"Amil" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 182.
-
PERSOEIRO
Escultora francesa. Estudiou en París na Académie Colarossi. Na década 1883-1893 foi modelo no estudo de Rodin. Neste período, a súa obra recibiu a influencia de Rodin. A súa escultura acentuou o dinamismo das formas para subliñar a expresión e suxerir o movemento plasmado en obras como no Busto de Rodin (1888), O abandono (1888) e O vals (1899). Pertenceu á Société Nationale de Beaux-Arts de París (1895).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
-Agder 1813 - Cristianía, actual Oslo, 1895) Escritora norueguesa. Cultivou a novela realista de problemática social e, sobre todo, de reivindicación feminista. Publicou Amtmandens Dottre (As fillas do gobernador, 1855) e I de lange Naetter (Nas longas noites, 1863).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización, fundada en 1929, que agrupa a algunhas asociacións de pais de alumnos (APAs) dos centros privados de ensino, especialmente os de ensino confesional, ademais dalgunhas do sector público. Está representada no Consejo Escolar del Estado.
-
PERSOEIRO
Pintor. Recibiu leccións de Achille-Etna Michallon, quen o introduciu no naturalismo inxenuo. Ao morrer este, ingresou no obradoiro de Victor Bertin, que o instruíu na doutrina pictórica da paisaxe histórica. Esta mestura de idealismo e clasicismo recibiu unha corrente de liberdade cos ensaios do pintor ao aire libre, feito que fixo da súa pintura, especialmente das paisaxes, un preimpresionismo. A súa técnica, baixo unha aparencia tradicional, creou unha atmosfera de luz e claridade. Na súa primeira viaxe a Italia (1825-1828), sen negar a validez da paisaxe histórica, penetrou na paisaxe realista. Nesta primeira estancia realizou, entre outras obras, Le Pont de Narni (A ponte de Narni, 1827) e Forum (Foro, 1826). De regreso a Francia, durante os meses de primavera e verán debuxaba bosquexos ao óleo tomados do natural que logo pintaba no seu estudo no inverno. En 1834 realizou a segunda viaxe a Italia, a onde regresou en 1843. Percorreu Francia e viaxou a Suíza (1842),...
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Begonte baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Xinzo de Limia baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Begonte. Sufriu diversas fases de construción ao longo dos ss XIX e XX que deformaron a planta primitiva. Ten unha soa nave e unha capela lateral na esquerda, con cuberta a dúas augas. Na fachada destaca a espadana con dous vans.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Xinzo de Limia. De estilo barroco, construíuse no 1722. Trátase dun templo con nave única rectangular cuberta, á que se abren diversas capelas. No interior destacan as bóvedas de crucería e os tres retablos barrocos, conservándose no maior imaxes do s XVII do Salvador, Santiago e san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e avogado francés. Antes da Revolución Francesa escribiu La Philosophie du peuple (A filosofía do pobo, 1788) e France Libre (Francia Libre, 1789), e posteriormente converteuse nun dos máis importantes escritores políticos democráticos. Moi influído por Robespierre, defendeu nun principio as súas posicións pero despois fundou o Club des Cordeliers onde se aproximou a Danton. Logo de participar moi activamente na revolución do 10 de agosto de 1792, Danton nomeouno secretario xeral do ministerio de Xustiza pero opúxose á súa política de guerra expansionista. Foi deputado de París na Convención, loitou contra os xirondinos e, desde o verán do 1793, contra os hebertistas. Converteuse en inimigo de Robespierre cando, xunto con Danton, condenou o réxime do Terror e avogou por un comité de clemencia, polo que foi detido, procesado e guillotinado. Exerceu unha importante influencia na opinión republicana a través dos seus discursos e as súas campañas de prensa, en publicacións...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor, ilustrador, cartelista, escenógrafo, muralista, decorador, poeta e escritor. Irmán de Dolores, Indalecio e Ramiro Díaz Baliño e pai de Isaac Díaz Pardo, viviu na Coruña e en 1905, pensionado pola Deputación da Coruña, trasladouse a Madrid, pero ao non chegar a axuda prometida traballou nun taller de escenografía e regresou á Coruña onde ingresou na Escola de Artes e Oficios. En 1908 fixo unha nova viaxe a Madrid e, contratado polo ministerio de Gracia e Xustiza, estudiou escenografía. Traballou coa compañía lírica de Vives, Lleó y Güell e viaxou por España e Europa. En 1909 presentouse á Exposición Regional de Santiago de Compostela cuns bosquexos escenográficos cos que acadou a Medalla de Ouro. Foi delineante interino de obras provinciais da Deputación da Coruña (1910-1920). En 1916 iniciou a súa relación profesional con Isaac Fraga e en 1920 trasladouse a Santiago de Compostela onde estableceu o taller de escenografía da Empresa de Espectáculos Fraga (1920-1924) coa que se trasladou...