"Alle" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 636.
-
GALICIA
Avogado e notario de Lalín. Publicou Estudios elementales de Economía Política (1874), Exposición elemental teórico-histórica del Derecho Político (1875), Las huelgas de los obreros (1886), polo que recibiu o premio da Academia de Ciencias Morais e Políticas, El Estado y las clases obreras (1894), galardoada co mesmo premio, e Las grandes propiedades rústicas en España (1912), que recibiu o Premio do Conde de Toreno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Foi Catedrático de Astronomía na Universidade de Santiago de Compostela e sacerdote. En 1948, na Asemblea Xeral da Unión Astronómica Internacional, reunida en Zúric, resulta elixido membro da Comisión encargada do estudo das estrelas dobres, onde deixou pegada. A súa obra Introdución a la Astronomía (1943) constituíu unha achega trascendental a ese eido científico, en tanto que Astronomía a simple vista (1948) é un interesante libro de divulgación. Aínda que destacou como astrónomo, tamén realizou unha importante contribución no ámbito matemático. No seu libro Algoritmia: principios fundamentales de la ciencia de los números (1918), recolle con claridade os fundamentos da análise matemática. Tamén foi importante a súa contribución á teoría parabólica dos erros e dos conxuntos e números finitos, indefinidos e transfinitos. En 1912 construíu un observatorio en Lalín e logo foi director do Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago. Como mostra...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución constituída o 20 de setembro de 1989 na Vila de Cruces e presidida por Xosé Mª López Pérez. O seu obxectivo é a divulgación cultural promovendo o estudo da astronomía. Xestiona o observatorio astronómico do couto Zarra Grande de Vila de Cruces que comezou a funcionar en 1993 cun telescopio de máis de 40 centrímetros de diamétro capaz de superar os 12 millóns de anos-luz aberto a todos os centros de investigación e estudiantes de Galicia. Organizan asembleas xerais, cursos de astronomía, publican unha revista semestral e pretenden elaborar un calendario astronómico para a mellor observación dos astros.
-
GALICIA
Trasladouse aos dous anos a Santiago, onde residiu ata 1906 cando marchou a Uruguai. Foi presidente do Centro Galego de Montevideo e da Asociación Protectora da Cultura Galega. Colaborou activamente na prensa de Iberoamérica e realizou traballos de creación e estudios sobre arte e poesía. Publicou no 1947 as coleccións de romances Romance del Gaucho Perdido, Romances de Mar y Tierra e Romance de la Soledad, ademais de La pintura de Méndez Magariños, Saudade (Emoción de Galicia), Paisajes de España (1948) e Caminos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Última oscilación tépeda da glaciación Würm IV, que comeza cara ao 11.800 BP e dura uns 1.000 anos, ata a chegada da fase fría Dryas III. Ben definido nos cadros polínicos (aumento das termófilas en xeral, aínda que se produce unha gran diversificación rexional) e nos cambios faunísticos (definitiva desaparición en Centroeuropa do reno e mamut). Durante esta oscilación prodúcese o final do Paleolítico superior (Madalenense final, Hamburguense, etc) e comezo do Mesolítico (Azilense, Ahrensburguense, etc).
