"Abe" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 982.

  • Pintor compostelán que viviu entre os séculos XVI e XVII. Ten actividade documentada en Ourense, segundo consta nos Protocolos do Arquivo Notarial de Ourense dos escribáns Francisco Fernández e Juan Prezado de 1598 e 1599. Traballou acotío como dourador e pintor xunto co escultor Francisco de Moure e o entallador Alonso Martínez. Entre outras obras pintou unha escultura de san Roque e un retablo de Francisco Moure.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Etimoloxicamente este antropónimo deriva de Eberardo, nome composto de ebar ‘príncipe’ e hard ‘valente’, que mudou a súa forma debido probablemente á confluencia con Abel. Carece de santo patrón pero o seu uso como nome espallouse a partir do s XIII por mor da sona acadada polo teólogo bretón Pedro Abelardo, amante tráxico de Eloísa. A festa de Abelardo, coma a de Abel, celébrase o 28 de decembro. Na tradición oral recóllense cantigas como: Como che vai, Abelardo, / como che vai, meu amor? / -Desde que ti me deixaches / vaime de mal en peor (trad. oral).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e teólogo. Coa obra Sic et non (Si e non, 1122) destaca o método escolástico. Hai quen mantén que só lle deu ampla difusión á contraposición das autoridades patrísticas logo da reflexión propia. Filosoficamente, dentro da cuestión dos universais, adoitou un conceptualismo moderado e por momentos pouco preciso, segundo o cal a universalidade non é senón unha función lóxica de determinadas palabras. Introduciu na análise lóxica o concepto de conveniencia co que estableceu que predicar algo dunha multiplicidade é unha función que exercen os vocábulos, os cales conveñen con varias entidades. Dentro da ética falou da distinción entre o delito e o pecado, aludindo á intención como fundamento da bondade ou maldade, sen embargo, impuxo xulgar a maldade segundo o acto e non segundo o espírito con que é executada. Bernaldo de Claraval combateu as ideas de Abelardo e algunhas das súas teses foron condenadas nos Concilios de Soissons (1121) e de Sens (1140). Autor...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente do Asneiro, da conca do Deza. Nace a 670 m de altitude entre os cumes dos Agüeiros e de Val de Pereira, na parroquia de Vilanova, concello de Lalín. Recibe as achegas dos regos de Penidos e Valiño. Desemboca na mesma parroquia a 380 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Teixeira baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Xunqueira de Ambía baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar poboado de abeleiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Abadín baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Montederramo baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arbusto caducifolio, de ata 8 m de altura, de cortiza grisalla. As follas de ata 12 cm son arredondadas ou anchamente ovadas, acuminadas e dobremente serradas. Os amentos masculinos, cilíndricos e pendurantes, aparecen no outono na árbore e non maduran ata a primavera seguinte, cando tamén aparecen as inflorescencias femininas con aspecto de xemas, cos estigmas sobresaíntes vermellos. Os froitos, as abelás, son noces, que aparecen en grupos sobre un curto pedúnculo, recubertas cada unha dun involucro folioso. Emprégase a súa madeira para cestos e bastóns, pero tamén para obtención de carbón para a fabricación de pólvora. Aparece en toda a Europa húmida. En Galicia predomina nas rexións media e montana chegando a constituír abeledos, relegado a ripisilva na zona costeira ou elemento do sotobosque das carballeiras no resto do país.

    2. Herba de follas basais enteiras e glabras, e rizomas con tubérculos globosos de ata 3 cm de diámetro, que semellan abelás. Os capítulos florais, de lígulas amarelas, preséntanse illados. Os froitos son aquenios de vilano liso. Aparece nos areais da costa galega e no resto do litoral meridional europeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, narrador e tradutor. Coñécense as súas edicións: Infierno e Iluminaciones, de Arthur Rimbaud, Alcoholes, de Guillaume Apollinaire e La heredad de las palabras, de Claude Esteban. Como poeta, ten publicado: Umbral del centinela, La piel iluminada, Identidades e Diez motivos para un obsequio. Como narrador publicou: Las aventuras de Nunnavut, la niña esquimal: El nacimiento de Nunnavut, Un día de caza, El caribú enamorado. Traduciu tamén biografías de Carson McCullers, Dylan Thomas, Artemisia Gentileschi e Cesária Évora, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Avión baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballeda de Avia baixo a advocación de santo Andrés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor.
    Fillo da pintora Pilar Escudero e neto do escultor Escudero. Discípulo de García Patiño, a súa obra enmárcase dentro dunha corrente de figuración expresionista. En 1949 inicia os seus estudos de Arquitectura en Madrid, onde realiza as primeiras exposicións, como a de 1954 en Santiago de Compostela xunto con Labra, Lago Rivera e Tenreiro, cos que formou grupo. Nestas datas a súa pintura adquire unha liberdade operativa tanto nos temas como no tratamento dos mesmos, cun espírito festivo cheo de vida e en continua expansión que provoca que sexa un pintor de cor intensa, viva, explosiva, con contrastes violentos de gamas primarias.
    En 1957 xunto a Xesús Núñez, Labra e Mampaso fixo unha exposición de tapices, trasladándose no mesmo ano a Marrocos onde expuxo en Tetuán, Tánxer e Rabat ao abeiro da UNESCO. En Tánxer...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios da Coruña. En 1908 recibiu unha bolsa do concello da Coruña para a Escola de Belas Artes de San Fernando de Madrid e ampliou estudios na Academia de España en Roma (1914), dirixida por Eduardo Chicharro. Membro Correspondente da Real Academia Galega (1946). O coñecemento do mundo clásico afirmou e consolidou a súa idea conservadora da arte. Unha segunda bolsa da Deputación da Coruña (1930), permitiulle volver a Italia e visitar museos e exposicións en Bélxica. Participante nas Exposicións Nacionais de Belas Artes, obtivo a terceira medalla coa paisaxe Mañá de outubro desde o meu estudo (1943). A súa pintura caracterízase polo rexeitamento tanto das correntes de vangarda como da tradición, quedando nun termo medio. A súa formación en Madrid da man do academicista José Moreno Carbonero e do paisaxista valenciano Antonio Muñoz Degrain, así como do mencionado Eduardo Chicharro, explica o seu rexeitamento das vangardas, o seu dominio do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utilízase na teoría de estruturas alxebraicas como equivalente de commutativo e aplícase a partir de Jacobi ás funcións introducidas por Niels Henrik Abel na análise matemática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Explosivo a base de nitroglicerina (65%) xelatinizada con algodón pólvora (30%), un oxidante (salitre: 3,5%) e un antiácido (carbonato sódico: 1,5%).

    VER O DETALLE DO TERMO