"Aman" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 250.

  • Cubrir(se) cunha manta ou algo semellante para gorecer do frío ou das malas condicións meteorolóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ama.

    2. Que ten grande afección por unha cousa.

    3. Home, respecto da muller, ou muller respecto do home, que ten relacións sexuais habituais fóra do matrimonio.

    4. Persoa coa que outra mantén relacións sexuais.

    5. Dúas persoas que se aman.

    6. Aplícase ao viño que non ten aristas organolépticas. É o viño que “senta ben” ao corpo.

    7. Nome xenérico de todo cabo groso ou cable asegurado, por un extremo, á punta dun pau ou dunha verga e, polo outro, a un aparello.

    8. Especialmente, cable que ten por finalidade izar pesos, especialmente nas operacións de carga e descarga dos buques.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lenda española creada a partir dun dos contos do Decamerón de Boccaccio, Girolamo e Salvestra, que relata os amores desafortunados entre Diego Marsilla e Isabel de Segura. Aparece documentada por vezprimeira en El peregrino curioso y grandeza de España (1577), de Villalba y Estaña. A primeira adaptación de teatro data do 1581, coa obra de Rey de Artieda Los amantes de Teruel, de grande éxito nas letras castelás a través, principalmente, da refundición que publicou Pérez Montalbán no 1638 e, sobre todo, do drama romántico do mesmo nome que Hartzenbusch estreou no 1837.

    2. Drama histórico en cinco actos de Juan Eugenio Hartzenbusch, escrito no 1836 e estreado no 1837. Baséase na lenda tradicional e conta os amores contrariados entre a nobre Isabel de Segura e o plebeo Diego Marsilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escribente, persoa que escribe á man e ao ditado, ou copiando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Futbolista coñecido co nome deportivo Amancio. Ao longo da súa carreira profesional militou nos equipos do Real Club Deportivo de La Coruña e do Real Madrid CF. Foi integrante da selección española absoluta de fútbol en 42 ocasións, coa que se proclamou campión de Europa en 1964, na final disputada en Madrid diante do equipo da Unión Soviética. Campión da Copa de Europa de clubs co Real Madrid CF en 1966, club co que tamén gañou o Campionato Nacional de Liga en 9 tempadas e co que conquistou 4 campionatos de España (Copa del Generalísimo). Foi máximo goleador do Campionato Nacional de Liga na 2ª División co Deportivo e en dúas oportunidades co Real Madrid na 1ª división. Entre os moitos premios que acadou cómpre citar: Premio Medalla de Prata ao mérito deportivo na Coruña, dúas medallas ao mérito deportivo nacional, Medalla de Ouro da cidade da Coruña. Foi elixido para integrar a selección mundial da Federación Internacional (FIFA) e para a europea (UEFA). Como adestrador traballou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio da India (8.249 km2; 322.000 h [1994]). Formado polas illas Andaman e, dende o 1952, tamén polas illas Nicobar. A capital é Port Blair.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago, no océano Índico, que forma parte do territorio de Andaman e Nicobar, India. As illas (máis de 200 aliñadas de N a S) son os cumios dunha cadea montañosa afundida, continuación do cordal do Arakan de Myanmar (antigamente chamado Birmania). Quedan nas illas uns poucos nativos, chamados negriños. Port Blair, na illa Dakshin, é a cidade principal que funciona como centro de comunicación do grupo insular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brazo de mar do océano Índico. Segue unha dirección xeral N-S, que se estende dende as costas de Myanmar (antigamente chamado Birmania) ata o N de Sumatra. Ten unha superficie de 777.000 km2 (1.554 km de lonxitude e 1.036 km de largura).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ás illas Andaman ou aos seus habitantes.

      2. Natural das illas Andaman.

    1. Habitante das illas Andaman.

    2. Individuo do pobo negriño das illas Andaman, de pel escura, cabelo rizado e altura reducida (1,45 m).

    3. Fala illada dos habitantes das illas Andaman que se intentou relacionar, sen conseguilo, co semang.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor valenciano. Foi discípulo de Joaquín Sorolla e membro da Academia de San Fernando. Pintou escenas típicas da Comunitat Valenciana e de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome de diversos cargos militares e administrativos dos exércitos cosacos. Desde 1835 a 1917 o título de atamán foi propio do príncipe herdeiro de todas as Rusias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é do tamaño desexado ou aproximándose a el.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pór unha peza ou cousa do tamaño que precisa a obra que se está a facer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antón Avilés Vinagre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poeta da escola galego-castelá que, a xulgar pola súa relación con Alfonso Álvarez de Villasandino e a transmisión dos seus textos no Cancionero de Baena, desenvolveu a súa actividade poética entre a segunda metade do s XIV e a primeira do s XV. Baixo o seu nome (que nas rúbricas aparece identificado como “bachiller [e] maestro en artes de Salamanca”) recóllense no mencionado cancioneiro seis composicións pertencentes ao xénero da pregunta dirixidas a Villasandino. Cinco deses poemas están en castelán, mentres que noutro emprega aínda a antiga lingua poética da Península. Este texto “Sennor Alfonso Alvarez, que Deus vos mantenna”, copiado nos folios 32v-33r da compilación baenense, desenvolve, como é habitual na súa produción caractrerizada pola temática moral e doutrinal, o tema do ubi sunt, centrado na procura da franqueza ausente nos reinos peninsulares: “Dizede-me, sennor, hu se foi franqueza, / que ja non paresçe nos renos de Espanna”. Desde o punto de vista...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Al Hamadānī.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Líder carbonario francés. Entrou en contacto coa doutrina de Saint-Simon no ano 1825. Foi redactor de Produteur (1825-1826), de Organisateur (1828-1839) e do Globe (1831). Xunto con Enfantin foi cabeza do Saint-simonisme dende o mes de decembro de 1829; tamén foi un dos seus principais teóricos, como demostrou na súa Doctrine de Saint-Simon: exposition (Doutrina de Saint-Simon: exposición, 1829). A consecuencia de diverxencias doutrinais, cara a decembro de 1831 deixou o cargo que compartía con Barthélemy-Prosper Enfantin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política. Licenciada en Filosofía e Letras pola Universidad de Madrid, foi profesora no Centro de Estudios Universitarios (CEU) do 1969 ao 1971 e na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Sevilla no 1970. Así mesmo, foi deputada da Unión de Centro Democrático (UCD) por Sevilla nas lexislaturas iniciadas no 1977 e no 1979, ocupando o cargo de ministra de Cultura nos anos 1981 e 1982. Tralo seu ingreso no Partido Popular, foi deputada electa por Sevilla nas lexislaturas de 1989 e 1993 e alcaldesa de Sevilla entre o ano 1995 e o 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cerimonia oficial na que os reis, os seus representantes ou unha alta personalidade reciben o saúdo de certas persoas con motivo dunha festa ou conmemoración especial.

    2. Modo de saudar as persoas que consiste en tocar ou achegar a man dereita ou ambas as dúas mans á boca unha ou máis veces.

    3. Saúdo cerimonioso.

    4. Acto que consiste en bicarlle a palma da man a un sacerdote despois de celebrar a súa primeira misa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador occitano. Pertenceu a un nobre familia e residiu na corte de Raimundo Berenguer IV e de Carlos de Anjou. É autor de serventesios políticos e de coplas satíricas, humorísticas e amorosas dedicadas á súa amada Laura.

    VER O DETALLE DO TERMO