"Anu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1145.

    1. Publicación na que se recolle cada ano o resumo dos acontecementos do ano anterior nunha actividade determinada ou os traballos orixinais dunha entidade científica, literaria, económica, deportiva, etc, cunha finalidade basicamente propagandística. A publicación de anuarios iniciouse no s XVI. Os anuarios adoitan especializarse en determinadas materias segundo a institución á que pertencen ou ao público ao que van destinadas (actualmente teñen especial importancia os anuarios estatísticos). Serven tamén como guía para os profesionais dun sector que necesitan información detallada sobre os organigramas da empresa que o publica ou sobre calquera outro aspecto da súa actividade. O anuario ten relación a miúdo co almanaque.

    2. Publicación que se edita cando comeza un novo ano e que contén informacións de interese relativas a el.

    3. Publicación na que figuran as horas e as alturas da baixamar e a preamar para todos os días do ano e referente a un número determinado de portos. Tamén inclúe datos que permiten calcular o mesmo para outros portos menos importantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bilingüe aparecida entre os anos 1948 e 1951, e editada polo concello de Betanzos na imprenta de Manuel Villuendas. Subtitulábase “Historia-Etnografía-Bellas Artes-Administración Municipal-Actualidades”. Fundado e dirixido por Francisco Vales Villamarín, contou coa colaboración de Xosé Mª Díaz Castro, Sofía Casanova, Xoán Naya, Ramón Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, Enrique Chao Espina e incluíu reproducións de textos de Manuel Murguía e Antón Vilar Ponte, entre outros. As ilustracións eran de Manuel Abelenda, Emilio de la Iglesia Caruncho, Cebreiro, Pérez Villamil e Manuel Castro Gil. Contaba con diversas seccións: estatísticas, planos da cidade, programa das festas de San Roque, industria, comercio e outras informacións. Reapareceu en 1982 con novos colaboradores e máis seccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aparecida no ano 1986, editada pola Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense. Colaboraron nela: Ernesto Iglesias Almeida, Antón C. Requeixo, Ramiro Conde Amado, Manuel Castro Cambeiro, Carlos González e Xoán M. González, entre outros. Incluíronse reportaxes con gráficos, fotografías a cor e debuxos sobre aspectos históricos relacionados coa gaita galega e con gaitas doutros países. Tamén novas sobre encontros populares, presentación de grupos musicais, partituras con cantigas e entrevistas a músicos e instrumentistas, entre outras moitas reportaxes, todas elas vencelladas ao mundo da gaita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro-revista publicado pola Enxebre Orde da Vieira e a Asociación Cultural da Vieira de Madrid. Contaba con diversas colaboracións, datos e informes sobre a emigración galega e referencias á festa anual da devandita sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter anual editada polo grupo Editorial Compostela, S A,   iniciada no ano 1992. Coordinada por Juan Salgado, conta cunha serie de apartados, divididos en meses e dedicados a “Economía”, “Internacional”, “Galicia”, “Deportes”, etc. Introduce amais cadros estatísticos, gráficos, debuxos e fotografías dos acontecementos máis impactantes do mundo nese ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en galego anual editada en Vigo dende 1992 pola editorial Galaxia, e especializada na investigación da literatura galega. Dirixida por Xoán González-Millán dende Nova York e por Dolores Vilavedra dende Galicia, contaba coa colaboración de Ramiro Fonte, Xosé R. Pena, Damián Villalaín, Manuel Vieites e Helena González, entre outros. Incluía as seccións: “Estudios”, “Comunicacións”, “Panorámicas”, “Compendio bibliográfico anual” e “Libros”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación con formato de libro aparecida en Ourense en 1908, que cesou ao ano seguinte. O seu director e redactor foi Xosé Casas. Nela incluíase unha relación das publicacións católicas de España, Portugal, América e Filipinas, xunto con comentarios e cadros estatísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Santiago no ano 1856, que contaba con informes e datos referidos á propia Universidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter anual editada polo Grupo Voz iniciada no ano 1984. Coordinada por Luci Garcés, conta con seccións mensuais dedicadas a “Economía”, “Internacional”, “Galicia”, “Deportes”, etc. Introduce amais cadros estatísticos, gráficos, debuxos e fotografías dos acontecementos máis impactantes do mundo acontecidos ao longo do ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na cidade de Ferrol no ano 1903, onde se recollían as actividades do Ateneo Ferrolano. Na edición de 1905-1906 incluíase un extenso poema en galego titulado “Cipriana” de Emilio Balás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na cidade de Vigo no ano 1939 e subtitulada “Guía general del comercio, la industria y las profesiones”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación anual aparecida en Vigo no ano 1959 con referencias, datos e informes referidos a esta actividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación saída en 1900 e fundada por Nicolás Fort Roldán que era tamén o seu redactor. Colaboraron nela Alberto Camino, Andrés Martínez Salazar e Aurelio Ribalta, entre outros. Incluíanse estudios de ciencias sociais (arqueoloxía) e ciencias naturais, xunto con algunhas biografías. Finalizou a súa edición en 1904 coa publicación do Anuario Ferrolano para 1905.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de filatelia aparecida en 1963 na Coruña. Foi dirixida por Antonio Lara e incluía seccións de coleccionistas, comerciantes, prensa filatélica e unha relación de sociedades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deus exipcio representado en forma de chacal (ou de can) ou ben en forma humana con cabeza de chacal. Axudou a Iris a amortallar a Osiris, converténdose deste xeito no deus dos mortos e no condutor das almas. Presidía as sepulturas. O seu nome exipcio era Inpu, e máis tarde formou parte do culto alexandrino de Serapis e Isis. Identificouse con Hermes e tomou o nome de Hermambis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde ás voces ‘ocultar e esconder’.

    2. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘esconder’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cubriren as nubes o azul do ceo ou a luz dun astro, especialmente do Sol e da Lúa.

    2. Perda ou diminución momentánea da capacidade de percepción visual ou racional.

    3. Entristecer, escurecer, esmorecer.

    4. Cubrirse o ceo de nubes.

    5. Perda ou diminución momentánea da capacidade de percepción visual ou racional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo que designaba na Idade Media o servizo de garda ou vixilancia militar exercido nas fronteiras, fortalezas ou nos arredores das cidades. Por extensión tamén recibía este nome a multa co que se sancionaba a aqueles que deixaban de cumprir con esta obriga e posteriormente designou a cantidade que se había de pagar para eximirse deste servicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feito de consentir ou aprobar.

    VER O DETALLE DO TERMO