaco. No campo...

    7. Repertorio musical, profano e relixioso, sobre textos gregos, creado no Imperio Bizantino. O canto bizantino recibiu unha influencia importante da tradición musical litúrxica siríaca e palestina. Ademais dos salmos ou doutros textos bíblicos, as pezas de canto de composición eclesiástica e forma himnódica foron o sticherarion, o kontakion e o kanon. A música bizantina é vocal. Só modernamente, por influencia occidental, foi introducida a polifonía. En territorio eslavo, a música bizantina, inicialmente tamén monódica, seguiu un camiño propio. A música bizantina estúdiase en diversos centros de Grecia e no mosteiro de Grottaferrata, preto de Roma. Entre as publicacións científicas de música bizantina cómpre destacar os Monumenta Musicae Byzantinae, iniciados en 1931 en Copenhaguen.

    8. Termo que designa a novela de aventuras, viaxes e perigos que ten as súas orixes na literatura grega. Entre os cultivadores deste tipo de relato cóntanse Heliodoro de Emesa (Teáxenes e Cariclea, s IV d C); Aquiles Tacio (Aventuras de Leucipa e Clitofonte, s II d C); Caritón de Afrodisia (Aventuras de Quéreas e Calírroe, s I d C); e Longo de Lesbos (Dafnis e Cloe, ss II-III d C), entre outros. A novela bizantina presenta un mesmo esquema estrutural e argumental: un rapaz e unha rapaza en idade de casar, de orixe descoñecida e posuidores dunha beleza extraordinaria, atópanse inesperadamente e xorde entre os dous unha paixón recíproca e irresistible. Non obstante , os seus desexos non poden cumprirse decontado e aparecen atrancos que os atrasan ou impiden. Os namorados vense obrigados a separarse e hai sucesivos encontros e desencontros. Os obstáculos que máis adoitan aparecer son o rapto da moza antes da voda, o desacordo dos pais, a fuxida dos namorados,...

    9. Forma de celebración cultural propia da Igrexa de Constantinopla e outras relacionadas con ela. O rito bizantino actual é o resultado da fusión dos elementos constantinopolitanos (Typikón da Gran Igrexa) e dos elementos palestinos, procedentes, sobre todo, da laura de San Saba, preto de Xerusalén (Typikón de San Saba). A lingua orixinal do rito bizantino era o grego, pero foi adoptando as linguas dos países polos que se espallou.