-
PERSOEIRO
Psicólogo e psiquiatra austríaco. Escribiu Das Werden der sittlichen Person (A evolución da personalidade moral).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e estatista beninés. Participou no golpe militar do Xeneral Soglo (1963) e cando este se converteu en Xefe do Estado (1965), despois dun segundo golpe, foi nomeado Xefe do Exército. Presidente da República (1967-1968) e responsable da Defensa Nacional (1970-1972), no ano 1973 aprisionárono. Exiliouse no ano 1974 e no ano 1984 foi amnistiado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor inglés que no ano 1586 ingresou na compañía do conde de Worcester e se especializou no repertorio de Marlowe, Shakespeare e Jonson. Fundou en Dulwich (Londres) o God’s Gift College.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘alá’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘alá’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual bilingüe da Habana fundada e dirixida por Antón Vilar Ponte no ano 1910.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano e representante da Casa de Galicia, publicada en Madrid nos anos dez do século XX.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista semanal aparecida o 6 de xaneiro de 1917 dirixida por Luís E. Rey na Habana. Designábase “Órgano radical de las aspiraciones de la región”, e nela recollíanse traballos de Salvador Rueda e Xosé Mª Calveiro, amais doutros. Incluía poesía amatoria, temas da emigración e actividades do Centro Gallego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Montevideo e con diversos subtítulos: “Órgano oficial de la Sociedad Casa de Galicia”, “Boletín de Casa de Galicia” e “Revista de Casa de Galicia”. Tivo dúas épocas, a primeira dende o 1 de agosto de 1919 ata novembro de 1927 con 17 números publicados. A segunda dende decembro de 1934 ata outubro de 1967. Dirixida nun principio por Xosé María Barreiro, cambiou de director nas sucesivas edicións. Ademais de informacións sobre a propia Sociedade, incluíu algúns textos literarios en galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Madrid o 10 de novembro de 1931 e subtitulada “Revista quincenal ilustrada”. Dirixíaa R. Franco Montero, sendo xefe de información X. Rodríguez López. Amais das colaboracións de Otero Pedrayo e dunha sección chamada “Musa Galaica” onde se incluían poemas de Curros, de A. Camino e de Pero Meogo, publicáronse artigos autonomistas e discursos de A. Vilar Ponte, Suárez Picallo e Castelao. Apareceu tamén o humor, asinado por Xan d´os Contos e, por entregas, o Proxecto de Estatuto de Galicia.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación mensual bilingüe editada pola Unión Progresista Gallega en decembro de 1939 na Habana e dirixida por Luís Reinante Losada. Subtitulábase “Revista mensual. Defensora del prestigio y de los derechos de los gallegos residentes en Cuba”. Substituta de La voz gallega (1937), aparecen novas dos emigrantes en Cuba, debuxos de Castelao e críticas políticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación bilingüe nada en Bos Aires o 6 de febreiro de 1898 como complemento de El Eco de Galicia (1892). Cesou no ano 1927. Fundada e dirixida por Manuel Castro López, contaba coa colaboración de Carré Aldao, Benito Fernández Alonso, Xesús R. López, Lence Santar, Leiras Pulpeiro e Murguía, xunto á participación artística de Asorey e Álvarez de Sotomayor, entre outros. Incluíanse textos en prosa sobre historia, costumismo e sociedade, traducións ao galego de textos bíblicos de Pérez Ballesteros e poesías de Curros, Pondal e Noriega Varela, entre outros. Ademais de partituras, fotografías, reprodución de cadros e debuxos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación bilingüe saída no ano 1909, dirixida e redactada por Adelardo Novo e Casimiro Fernández. Aparecían nel poesías de Francisco Añón, Rosalía, Curros Enríquez, Bieito Losada, García Ferreiro e Adelardo Novo, xunto a unha balada do mestre Chané. Informaba sobre persoeiros galegos en Cuba, agrupacións musicais, a historia das principais institucións galegas na emigración e ofrecía datos sobre as Sociedades de Instrución, cunha conclusión sobre o traballo dos galegos en Cuba nese ano.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre director de orfeóns. Comezou a súa traxectoria profesional como profesor no orfeón vigués La Oliva ata que no 1900 ocupou a súa dirección. No 1909 encargouse tamén da dirección do orfeón Sociedad de Agricultura de Teis. Despois de numerosas actuacións en Galicia, Madrid e Portugal, trasladouse a Bos Aires (1911) onde pasou a dirixir o Orfeón Gallego, a Agrupación Artística Gallega e o Orfeón Hispano-Argentino.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos anos trinta dedicouse á avogacía en Vigo, exercendo como procurador, ao tempo que colabora nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. Militante do Partido Galeguista, no que foi secretario, en 1936 exiliouse a Cuba, onde desempeñou o cargo de secretario da Presidencia. Co golpe de estado do Xeneral Batista renunciou a este posto e dedicouse de cheo a escribir na prensa. Anos despois intentou volver a Galicia pero foi detido e veuse na obriga de marchar de novo, instalándose en Miami onde permaneceu ata a súa morte. As súas colaboracións xornalísticas espállanse por numerosas publicacións, como as revistas cubanas Carteles e Bohemia e nas dos centros galegos da Habana, Bos Aires, México, etc. No terreo da crítica literaria destacan os seus artigos sobre Rosalía de Castro cos que obtivo os dous primeiros premios do concurso convocado polo Centro Galego da Habana con motivo do centenario...
VER O DETALLE DO TERMO