"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Efecto fotoeléctrico interno dun sólido ou dun líquido. Caracterízase pola variación da resistividade do corpo cando se expón a unha radiación electromagnética. Tamén recibe o nome de efecto fotocondutor.
-
-
Propiedade dun fotocondutor.
-
Aumento da condutividade eléctrica de certos semicondutores por fotoexcitación.
-
-
-
Que conduce a corrente eléctrica cando se expón á luz.
-
fotocondución.
-
-
-
Procedemento de copia baseado en métodos fotográficos ou electrofotográficos. Esta copia baséase no revelado instantáneo dun negativo que está recuberto de cloruro de prata, e que está en contacto directo cun soporte (positivo) recuberto de prata coloidal. Ao se estender o cloruro de prata sobre o soporte, prodúcese unha imaxe positiva. A xerografía substituíu actualmente este sistema.
-
Copia que se obtén polo sistema de fotocopia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que fotocopia.
-
-
Máquina que se emprega para facer fotocopias.
-
Impresora que realiza as fotocopias por láser.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reproducir algo mediante fotocopia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fai fotocopias.
-
-
Sistema de impresión en cores que utiliza os clixés correspondentes ás tres cores básicas e á cor negra.
-
Procedemento fotográfico que se emprega para reproducir os obxectos coas súas cores naturais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de microfotómetro que se emprega para medir a densidade óptica ou absorbancia de zonas pequenas en materiais transparentes, translúcidos ou reflectores, como son as liñas ennegrecidas da película fotográfica obtida por espectografía de emisión ou as manchas coloreadas sobre papel ou outros materiais obtidas na cromatografía ou na electroforese.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera alteración cutánea producida polas radiacións solares, sexa por unha exposición excesiva á luz solar ou ben por unha sensibilidade esaxerada constitucional ou causada pola aplicación cutánea de substancias químicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción nuclear que provoca unha radiación γ cando incide nun núcleo atómico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dispositivo semicondutor que se emprega para converter enerxía luminosa en enerxía eléctrica. Os fotodetectores son moi importantes en sistemas de comunicación por fibra óptica, onde operan na rexión do infravermello próximo (0,8 a 1,6 μm de lonxitude de onda). En xeral, nun fotodetector danse tres procesos: xeración de portadores para a luz incidente ou fotoexcitación, transporte de portadores e/ou multiplicación por algún mecanismo de ganancia de corrente e interacción da corrente co circuíto externo para proporcionar o sinal de saída. As características dun fotodetector mídense segundo tres parámetros: a eficiencia cuántica ou ganancia, o tempo de resposta e a sensibilidade. Os fotodetectores máis simples son as fotorresistencias, que se denominan tamén células fotocondutoras ou fotorresistivas e que se coñecen coas siglas LDR (do inglés Light Dependent Resistor). Están constituídas por materiais semicondutores, como sulfuro de cadmio, sulfuro de chumbo, xermanio dopado...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Díodo previsto para accionarse mediante a luz. Baséase no aproveitamento do forte campo eléctrico que existe na zona de carga espacial para separar os electróns e buratos que xera a luz incidente, e dá lugar a unha corrente moi superior á que circula por un díodo nas mesmas condicións de polarización inversa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade que teñen algunhas substancias transparentes e isótropas de se converter en birrefrinxentes pola influencia dunha deformación elástica. Pódese observar mediante polarizadores. Descuberta por D. Brewster en 1816, aprovéitase para estudar as tensións mecánicas sufridas por pezas, a partir da análise da fotoelasticidade de modelos feitos en materiais transparentes. Tamén se coñece como birrefrinxencia mecánica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Medición da fotoelasticidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta fotoelasticidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Electricidade producida por efecto da luz ou de radiacións electromagnéticas en xeral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á fotoelectricidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Electrón emitido por un átomo ao ser exposto a unha radiación electromagnética.