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guerrilleiro antifranquista. Dende neno actuou como enlace das guerrillas. Incorporado en 1948 á guerrilla de choque, participou en diversas accións en distintos puntos de Galicia. Foi un dos integrantes do grupo que tentou liberar os guerrilleiros retidos na cárcere da Coruña en 1948. Capturado en Ourense o 18 de novembro de 1949, conmutáronlle a pena de morte por unha cadea de trinta anos. Nos anos sesenta organizou as Comisións Campesiñas de Xinzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista cultural de periodicidade cuadrimestral aparecida en abril de 1993. Editada pola Irmandade de Fillos e Amigos de Quiroga, foi coordinada por Alfonso Álvarez, Aurea González e Ramón Estévez. Trátase dunha publicación na que se recollen informacións sobre etnografía, historia, festas, deportes e cultura da comarca, ademais de referencias a aspectos turísticos das localidades próximas a Quiroga. No apartado literario, incluíronse artigos dedicados aos homenaxeados no Día das Letras Galegas, como Luís Seoane ou Rafael Dieste, ou diversos escritos sobre Celso E. Ferreiro, Ernesto Guerra da Cal ou Rosalía. Á parte, inseríronse sonetos de Lorca, artigos sobre a normalización da lingua galega, narracións breves de Serxán do Carme e panxoliñas recollidas da literatura popular.
-
PERSOEIRO
Pintor ecuatoriano. Estudiou na Escuela de Bellas Artes de Quito, na Regia Scuola di Belle Arti de Roma e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Á súa formación europea engadiu o seu interese polo indíxena e as preocupacións sociais. Trasladouse aos EE UU en 1927 e foi director da escola de pintura da New School for Social Research (1935-1962). Trala crise de 1929, realizou lenzos sobre a vida nas fábricas, entre os que destaca La calle 14. Posteriormente, a súa obra derivou cara ao surrealismo e á abstracción. En 1981 inaugurouse o Museo Camilo Egas na súa cidade natal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da arte. Estudiou na Ècole des Chartes de París. Desde 1903 foi director de escultura comparada do museo do Trocadero e dedicou os seus estudios á arquitectura gótica. Entre as súas obras destacan Les origines de l’architecture gothique en Espagne et en Portugal (As orixes da arquitectura gótica en España e Portugal, 1894), Monuments d’architecture gothique en Grèce (Monumentos de arquitectura gótica en Grecia, 1897), L’art gothique et la renaissance en Chypre (A arte gótica e renacentista en Chipre, 1899) e Villes mortes du moyen âge (Vilas mortas da Idade Media, 1920).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Discípulo de J. Massenet e de L. Delibes, en 1888 outorgáronlle o Premio Roma pola súa cantata Velleda. Compuxo diversas obras sinfónicas, óperas e un Réquiem.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
GALICIA
Profesora. Acadou a cátedra de Lingua e Literatura Galega en 1992. Colaboradora da Mesa pola Normalización Lingüística desde a súa fundación (1986), foi a súa tesoureira e no 1992 pasou a formar parte da Comisión de Garantías da Mesa. Entre 1990 e 2001 formou parte do Seminario Permanente de Lingua de COU para as Probas de Acceso Universitario (PAU). Traduciu os textos teatrais do grupo RaraAvis Teatro de Santiago de Compostela (1999, 2001 e 2002) e tamén escribiu para as revistas Andaina e Raiola. Publicou en colaboración varios libros de texto e outras obras, entre as que destaca a súa colaboración na tradución de Contos baseados no teatro de Shakespeare (1988), Aprender palabras e significados. A léxico-semántica. Aproximación ao seu ensino-aprendizaxe (1990, coautoría con Helena Sánchez Rodríguez), Actividades de Construción Gramatical (1990, colaboración) e 1410 nomes galegos de home e de muller (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Colonización e repoboación das terras da Patagonia e da banda oriental da Plata establecida por Carlos III. Tratábase dunha emigración controlada e dirixida polo goberno español que tivo como finalidade a colonización da Patagonia mediante o traslado de familias enteiras con membros aptos para os traballos agrícolas e artesanais. Os emigrantes procedían de Galicia, Asturias e León, e a súa selección (entre 400 e 500 persoas por expedición) correspondeu á Comisión de Expedición de Familias. A Facenda Real corría cos gastos previos ao embarque das familias. A primeira expedición partiu do porto da Coruña e a pretensión de crear dous establecementos en Bahía Sin Fondo e San Julián chocou coa oposición do vicerrei Vértiz. A derradeira expedición partiu en 1784.
