"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Médico. Estudiou nas universidades de Berlín e Mainz. Traballou nos hospitais de Dresde e Düsseldorf. Dedicouse primeiramente ao estudo da cardioloxía e máis tarde ao estudo da uroloxía. Desenvolveu unha técnica para a exploración do corazón, a cateterización cardíaca, que consiste en introducir un catéter por unha vea do codo e desprazalo ata o corazón. En 1956 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, que compartiu con D. W. Richards e A. F. Cournand, polo desenvolvemento de novas técnicas para o estudo das enfermidades do corazón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de fortalecer ou fortalecerse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de arquitectura. Foi autor da reconstrución da ponte romana de Cerdedo ou de Santo Antón (1656-1657).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que sucede por mor da casualidade, sen que ninguén o espere.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta latino e haxiógrafo. Intercedeu por el san Martiño de Tours cando estaba a piques de morrer; en recompensa, peregrinou á súa tumba. En 597 foi elixido bispo de Poitiers, e morreu pouco despois. A súa festividade celébrase o 21 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que ten a súa orixe no latín Fortunatus, cognome romano moi frecuente derivado do adxectivo fortunatus ‘afortunado’ e este, á súa vez, do substantivo fortūna ‘fortuna, sorte’. San Fortunato (540-600), bispo de Poitiers, foi poeta e haxiógrafo, e celébrase o 21 de febreiro; e santa Fortunata, virxe e mártir, o 14 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de forzar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal ou éster do ácido fosfórico (H3PO4). Os fosfatos empréganse moito na obtención do ácido fosfórico, de fertilizantes e de superfosfatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal ou éster do ácido fosforoso, de fórmula H3PO3. Os fosfitos alcalinos empréganse como redutores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. fotografía.

    2. Fotografía que se fai nas carreiras de atletismo, ciclistas ou de cabalos cando chegan os participantes á meta e que serve para determinar con exactitude a orde de chegada.

    3. Imaxe que se obtén durante a rodaxe dunha película cinematográfica que, posteriormente, servirá para a súa publicidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se utiliza na formación de palabras co significado de ‘luz’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo electrónico formado por un díodo fotoemisivo e un fotodíodo, que se sitúan un en fronte do outro de maneira que este último se excita ao recibir os fotóns que proveñen do outro. Ás veces existe un fototransistor ou un fototiristor, para obter amplificación. Conséguese un axuste óptico entre dous circuítos cun illamento eléctrico total.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exposición fotográfica que se celebra en Vigo dende o ano 1984, organizada polo Centro de Estudos Fotográficos e dirixida por Manuel Sendón Trillo, Xosé Luís Suárez Canal e Vítor Vaqueiro Foxo, -este último ata 1987-, que conta co patrocinio do Concello de Vigo. Entre os seus obxectivos figuran conformar un espazo de recuperación da fotografía histórica, dinamizar a fotografía galega, dar unha oportunidade a novos talentos e ofrecer unha pluralidade de imaxes sobre Vigo dende as perspectivas dos diferentes fotógrafos convidados. Divídese nas seccións: “Fotografía histórica”, “Vigovisións” e “Novas creacións”, e acompáñase de diversos ciclos de conferencias e bolsas de formación. Ao longo das súas diferentes convocatorias, a Fotobienal conseguiu reunir os fotógrafos máis destacados de Galicia e de todo o mundo. Na súa IX edición (2002) pasou a integrarse dentro da programación do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de catálise química que se produce por efecto da luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Superficie fotosensible que emite electróns cando se expón á luz ou a outra radiación semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo fotosensible electrónico de estado sólido que ten unha característica tensión-corrente que é función da radiación incidente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método terapéutico que se basea na produción de coagulacións localizadas nos tecidos pola conversión en calor dun feixe luminoso, procedente dunha lámpada de xenon ou de argon ou dun láser, sobre unha área moi reducida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Absorciómetro que mide fotoelectricamente a intensidade luminosa que transmite unha solución, xeralmente por comparación coa que transmite unha solución patrón ou o disolvente puro. Existen instrumentos dun só feixe luminoso, cos que se ten que facer dúas medicións sucesivas para poder efectuar a comparación, e de dous feixes, que efectúan simultaneamente as dúas medicións. Os fotocolorímetros son aptos para a análise cuantitativa das substancias que presentan bandas de absorción amplas na zona visible ou ultravioleta próxima, como complexos metálicos, anións coloreados ou algúns compostos orgánicos, e non son aptos para a análise cualitativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina que se emprega na fotocomposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento para compoñer textos que posteriormente se imprimirán con procedementos fotográficos. As primeiras unidades de composición apareceron durante os anos cincuenta e sesenta e consistían nun teclado, que rexistraba sobre unha cinta perforada ou un disco magnético as secuencias do texto e as instrucións de composición gráfica; nun ordenador, que xustificaba cada liña; e nunha unidade fotográfica composta por un disco ou tambor xiratorio sobre o que estaban en negativo inscritos todos os caracteres dunha familia gráfica, que, dun en un, e segundo a secuencia na que foran rexistrados, ao seren iluminados por un flash sincronizado por un procedemento estroboscópico, impresionaban unha superficie fotosensible (película ou papel). A partir dos anos setenta, os avances en electrónica permitiron substituír os xogos de caracteres pola súa codificación en forma dixital, de xeito que o texto introducido mediante un teclado da terminal do ordenador trátase informaticamente e rexístrase...

    VER O DETALLE DO TERMO