"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Da súa produción destacan Miranda (1847), Valsolda (1876), Malombra (1881), Daniele Cortis (1885), Fedele ed altri racconti (1887), Picolo mondo antico (1895), Il santo (1905) e Leila (1911), estas dúas últimas foron prohibidas pola Igrexa que o condenou por difundir o movemento modernista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Dirixiu a revista L’Atlàntida e o semanario La Tralla, desde onde lanzou campañas nacionalistas que o forzaron a exiliarse en Francia (1905-1908). Da súa produción destaca Aigua avall (1907), Aventures extraordinàries d’en Massagran (1910), Els pastorets (1916) e La Ventafocs (1920).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á orde dos folidotos.

    2. Mamífero da orde dos folidotos.

    3. Orde dos mamíferos que abarca a familia dos mánidos á que pertencen os pangolíns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bráctea que recobre a espiga do millo.

    2. Póla nova pequena e delgada con follas que bota unha planta, especialmente a vide.

    3. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘paraugas’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘dormitorio’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obra impresa cun mínimo de catro páxinas e que non supera normalmente as cincuenta.

    2. Impreso de poucas follas que ten unha finalidade informativa ou propagandística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Pertencente ao grupo poético Viernes, a súa poesía está impregnada de crioulismo. Publicou Virajes (1931) e Las torres desprevenidas (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de fomentar.

    2. Cada unha das preparacións tópicas, distintas dun ungüento ou dun emplasto, que se aplican sobre a pel en quente e durante moito tempo. Preténdese, a miúdo, obter un efecto analxésico ou resolutivo.

    3. Acción administrativa que ten a finalidade de protexer ou promover determinadas actividades dos particulares que pola súa natureza ou finalidade contribúen directamente á satisfacción do interese publico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter económico aparecida na Coruña en 1890.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico bisemanal editado a partir de 1849 na Coruña. Fundado por Fernando Rubine e Faustino Domínguez, a través dos seus artigos tentaba revitalizar o sector pesqueiro en Galicia. Incluíu revistas de mercados europeos e americanos, e novas xerais e locais. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Domingo Puga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en decembro de 1857 na Coruña e subtitulada “Periódico destinado exclusivamente al desarrollo de los intereses materiales del país”. Editado e impreso nos obradoiros tipográficos de Xoán Rey Romero, da súa redacción encargábase Federico Martínez de la Riva. Ademais da información económica e de sociedade, incluíu algunhas composicións poéticas en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual editada en Bos Aires a partir do 15 de agosto de 1909 como “Órgano de la sociedad Pro Escuela en Bandeira”. Cesou probablemente a súa edición en 1913. Dirixírona J. M. López e Antonio S. Freán. Incluíu, ademais de información societaria, novas sobre Galicia, artigos e colaboracións literarias. O 5 de febreiro de 1913 apareceu o xornal Lux que pretendía ser o seu continuador. No ano 2002, Ir Indo Edicións publicou unha edición facsimilar de ambos os dous xornais, coordinada por Xosé Manuel Ma-lheiro e acompañada dun estudo preliminar no que se analiza a situación educativa en Galicia a principios do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado en Ordes a partir de 1878. De tendencia republicana e anticlerical, nos seus artigos enfrontouse ao cardeal Payá Rico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da beira oriental da ría do Barqueiro, no litoral occidental da parroquia e concello do Vicedo, situada ao S da punta da Ínsua e ao N da punta Castelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de financiamento que o goberno español emprega para axudar a aquelas rexións menos avanzadas. O diñeiro pertence aos orzamentos do Estado (hai un 35% de investimento público) e aplícase por medio das diferentes comunidades autónomas, excluídas as de maior renda por habitante. Regúlase pola Lei de Financiamento das Comunidades Autónomas (LOFCA) e pola Lei 29/1990 do Fondo de Compensación Interterritorial e a súa configuración estableceuse polo Acordo de Política Fiscal e Financeira (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, que ten por obxecto facer fronte ás situacións de crise nas entidades de depósito. Ao seu patrimonio contribúen o Banco de España e a banca privada co fin de garantirlles aos depositarios e contacorrentistas o importe, ata unha determinada cantidade, dos depósitos constituídos nos establecementos dos bancos adheridos ao sistema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo comunitario de cooperación financeira creado polo Tratado de Roma (1957) para axudar os países en vías de desenvolvemento mediante subvencións e préstamos especiais. Está administrado pola Comisión que responde da súa xestión ante o Parlamento e o Consello comunitarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fondo estrutural comunitario que se creou en 1975 para corrixir os desequilibrios rexionais existentes entre as diversas zonas da comunidade, como o predomino agrario, os cambios industriais ou o subemprego. Actuou sobre todo para reconverter as rexións máis atrasadas e zonas industriais en declive.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é capaz de transformar os sinais rexistrados no suco dun disco fonográfico en sinais eléctricos correspondentes ao son a reproducir.

    2. cápsula fonocaptora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Formouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid e exerceu como arquitecto e xefe da sección de arquitectura da Deputación de Ourense. Das súas obras destacan a granxa-escola da Deputación de Ourense e os traballos de rehabilitación e restauración do Teatro Principal de Ourense, da Casa da Xuventude da Rúa de Petín, do mosteiro de San Pedro de Rochas e a restauración do claustro novo do mosteiro de San Salvador de Celanova, que recibiu a medalla Europa Nostra en 1983. Colaborou na revista Obradoiro.

    VER O DETALLE DO TERMO