"AMS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 90.

  • PERSOEIRO

    Político escocés, I marqués de Dalhousie. Membro da Cámara dos Comúns (1837) e da Cámara dos Lores (1838), foi partidario das doutrinas do libre cambio. Gobernador xeral de India (1848-1856), durante o seu mandato aumentou o dominio británico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico escocés. Aínda que comezou os seus estudos en química orgánica, as súas achegas máis importantes estiveron relacionadas cos gases nobres. Traballou tamén con Soddy na desintegración do radio (1904). Publicou, entre outras obras, The Gases of the Atmosphere (1896) e Modern Chemistry (1900). Recibiu o Premio Nobel de Química (1904) polo descubrimento dos gases inertes do aire (gases nobres) como o helio, coa axuda de P. T. Cleve, ou o argon, xunto con Rayleigh e a determinación da súa posición na táboa periódica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mecánico e técnico inglés. Construíu diversos instrumentos de física, sobre todo de óptica, e en 1768 inventou unha máquina electrostática. Tamén estudou a expansión dos metais e estableceu un método para trazar círculos graduados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Faraón exipcio da dinastía XIX (1304?-1237? a C), fillo de Sethi I. Herdou de seu pai unha sólida posición en Palestina que lle permitiu intentar recuperar Siria, perdida no período de Al-Amarna. Despois dunha primeira campaña (1301 a C) levou a cabo a expedición de 1300 a C, na que librou a indecisa Batalla de Kadeš contra o hitita Muwatalliš. Este semifracaso provocou diversas revoltas en Palestina que sufocou en tres campañas (1299 ou 1298, 1297 e 1295 a C). Foi un dos faraóns que construíu máis obras como o Piramsés, no delta do Nilo, o Ramesseum e os speos de Abu Simbel, na Baixa Nubia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Faraón exipcio da dinastía XX (1198-1166 a C). Foi o soberano máis destacado desta dinastía. Librou importantes batallas defensivas, derrotou as tribos libias en 1194 a C e en 1188 a C e en 1191 a C obtivo un gran triunfo sobre seis pobos do mar. Durante gran parte do seu reinado o país viviu unha auténtica prosperidade, o que lle permitiu construír obras monumentais como o templo palacio de Madīnat Habu ou enviar expedicións a Punt e ao Sinaí. Ao aumentar, en cambio, a riqueza dos sacerdotes de Ammón, estes volvéronse aínda máis poderosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico inglés. Bispo de Durham (1940) e de York (1956), foi nomeado arcebispo de Canterbury e primado de Inglaterra en 1961, cargo ao que renunciou ao cumprir 70 anos (1974). Como ecuménico, ocupou unha das seis presidencias do Consello Ecuménico das Igrexas (1961), visitou a Paulo VI en Roma (1966) e estableceu contactos con teólogos e pastores de diversas confesións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e matemático inglés. Seguidor en parte de L. J. J. Wittgenstein, propuxo algunhas modificacións nos Principia Mathematica de B. A. W. Russell e A. N. Whitehead. A maioría dos seus traballos recóllense no volume póstumo The Foundations of Mathematics an Other Logical Essays (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Ocupou diversos cargos en calidade de asesor de organismos de defensa en EE UU e na OTAN. Escribiu Molecular Beams (1956 e 1985) e Quick Calculus (1965 e 1985). En 1989 recibiu o Premio Nobel de Física polo desenvolvemento da técnica coñecida como método de separación por campos oscilatorios, que permiten desprazar os átomos dun nivel de enerxía a outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras inglés. Vangardista de estilo gótico perpendicular e do seu novo programa decorativo, realizou a sala capitular e o claustro da antiga catedral de Saint Paul de Londres, a capela de Saint Stephen en Westminster e a planta do palacio de Windsor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico estadounidense. Traballou en electroquímica e termodinámica química, e ideou un tipo de calorímetro adiabático. En 1914 recibiu o Premio Nobel de Química por determinar numerosos pesos atómicos de elementos e confirmar a existencia de diferentes isótopos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transmisión incesante da alma no círculo da existencia (reencarnación). Algúns relaciónano coa idea védica do desexo de devir propio dos veda, unida á función rexeneradora do sacrificio, e outros relaciónano coa lei do Karma, segundo a cal no individuo hai tendencias (vāsana) acumuladas a través das accións pasadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Asiria (1813? - 1781 a C) Malia que non era asirio, conseguiu facerse o amo do país, que converteu na maior potencia do Próximo e Medio Oriente. Despois de someter a Alta Mesopotamia, conquistou Māri e estendeuse ata ao territorio de Ešnunna e o dos guti e turukkian.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Asiria (823 - 810 a C), fillo de Salmanasar III. Emprendeu campañas contra o país de Nairi, e o altiplano iraniano. Casado coa babilonia Semíramis, estableceu o dominio asirio sobre o territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa danesa situada ao S do Kattegat, fronte ao Gran Belt (114 km2; 4.800 h [1982]). A poboación máis importante é Tranebjerg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do il de Samsun, Turquía, situada na rexión da Costa do Mar Negro (338.387 h [1997]). É un porto exportador de tabaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il de Turquía, situado na rexión da Costa do Mar Negro (9.739 km2; 1.168.574 h [1997]). A súa capital é Samsun.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Perm’, Rusia, situada na ribeira do río Usolka, preto da confluencia co Kama (107.000 h [estim 19947). Antigo centro mineiro de sal e potasa, ten unha industria química moi diversificada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Síncope cardíaca de causa eléctrica, de carácter transitorio ou definitivo, que provoca unha perda súbita de consciencia, que pode cursar con convulsións e, ás veces, con afectación cerebral grave. Foi descrita polos médicos irlandeses William Stokes e Robert Adams. OBS: Tamén se denomina enfermidade de Adams-Stokes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado o 2 de outubro de 1997 polos ministos de Exteriores dos estados membros da UE e que entrou en vigor o 1 de maio de 1999 despois de ser ratificado polos respectivos estados. Modificou nalgúns aspectos o Tratado de Maastricht, os tratados constitutivos das Comunidades Europeas e diversos actos afíns. Tratou temas de emprego, libre circulación de ciudadáns, xustiza, política exterior e seguridade común e reforma institucional para afrontar o ingreso de novos membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito galés. Coñecido como Jolo Morgannwg, estaba obsesionado pola visión romántica do pasado. Coleccionista de documentos medievais galeses, editou Cyfrinach beirdd ynys Prydain (1829).

    VER O DETALLE DO TERMO