"Alca" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 261.

  • Instrumento empregado en alcalimetría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade ou propiedade de alcalino ( basicidade).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de alcalinizar ou de alcalinizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia que fai alcalina unha solución.

    2. Organismo que fai alcalino un medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Converter en alcalina unha disolución, primitivamente aceda ou neutra, mediante a adición dunha base.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos álcalis.

    2. metal alcalino

    3. terras alcalinas

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise dos metais calcio, estroncio, bario, radio e os seus compostos.

    2. Cada un dos elementos metálicos da serie: calcio, estroncio, bario e radio, pertencentes todos eles ao grupo IIA da táboa periódica. Son sólidos dúctiles, de cor branca prateada. Os seus átomos teñen só dous electróns no nivel máis externo, que se perden facilmente, deixando un catión divalente, coa configuración electrónica dun gas nobre. A estabilidade desta configuración e o feito de que o segundo destes electróns se perde máis facilmente ca o primeiro, fai que a súa valencia sexa sempre dúas. En comparación cos metais alcalinos, os alcalinotérreos dan ións de radio máis pequenos, funden e ferven a temperaturas elevadas e ademais teñen unha densidade maior. A súa electropositividade e a súa reactividade química son inferiores. Non obstante , reaccionan facilmente cos halóxenos, co osíxeno e coa auga, e dan hidróxidos fortemente básicos. Para obtelos libres cabe utilizar electrólise ígnea ou redutores moi potentes. Os seus carbonatos son insolubles na auga. Ao aumentar o número atómico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia de álcalis nos ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos alcaloides.

    2. Nome xenérico de substancias orgánicas nitroxenadas, de carácter básico, orixe vexetal e estrutura química moi variada e complexa que teñen en xeral, a baixa dose, marcados efectos fisiolóxicos sobre o home e os animais. Atópanse, principalmente, nas plantas dicotiledóneas. En xeral están presentes en forma de sales solubles en auga. Quimicamente están constituídos por carbono, hidróxeno, nitróxeno e -con algunhas excepcións- osíxeno. Todos teñen unha función amina (xeralmente terciaria) ou imina, que provoca a súa basicidade. A valoración dos alcaloides pode facerse por acidimetría ou por outros métodos (gravimétrico ou absorciométrico). Algúns alcaloides son líquidos, pero, en xeral, son sólidos, incoloros, cristalinos, de gusto amargo, solubles en alcohol e insolubles ou pouco solubles en auga. En medicina son moi utilizados polos seus efectos farmacodinámicos intensos e variados (analxésicos, anestésicos, hipnóticos, antipiréticos, cardiotónicos, hipotensores, vasoconstrictores, alucinóxenos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Afección patolóxica motivada por un exceso de alcalinidade no solo.

      1. Autointoxicación orgánica con alteración do equilibrio ácido-básico do organismo caracterizada por un predominio dos catións. Cando o pH do sangue é superior a 7,45 fálase dunha alcalose descompensada. Pode deberse a causas respiratorias ou metabólicas.

      2. alcalose metabólica Alcalose caracterizada pola presenza dun exceso de bases ou pola perda de ións hidróxeno. As súas causas son diversas: perda de grandes cantidades de zume gástrico (alcalose hipoclorémica e alcalose hipopotasémica), administración de diuréticos mercuriais ou do tipo da clorotiazida, tratamento con grandes cantidades de bicarbonato e leite, etc.

      3. alcalose respiratoria ou gasosa Alcalose debida fundamentalmente a unha hiperpnea (aumento da frecuencia e intensidade dos movementos respiratorios) calquera que sexa a causa, que conduce a unha eliminación excesiva de anhídrido carbónico con produción de hipocapnia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rei de Esparta (747? a C), fillo de Teleclo. Rematou a Guerra de Helos e, coa toma da cidade de Anfea no 743 a C, iniciou a de Mesenia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor grego discípulo de Fidias. Segundo Suidas e Tzetzés naceu en Lemnos e, segundo Plinio, en Atenas onde realizou a maior parte das súas obras. A única obra orixinal que se conserva del é o grupo Procne e Itys, que se atopano museo da Acrópole de Atenas. Entre algunhas das súas obras que se perderon están: Atenea e Heracles, no Heracleón de Tebas; Hermes, do que se conserva unha boa copia no museo de Istambul e a Afrodita coñecida co apelativo dos xardíns por estar situada nos xardíns que rodeaban o santuario da deusa en Urania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Siglas da Aluminium Company of Canada, empresa fundada no 1928 por ALCOA como sección autónoma das súas actividades no estranxeiro, feito denunciado no 1944 como actividade monopolística. Dende 1951 é independiente e a principal competidora de ALCOA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da Península Ibérica, na conca do Ebro, afluente pola dereita do Cinca, preto de Ballobar logo dun percorrido de 138 km. Nace na serra de Guaira e flúe en dirección a Somontano e aos Monegros. Pola banda dereita recibe o Guatizalema e, augas abaixo de Sariñena, o Flumen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Tarragona (7.727 h [1996]). É o municipio máis meridional de Catalunya. Cultivos de secaño (alfarrobeiras, olivos, amendoeiras). Laranxeiras e hortalizas. A apicultura ten unha gran tradición. Fábrica de cemento. Na moa do Remei encóntranse os restos dun poboado ibérico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de alcanzar.

    2. Distancia ata a que se pode chegar a tocar, lograr ou obter unha cousa, os efectos ou a súa influencia.

    3. Relevancia ou importancia dunha cousa ou feito.

    4. Capacidade de entendemento.

    5. Audiencia total dun anuncio ou campaña.

    6. Saldo dunha conta debedora.

      1. Distancia ata a que chega o efecto eficaz dunha radiación.

      2. Distancia máxima á que resulta posible sentir unha acción física.

      3. Distancia horizontal entre o punto de orixe e o punto de caída dun proxectil.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario aparecido na Coruña no ano 1885 e subtitulado “Diario político y literario de la tarde”. O seu director foi Uxío Romo Jara ata 1886.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal fundado por Antonio Fernández Tafall e publicado no ano 1892 en Santiago. Subtitulábase “Diario católico, independiente, telegráfico. Defensor de los intereses morales y económicos de Galicia”. No seu suplemento dos xoves, introducía artigos vencellados a diversos campos da cultura e colaboracións poéticas, da autoría de Barcia Caballero e Lisardo R. Barreiro. Xunto a estes, versións de textos de autores estranxeiros como Víctor Hugo, Leconte de Liste ou La Bruyère, e algúns poetas españois. No número extraordinario do 1 de xuño de 1893 publicouse un monográfico sobre Alfredo Brañas, con artigos de Murguía e Salvador Cabeza, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal aparecido o 3 de febreiro de 1897 en Santiago de tendencia católica e relacionado co rexionalismo conservador. Continuador de El Alcance (1892). Alfredo Brañas e Romero Blanco, entre outros, foron redactores, identificados coa defensa da temática sostida polo xornal: a Igrexa, Galicia e o Rexionalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga peza de roupa interior con mangas, semellante a unha camisa que levaban os homes e as mulleres indistintamente.

    VER O DETALLE DO TERMO