"AID" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 112.

  • ILLAS

    Illa de Xapón, a máis setentrional das catro grandes illas do arquipélago, que constitúe o ken homónimo (78.523 km2; 5.683.062 h [2000]). A súa capital é Sapporo. O estreito de La Pérouse sepáraa da Sahalin rusa, ao N. É unha illa montañosa de orixe volcánica que na súa maior parte está ocupada pola cordilleira de Hokkaidō, que a atravesa de S a N desde o cabo Erimo ao cabo Sōya. Os seus cursos fluviais son de réxime torrencial. Polo que respecta ao clima, o factor máis condicionante é a presenza constante ao longo de todo o ano de ventos fríos procedentes de Siberia que chegan con potencia á súa latitude (por baixo dos 46° N) e provoca invernos rigorosos e veráns frescos. Este medio físico relativamente hostil fai que o seu poboamento sexa feble en comparación coa media do país (72 h/km2 fronte aos 340 h/km2 da media nacional). A poboación concéntrase nas chairas litorais e a rede urbana aparece xerarquizada pola capital,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: laio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do condado de Kent, situada en Inglaterra, Reino Unido, á beira do río Medway (138.500 h [1994]). É o centro dunha rica comarca agrícola e conta con industria cervexeira, papeleira e de artes gráficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos maidu.

    2. Individuo da tribo maidu.

    3. Tribo amerindia que habita entre o val do Sacramento e as montañas de Sierra Nevada, no estado de California. O seu número ascendía a uns 9.500 individuos (1770) organizados en tres grandes grupos, cunha economía baseada na caza e no aproveitamento dos recursos do seu medio. O descubrimento de ouro a mediados do s XIX provocou a ocupación do seu territorio polos mineiros. A súa poboación concéntrase ao redor da reserva de Round Valley.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Borno, Nixeria, situada ao SO do lago Chad (320.000 h [1996]). É un centro comercial e un nó ferroviario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Monxe agostiño e alumno de Antonio de Guevara e de Fray Luis de León, escribiu Libro de la conversión de la Magdalena (1588), peza fundamental da elocuencia sagrada escrita en castelán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa italiana. Coñecida como Tina Modotti, comezou a súa carreira con Edward H. Weston (1921). Viaxou a México (1922), onde coñeceu a Diego Rivera, José Clemente Orozco e David A. Siqueiros. Colaborou na revista Mexican Folkways e integrouse no Partido Comunista Mexicano (1927). Expulsada de México (1930), viaxou por Rusia e Alemaña, onde se relacionou coa Bauhaus de Berlín, e participou na Guerra Civil Española. A súa obra difundiuse a través da exposición itinerante Women of Photography (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte. Especialista en vidreiras españolas, desenvolveu a súa actividade investigadora arredor da arte medieval, renacentista e contemporánea, esta última a carón dos artistas do grupo El Paso. Entre 1984 e 1991 dirixiu a revista de arte Fragmentos. Da súa obra destacan Goya: vida y obra (1967), La vidriera del Renacimiento en España (1970), Impresionismo y Fauvismo (1972), Del Cubismo al surrealismo (1987), Historia del Arte (1994) e La vidriera española, ocho siglos de luz (1998, Premio Nacional de Historia, 1999). Membro do Consello Científico do Museo del Prado desde 1987, en 2002 foi elixido membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación plena e rigorosa do home, na Grecia clásica, nos aspectos intelectual, espiritual e atlético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro constituída en abril de 1986 como un espazo aberto de actuación, reflexión, debate, formación e investigación en ciencias humanas e sociais. Dos seus obxectivos destacan a realización de actividades orientadas á formación e investigación, a implantación de programas e tarefas dinámicas e a busca da excelencia en servizos e prácticas profesionais, desde unha abordaxe interdisciplinar e integral. Presidida por Rosalía Mera Goyenechea, impulsou os proxectos Antear, Trébore e Evos, que tiñan como obxectivo a inserción laboral das persoas con discapacidade psíquica ou con risco de exclusión social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • 2pedoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • 2pedoxénese.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Artefacto que permite reducir notablemente a velocidade dun corpo dentro da atmosfera, especialmente nun descenso ou nunha caída. Consiste, xeralmente, nun tecido moi resistente, que adopta unha forma máis ou menos cupular ao despregarse, e que vai fixado a unhas cordas de nailon e do que sae un conxunto de correas e tirantes que se axustan arredor da persoa que o utiliza. Baséase no principio de presentar unha gran superficie de resistencia ao aire que se opón á aceleración da gravidade. Segundo a forma da superficie do paracaídas distínguense catro tipos básicos: o de vela completa, que presenta unha soa abertura, chamada cheminea, situada na parte central superior do casquete hemisférico; o de fendas, que presenta unha ou diversas fendas dispostas meriodional ou transversalmente sobre o casquete, e o paso por elas permite manobrar minimamente durante o descenso; o de tobeiras, que presenta un complexo sistema de aberturas, de formas diversas, que permiten controlar...

    2. Dispositivo de seguridade dos ascensores, montacargas e outros aparatos semellantes, que impide a caída acelerada no caso de rotura dos cables. Se se produce unha rotura, os cables perden tensión e acciónanse automaticamente unhas pezas dentadas que agarran fortemente as guías e bloquean a cabina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade que consiste en lanzarse en paracaídas con finalidade bélica ou deportiva. Como actividade deportiva apareceu tras a Segunda Guerra Mundial. Hai dous tipos de probas: a de precisión na aterraxe, en que o paracaidista demostra a súa destreza e precisión; e a de estilo, en que se efectúan diversas figuras durante o descenso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa adestrada no descenso en paracaídas, especialmente o militar instruído para lanzarse dun avión e combater ao chegar a terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido galés fundado en 1925, de ideoloxía nacionalista, moderado e socialista comunitario. Entre os seus fundadores figuran os escritores Saunders Lewis e Kate Roberts. Foi un pequeno grupo ata despois da Segunda Guerra Mundial e en 1966 entrou a formar parte do Parliament.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa grande de la que usan os escoceses, que se leva recollida e atada no ombreiro esquerdo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do mu ḥ āfaa de Port Saïd (472.335 h [1996]). Construída durante as obras de apertura da canal de Suez, está situada no extremo N e á beira O deste, nunha estreita franxa de terra entre o lago Manzala e o Mediterráneo. É un importante centro comercial de Próximo Oriente e un porto de tránsito e de abastecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mu ḥ āfaa de Exipto (72 km2; 472.300 h [1996]). A súa capital é Port Saïd.

    VER O DETALLE DO TERMO