"Anat" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 85.
-
-
Aplícase ao matrimonio dun soberano ou un príncipe cunha persoa de rango inferior.
-
Aplícase á persoa de rango inferior que casaba cun príncipe ou un soberano. Esta unión podía levar á perda dos dereitos á coroa dos contraentes e dos seus descendentes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución onde se acollen e educan os nenos orfos. Funciona coma unha escola en réxime de internado onde os nenos non interrompen a súa estadía ata que son adultos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Celebracións relixiosas e civís da antiga Atenas en honor de Atenea. Instituídas, segundo a tradición, por Teseo, tiñan lugar no mes de Ἐ êáôïìâå ώ í e remataban o día vinte e oito do mes. Nelas celebrábanse xogos ximnásticos e hípicos, así como competicións poéticas e musicais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ás festas panateneas.
-
-
Provisión de pan, especialmente para unha nave ou armada.
-
Cantidade de diñeiro que cobraban os mariñeiros equivalente ao seu mantemento ou ración de pan.
-
-
-
Calquera sal do ácido permangánico. Os permanganatos presentan carácter oxidante, e os dos metais alcalinos son moi empregados na análise química.
-
Anión de fórmula MnO 4 - , que presenta coloración violeta tanto en fase sólida como en solución.
-
-
PERSOEIRO
Mariño e explorador. Loitou para Filipe IV en Hondarribia (1638) e durante a Guerra dos Segadores nas costas de Catalunya (1641-1642). Realizou varias expedicións na península de California (1648-1651) e foi gobernador de Chile (1656-1660). Escribiu obras inéditas e Reparo a los errores de la navegación española (1634).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Orissā, India, situada no golfo de Bengala (124.835 h [1991]). É un dos centros de peregrinaxe máis importantes do país. Destaca o templo, do s XII e restaurado e completado en 1532, dedicado a Krixna, que se venera como Jagannath (Señor do Universo).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de insectos, da familia dos népidos, de corpo estreito e cilíndrico, cun longo sifón respiratorio. Vive preto de lugares pantanosos onde está a súa vexetación predilecta. OBS: Tamén se denominan escorpións acuáticos.
-
PERSOEIRO
Escritor e enxeñeiro ruso. Coñecido como A. N. Aronov, escribiu diversos contos e relatos para rapaces. Interesouse polos aspectos morais e éticos da persoa, e as relacións entre o home e a sociedade. Destaca a triloxía Os fillos de Arbat, O terror e A area pesada, e a súa novela de posguerra Os condutores (1950) obtivo o Premio Estatal 1951.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Establecemento situado en lugares adecuados que posúe unhas condicións climáticas determinadas, onde os enfermos son sometidos a un réxime de curación especial ou de convalecencia. Utilizábase sobre todo para designar os centros antituberculosos.
-
-
Dignidade de sultán.
-
Tempo que dura o goberno dun sultán.
-
Territorio gobernado por un sultán.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rabindranãth Ṭ hakur.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se utiliza na formación de palabras co significado de ‘morte’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de restos de organismos mortos pertencentes a unha biocenose ou a máis dunha, tal como se atopan, xeralmente fosilizados, nas rochas sedimentarias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación entre dous organismos con beneficio só para un deles porque ese último se aproveita do cadáver do outro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de coñecementos relativos á morte, especialmente desde o punto de vista da medicina legal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edificio destinado a velar os cadáveres antes dos funerais e do enterro.
-
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Anatole France, realizou diversas investigacións bibliográficas e ensaios críticos, como Génie latin (1913). Comezou a súa carreira como poeta parnasiano, que reflectiu en Poèmes dorés (1873). Recolleu unha mostra do seu periodismo literario en La vie littéraire (1888-1892) e plasmou os seus recordos de infancia nalgunhas novelas, como Le livre de mon ami (1885). Escribiu os cadros de costumes do s XVIII La Rôtisserie de la reine Pédauque (1893) e Les Opinions de M. Jerôme Coignard (1893), ademais das novelas Le Lys Rouge (1894) e Le jardin d’Epicure (1895), que lle abriron as portas da Académie Française (1896). A vea satírica contra a sociedade contemporánea amósase no ciclo de novelas sobre o caso Dreyfus, L’Histoire Contemporaine (1897-1901) e en diversas obras posteriores. Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Sal ou éster do ácido tiociánico.
-
Anión do ácido tiaciónico, de fórmula [(SCN) - ]. É un ión bidentado, que actúa como ligando en numerosos complexos, e que reacciona co Fe (III) para formar un complexo característico de cor vermella intensa. Esta reacción ten aplicación en análise química.
-