    10. No pequeno xardín que rodea o flanco dereito da catedral de Santa Sofía, en Constantinopla, é posible admirar unha pequena e fermosa columna na que destaca a careta, enorme e grotesca, dun cómico. Unha reliquia que amosa a importancia da tradición teatral no Imperio Romano de Oriente, herdeira, en definitiva, do teatro grego e latino. Unha tradición que, por outra banda, presenta unha sorprendente variedade pois, cabo das representacións dos clásicos gregos que perduraron, nun lento e progresivo proceso de degradación, en moitos dos teatros da Asia Menor, haberá que sumar as realizadas por mimos e por outros variados actores dos que dan conta san Xoán Crisóstomo ou san Gregorio de Nisa, ou os espectáculos que se presentaban en pazos e noutros lugares públicos, tal e como mostran os baixorrelevos da Catedral de Santa Sofía de Kiev. A pesar das múltiples e permanentes prohibicións, entre as que se poden contar as do Emperador Anastasio I, Xustiniano, casado coa célebre actriz Teodora, e Teodosio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Parte oriental do Imperio romano que sobreviviu á caída do Imperio de Occidente. Recibiu este nome en lembranza do antigo nome da capital, Bizancio. Foi chamado tamén Romania polos pobos cristiáns e Imperio dos Romanos polos gregos. A súa orixe está na cidade de Bizancio no 330 en Constantinopla. Constituíuse na parte oriental do Imperio Romano no 395 trala división do Imperio de Teodosio, que se converteu e mantívose trala caída do Imperio occidental cando no 476 Odoacro, Emperador de Occidente, enviou as insignias imperiais a Zenón, asumindo este a dignidade imperial romana. No 1453 Constantinopla foi conquistada polos turcos pero mantívose o Imperio de Trebisonda ata 1461. O Imperio estendíase polos actuais países que forman a Península Balcánica, Turquía occidental, Siria, Xordania, Israel, Líbano, Chipre, norte de Exipto e zona oriental de Libia. A capital do Imperio estaba situada no eixe de diversas vías comerciais: das vías marítimas procedentes do Ponto Euxino, dos Dardanelos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da wilāya de Bizerta, Tunisia, na costa mediterránea, á entrada do canal que comunica o Mediterráneo co lago de Bizerta (94.509 h [1984]). É un importante porto pesqueiro e comercial, o que favoreceu a localización nel de numerosas industrias que se estableceron alí, entre elas, destacan as de fabricación de cementos e pneumáticos, e a refinería de petróleo. O primitivo emprazamento da cidade foi a colonia de Hippo Diarrhytus, fundada polos fenicios no s IX a C. Logo pasou a mans dos romanos (s II a C), dos vándalos (s V) e dos árabes (s VII). Desde 1535 ata 1572 púxose baixo o protectorado de Carlos V e de Filipe II. Foi ocupada polos franceses en 1881. Trala independencia de Tunisia (1956), Bizerta quedou ocupada polas tropas francesas ata 1963, ano no que foi devolta a Tunisia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos da familia das biercanderáceas que producen cogomelos de ata 10 cm de lonxitude, semicirculares, sen pé, de cores castañas en bandas concéntricas, e cunha cutícula aveludada. A cara inferior, que presenta uns poros arredondados e moi pequenos, é de cor gris e tórnase castaña ao ser presionada. En Galicia é común a especie B. adusta, que vive sobre a madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Profesor na Universidade e na Escola de Enxeñeiros de Oslo, destacou polos seus traballos sobre hidrodinámica. A súa obra Remarques historiques sur la théorie d’un ou plusieurs corps, de formes constantes ou variables, dans un fluide incompressible (Observacións históricas sobre a teoría dun ou moitos corpos, de formas constantes ou variables, nun fluído incomprensible, 1875), valeulle o ingreso na Académie des Sciences de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e meteorólogo, fillo de Carl Anton Bjerknes. Profesor da Universidade de Estocolmo, aplicou a hidrodinámica e a termodinámica aos movementos a grande escala da atmosfera. Creou, en colaboración co seu fillo Jacob Aall Bonnevie Bjerknes, o actual método de previsión do tempo baseado na teoría da fronte polar. Foi tamén profesor das universidades de Oslo e de Leipzig, e director do departamento de Meteoroloxía do Instituto Xeofísico de Bergen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e poeta noruegués. Co seu drama histórico Magnus Barfold Snner (Os fillos de Magnus o Descalzo, 1829) introduciu o teatro romántico en Noruega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico, fillo de Niels Bjerrum, profesor da Universidade de Copenhaguen. Introduciu métodos orixinais na investigación dos equilibrios químicos en solución, que influíron moito no avance da química da coordinación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico e teatral. Foi coñecido internacionalmente grazas a numerosas interpretacións en películas de Ingmar Bergman.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo holandés. Estudiou con Tycho Brahe e especializouse na construción de mapas e instrumentos matemáticos. En 1596 estableceuse en Amsterdam. En 1606 publicou un mapamundi e en 1619 o seu primeiro atlas, Theatrum mundi (Teatro do mundo). Ademais, cómpre destacar as súas obras Zeespiegel (1627) e o Novus Atlas (Novo Atlas, 1634). O seu fillo Jan Blaeu continuou a súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e filósofo romanés. Escribiu numerosas obras filosóficas continuadoras do pensamento idealista alemán, como a titulada Censura transcendentă (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Estudiou Dereito no Saint John’s College de Oxford. Especializado en dereito sindical, comezou a carreira de avogado en 1976 e abandonouna en 1983 ao ser elixido parlamentario do Partido Laborista por Sedgefield. Foi voceiro da oposición nos departamentos do Tesouro e de Economía (1984-1987), Industria (1987-1988), Enerxía (1988), Traballo e Industria (1989-1992) e Interior (1992). En 1994 foi elixido presidente do Partido Laborista e acadou a xefatura do goberno en 1997. Levou a cabo unha política de descentralización rexional coa celebración de sendos referendos en Escocia e Gales (1997) encamiñados á creación dos seus respectivos parlamentos. O 10 de abril de 1998 asinou o Acordo de Stormont, no que se deseñaba unha solución pacífica ao conflito de Irlanda do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo. Dirixiu a estación experimental da fundación Carnegie en Cold Spring Harbor (Nova York, 1936-1940) e a de Xenética do Smith College en Northampton a partir de 1943. Descubriu a fotoperiodicidade e o efecto da colquicina na obtención experimental de poliploides.

    VER O DETALLE DO TERMO