"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Girona, Catalunya, situado no treito do litoral mediterráneo que recibe a denominación turística de Costa Brava (27.713 h [1996]). A súa economía, tradicionalmente baseada no sector primario, e máis en concreto na agricultura e na pesca, experimentou na segunda metade do s XX unha transformación cara a unha especialización turística, debido á explotación dos seus recursos naturais, principalmente as praias. Dende finais do s XIX adoptou un carácter de residencia estival para as familias burguesas de Barcelona e doutras cidades catalanas. O desenvolvemento deste sector turístico contribuíu a que a súa poboación medrase máis dun 560% dende 1920. O seu porto, que foi un activo centro de comercio con América, reconverteuse cara ás actividades deportivas náuticas. A igrexa de Santa María, mencionada xa no 974 como posesión monacal, pasou no 1058 ao bispado de Girona. No 1319 converteuse en parroquia. O castelo de Blanes pertencía aos vizcondes de Girona, subinfeudado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor uruguaio. Estudiou en Madrid e París. Inclinouse cara ao Impresionismo e á tradición francesa. En 1910 recibiu a medalla de ouro da exposición do centenario da independencia de Bos Aires. Residiu en París, Mallorca e Montevideo, onde desenvolveu labores docentes. Entre as súas obras destaca La preferida e Cataratas del Iguazú.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor uruguaio. Autor de escenas históricas, alegóricas e anecdóticas. Son interesantes as súas visións gauchescas, realistas e de espírito plein air. Son obras súas o Retrato de Solano López e o Bombardeo de Paysandú.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta. Foi mellor marca mundial de velocidade, valos, testemuño, salto de altura e lonxitude. Nos Xogos Olímpicos de Londres (1948) gañou catro medallas de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor francés. Fundou en 1851 o primeiro taller de tirada de probas fotográficas en bloque, método que utilizou despois para traballos editoriais. Perfeccionou o proceso de calotipia e introduciu o papel positivo tratado con albumina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘leite’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘leitería’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros e dos canteiros que corresponde á voz ‘branco’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista librecambista. Foi profesor de Historia Económica en París. Entre as súas obras destaca Histoire de l’économie politique en Europe depuis les anciens jusqu’à nos jours (Historia da economía política en Europa desde a Antigüidade ata os nosos días, 1837-1845), primeiro intento sistemático de elaborar unha historia da economía política. Foi o primeiro director do Journal des economistes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario e teórico socialista. En 1839 dirixiu unha insurrección que fracasou e foi encarcerado. Liberado en 1848, participou na revolución dese ano como dirixente da Société Républicaine Centrale, polo que foi encarcerado de novo ata 1859, exiliándose en Bélxica en 1864. Volveu a París durante a guerra franco-prusiana (1870), onde fundou o xornal La Patrie en Danger e promoveu, sen éxito, un golpe de estado. Condenado a cadea perpetua, non puido participar na Comuna (1871), obra en gran parte dos seus seguidores. Trala amnistía de 1879 fundou o periódico Ni Dieu ni Maître e escribiu un tratado sobre economía política, La Critique Sociale (A Crítica Social, 1885). Moi influído polas ideas de Babeuf e dos carbonarios, concibía a acción revolucionaria máis como obra técnica dunha minoría que como unha obra política das masas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe oriúnda de Francia que se estableceu en Vigo. As súas armas levan, en campo de prata sementado de armiños de sable, un león da mesma cor, cunha estrela radiante de ouro sobre a cabeza; como soportes, un león de sable e un tigre, da súa cor, encadeados e acolarados de ouro; finalmente, leva como divisa: “Tiens à la verité”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘prata’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘pratería’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘pratear’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘prateiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina política seguida polos partidarios de Louis-Auguste Blanqui. Ao igual que Marx, consideraba o cambio social como unha cuestión de loita de clases, pero rexeitaba a idea dun partido de masas e as predicións posrevolucionarias dos marxistas e socialistas utópicos. Confiaba, fundamentalmente, na eficacia dun grupo político reducido, disciplinado e armado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Contrabaixista. Deu ao contrabaixo unha nova personalidade dentro do mundo do jazz elevándoo á categoría dos outros instrumentos. Tocou con Duke Ellington de 1939 a 1941.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do distrito de Blantyre e da rexión meridional, Malawi, sobre o val do río Shire (446.800 h [1994]). É o núcleo industrial principal do país, onde están activas industrias químicas, téxtiles, cementeiras, tabaqueiras e cervexeiras. É ademais un importante centro comercial e posúe, en Chileka, un dos principais aeroportos do país. En 1956 uníronse as cidades de Blantyre e Limbe (Blantyre-Limbe) e no ano 1966 adoptaron defitivamente o nome de Blantyre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Malawi (2.012 km 2; 588.300 h [1990]). A capital é Blantyre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles da familia dos anfisbénidos ao que pertence o escáncer cego.

    VER O DETALLE DO TERMO