"Arón" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 124.

    1. Costa de gran pendente.

    2. Faixa de terreo non cultivado entre dúas leiras que serve de paso, para que paste o gando e para outros usos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, director de orquestra, pianista e musicólogo. Comezou os estudios musicais con Rubin Goldmark en Nova York e, posteriormente, con Nadia Boulanger en París. En 1924 regresou a Nova York e dedicouse á docencia e á composición, ademais de escribir artigos e libros sobre música. Entre as súas obras destacan os ballets Rodeo (1942) e Appalachian Spring (Primavera apalachense, 1944); as obras orquestrais Music for the Theatre (Música para o teatro, 1925), El salón México (1936), Concerto para clarinete (1948) e Tercera Sinfonía (1946); as pezas para piano Danzón cubano (1942), Down a Country Lane (Cara a abaixo polo camiño, 1962) e Danza de Jalisco (1963); as bandas sonoras das películas The City (A cidade, 1939), Of Mice and Men (De ratos e homes, 1939) e The Heiress (A herdeira, 1948), entre outras; as obras de música de cámara Noneto para corda (1960) e Dúo para...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • benzofurano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervalo de cuarta na terminoloxía musical da Antiga Grecia e da Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto italiano. Diplomado pola Accademia di Venezia, foi un dos representantes do modernismo italiano. Proxectou o monumento a Víctor Manuel en Roma (1884) polo que recibiu un premio, e realizou o palacio da primeira exposición de belas artes de Venecia (1887). Viviu en Turquía, onde foi arquitecto xefe do sultán Abdülhamit II (1892). Realizou numerosos edificios para a exposición de Turín de 1902 e, coa construción da casa do concello de Udine (1908), retornou ás formas académicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • escorregón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor estadounidense. Deuse a coñecer como ensaísta con An End to Innocence (1955) e publicou as novelas The Messengers will come no More (1974), In Dreams Awake (1975) e Freaks (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Becerreá baixo a advocación do Sancti Spiritus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo e aristócrata francés. Introduciu a educación física nas escolas como método para a formación integral do individuo. Afeccionado á práctica deportiva, foi o impulsor, en 1894, do movemento olímpico moderno. Presidiu o Comité Olímpico Internacional entre 1896 e 1925. Durante o seu mandato celebráronse as primeiras edicións dos Xogos Olímpicos da Era Moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de burbullas que forma un líquido ao ferver ou ao caer dun sitio alto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Martiño de Salcedo (Pontevedra). Sede da Misión Biolóxica de Galicia, foi propiedade de Sebastián Malvar Pintor, arcebispo de Santiago, que o mandou construír a finais do s XVIII. Destaca a balconada da primeira planta apoiada en ménsulas con molduras e con varandas de ferro, e a decoración de placas. Conserva na fachada posterior a capela, con tres arcos na porta de entrada, sobre a que se sitúa un escudo, e rematada cunha espadana, e un hórreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Europa Occidental. Nace en España, no Val de Arán, descende os Pireneos e penetra en Francia, na Gascoña. O seu curso adopta unha dirección NO, para virar despois ao NL, ata que chega a Toulouse, onde recobra a dirección NO. Pasa por Agen e Bordeos e desemboca no esteiro da Gironde, no Océano Atlántico, despois dun percorrido de 525 km de lonxitude. Co Ariège recolle todas as augas da vertente norte da maior parte do Pireneo Oriental. O Garonne constitúe, xunto co Ródano, a grande arteria fluvial de comunicación do S de Francia (a canle do Midi), que comunica o Océano Atlántico co Mar Mediterráneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chorro de auga ou de calquera outro líquido que sae con forza e abundantemente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Licenciouse na Universidade de Columbia e doutorouse na de Maryland. Foi director de investigación da Fundación Médica de Buffalo e profesor na Universidade do estado de New York. Destacou na elaboración dun modelo matemático, o chamado método directo, para descubrir a estrutura tridimensional das substancias cristalinas a partir dos resultados da cristalografía de raios X. Pola utilidade deste descubrimento recibiu o Premio Nobel de Química (1985), xunto con J. Karle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto estadounidense. Traballou en Chicago, onde fixo un dos primeiros edificios con estrutura metálica de EE UU, o Home Insurance Building (1883-1885), no que empregou columnas de aceiro para soster trabes de aceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Malawi, na rexión Setentrional (3.355 km2; 194.572 h [1998]). A súa capital é Karonga (12.051 h [1976]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Lituania 1926) Biólogo molecular. Estudiou nas universidades de Johannesburgo, Cidade do Cabo e Cambridge, onde se doutorou (1953). Participou no descubrimento do ADN. Especializado no tratamento matemático interpretativo das imaxes obtidas por microscopía electrónica dos nucleosomas (complexos do ADN e histonas), introduciu tamén novas técnicas cristalográficas no estudo do ADN e nas proteínas no microscopio electrónico. En 1982 recibiu o Premio Nobel de Química polos seus estudios sobre os nucleosomas e a estrutura tridimensional dos virus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mancha na roupa, sobre todo de graxa.

    2. Tumor dos gánglios linfáticos, en particular os que se localizan no pescozo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado en Las Alpujarras (3.705 h [2001]). Posúe cultivos de cereais, oliveiras e legumes, e gandería vacúa, porcina e ovina. A abundancia de fontes de auga mineral favoreceu as industrias relacionadas co embotellamento e a hostalería, das que destaca un balneario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Francia, situado en Aquitania (5.361 km2; 305.380 h [1999]). A súa capital é Agen.

    VER O DETALLE DO TERMO