-
-
-
Unidade social formada por un conxunto de individuos vinculados por relacións de matrimonio, parentesco ou afinidade, que conviven e organizan colectivamente a vida cotiá ou parte dela. A familia biolóxica, que se basea nunha necesidade de emparellamento e continuidade e que está constituída polo pai, a nai e os fillos da parella, non sempre coincide coa familia social. O elemento que define a familia é o recoñecemento social que vincula a parella ou matrimonio e a súa descendencia dentro do sistema social. Entre as diversas funcións que realiza a familia inclúese a ordenación das relacións entre os sexos, a cohesión entre os individuos, a organización da economía e a transmisión das normas morais e das crenzas. Fronte á variedade de funcións que desempeña, non existe unha forma esencial ou natural da familia, senón que presenta formas moi diversas que só coinciden nun factor: a prohibición do incesto como feito antisocial. L. H. Morgan, na obra Systems of Consanguinity and Afinity...
-
Conxunto de persoas descendentes dunha mesma liñaxe.
-
-
Conxunto dos fillos dunha parella.
-
Conxunto de cousas que teñen unha orixe e características comúns que fan que se perciban como parte dun grupo.
-
-
Conxunto de curvas ou superficies que teñen a mesma ecuación diferencial. Así, a ecuación dunha familia depende dun número determinado de parámetros, e obtense para cada xogo de valores dos parámetros unha curva ou superficie da familia.
-
familia de conxuntos
Colección de conxuntos que teñen unha característica común. Represéntase por (A i ) iÎI , onde Ai é cada un dos conxuntos da familia e I un intervalo do conxunto dos números naturais.
-
-
Categoría taxonómica situada entre o xénero e a orde. Comprende un conxunto de xéneros que están relacionados por medio dunha serie de características comúns. En botánica, os nomes das familias fórmanse, xeralmente, cos sufixos -áceas e en zooloxía con -idos.
-
Secuencia de ciclóns, en número de 3 a 6, que se produce na fronte polar entre dúas invasións de aire polar nas baixas latitudes.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óleo de Francisco de Goya que representa o Rei Carlos IV e a súa familia. Encargado en 1800, trátase dun lenzo de grandes dimensións (2,80x3,36 m). Goya comezou a súa realización en Aranjuez, onde estaba o monarca, e finalizouna en Madrid. Sobre unha estancia do palacio situou as trece figuras de pé que parecen posar ante o pintor, e autorretratouse na esquerda do lenzo, como fixera Velázquez en Las Meninas. Os personaxes distribúense en grupos de catro, con dous homes e dúas mulleres en cada un, e aparecen retratadas segundo a percepción do pintor; cómpre destacar que Goya non mostrou o rostro da dona do futuro de Fernando VII por non selo no momento da realización do lenzo. No eido técnico, destaca a riqueza cromática, baseada en amarelos e ouros combinados con vermellos e azuis, o emprego da luz sobre os rostros, os traxes e as xoias das personaxes e a pincelada solta.