"Arce" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 252.

  • ENCORO

    Encoro do río Sil no termo municipal de Ponferrada (O Bierzo) cunha capacidade de 341 Hm3.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma castelá correspondente ao apelido galego Barcia.

    2. Liñaxe de orixe castelá. As distintas ramas da familia proceden do Valle de Llerana, na provincia de Santander. Unha das ramas desta caste pasou á vila de Bouzas (Vigo). Os Bárcena de la Concha e os López Bárcena fundaron casa en Vigo. Unha rama pasou tamén a México. Dos Bárcena proceden os Bárcena e Andrés, os Otero Bárcena, os Bárcena Saracho, os Jaudenes Bárcena, os Quiroga Bárcena e os Rodríguez Bárcena. É apelido dos condes de Torre-Cedeira, da parroquia de Santo Andrés de Cedeira, no concello de Redondela. As distintas ramas desta estirpe ostentan, en campo de goles, seis besantes de prata, en dous paos, de tres cada un. Algúns engaden un bordo de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da comunidade autónoma de Cantabria, situado na beira da ría de Santoña, na comarca da Trasmiera (2.213 h [1996]). As principais actividades económicas son as agropecuarias, destacando as explotacións gandeiras especializadas en bovino de orientación láctea. Outro importante recurso son as canteiras e as fábricas de cemento e formigón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista galego, conde de Torre-Cedeira. Estudiou peritaxe mercantil na Escola de Comercio de Ourense e na de Vigo, onde en 1970 obtivo o título de profesor mercantil. Xunto con Francisco Bernis principiou, en 1972, os censos de aves acuáticas en Galicia. No mesmo ano promoveu e presidiu a Asociación de Amigos de los Pazos. En 1974, da man de Jose Antonio Valverde, iniciou os estudios do lobo e en 1975 realizou o primeiro censo desta especie na Península Ibérica. En 1976 entrou a formar parte do equipo investigador do laboratorio de Parasitoloxía da Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela onde dirixiu no 1991 o Estudio da incidencia de determinadas parasitoses animais en Galicia a través do lobo e en 1994 o Estudio do coello en Galicia: Analise dos factores bioecolóxicos incidentes nas poboacións silvestres. En 1995 participou na organización do IV Congreso Ibérico de Parasitoloxía e en 1998 na do Euro-Americam Mammal Congress celebrado en Santiago de Compostela....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adoración Sánchez Bárcena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. Traballou en Santiago de Compostela no mosteiro de San Paio de Antealtares (1576) e na construción dos arcos e corredores do Hospital de San Roque (1580) de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. Entre os anos 1577 e 1578 realizou as obras de traída de augas e a fonte do Burgo Novo en Padrón. En 1583 realizou en Lugo as espaldeiras da fonte Miña e reconstruíu a fonte da Porta de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro que estivo situado no concello do Covelo. As testemuñas máis antigas son dous documentos de 1155 polos que Afonso VII facía diferentes doazóns á comunidade monástica. Non se sabe con certeza se se trataba dunha comunidade independente da de Melón, ou se esta tivo o seu primeiro asentamento no lugar de Bárcena para logo trasladarse a Melón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río que é o principal afluente do Mero, ao que se une no encoro de Cecebre. Nace nos montes do Xalo, a 360 m de altitude, na parroquia das Encrobas (concello de Cerceda), ao N da Central Térmica de Meirama. Asentado sobre unha litoloxía dominada polos xistos da serie de Ordes, adopta un curso de dirección SO-NL e penetra no concello de Carral pola parroquia de Sumio. Continúa polas parroquias de Beira e Quembre, introducíndose no concello de Abegondo pola parroquia de Sarandóns. A partir de aí serve de límite municipal entre Abegondo e Carral ata a súa desembocadura no encoro de Cecebre, (entre as parroquias de Mabegondo e Vigo, respectivamente) ao que achega un caudal medio de 1,966 m3/s. Durante todo o seu curso cobre o seu leito con amplos depósitos aluviais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador hispanista francés. Estudiou na École Normale Supérieure de París e en Madrid, onde residiu ata o 1922. Foi profesor en Lisboa (1922-1926), no Lycée de Burdeus (1926-1929), no Collège de Francia (1955-1965) e na Universidade da Sorbona. Membro do Institut de France dende 1952, foi director do Institut d’Études Hispaniques de París e do Bulletin Hispanique. En 1937 saíu en París a súa tese Érasme et l´Espagne: recherches sur l´histoire spirituelle du XVIe siècle (Erasmo e España: investigación sobre a historia espiritual do século XVI), estudo que completou en sucesivas publicacións: Études sur le Portugal au temps de l´humanisme (Estudios sobre Portugal en tempos do humanismo, 1952), Études sur Bartolomé de las Casas (Estudios sobre Bartolomé de las Casas, 1965), etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Exerceu como profesor de Química Orgánica na Escola Superior de Farmacia. Foi pioneiro no descubrimento de procesos de síntese de substancias orgánicas independentemente dos seres vivos. Tamén investigou a calor desprendida ou absorbida nas reaccións químicas, o que o levou, ao mesmo tempo que Julius Thomsen, a enunciar o principio chamado Thomsen-Berthelot. Foi, amais, o creador da bomba calorimétrica e descubriu novos métodos para as medicións termoquímicas. Escribiu, entre outras obras, Leçons sur les principes sucrés (Leccións sobre os principais azucres, 1862).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ximnasta. Campiona de España en diversas ocasións e en distintos aparatos, foi membro do equipo español de ximnasia rítmica e participou nos Xogos Olímpicos de Los Angeles 1984. Tras abandonar a práctica deportiva, principiou a súa carreira como técnica e teórica da súa especialidade. Licenciada en Educación Física pola Universidade de Toronto (Canadá), acadou ademais o título de adestradora nacional de ximnasia rítmica. É profesora do Instituto Nacional de Educación Física de Galicia. Foi adestradora do equipo nacional canadense de ximnasia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Barcelona, Girona e Osona (947-992), e de Urgell (948-992) ao morrer sen fillos o seu tío Sunifredo II. Rexeu os tres primeiros condados co seu irmán Miró ata o seu falecemento (966). A súa política tendía a manter boas relacións cos dous grandes poderes do seu tempo: o carolinxio e o califal, co fin de neutralizar un co outro e chegar a ser cada vez máis independente. A boa relación con Córdoba, evidente xa dende o 950, facilitou os intercambios comerciais e o ascenso económico. Aproveitou a debilidade dos últimos monarcas carolinxios para independizarse do poder franco. Semella que por iso Almanzor decidiu atacar Catalunya (6 de xullo do 985). Este feito deu lugar a un intento de restablecer os lazos co reino franco cara á fin do 985 e durante o 986, cando Borrell II lle pediu axuda. En vista da ineficacia do auxilio franco, a independencia foi consumada, axudada polo cambio de dinastía en Francia. En marzo do 988 Borrell II intitulouse “pola graza de Deus duque ibérico e marqués”,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, xeógrafo e naturalista. Participou na expedición científica do capitán Nicholas Baudin á Nova Holanda (actual Australia) e percorreu as illas do Océano Índico. Exiliado de Francia durante catro anos, publicou unha Géographie de la péninsule ibérique (Xeografía da Península Ibérica, 1818). En 1829 foi o encargado da dirección dunha expedición científica francesa a Morea e en 1839 participou nunha expedición a Alxeria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo e paleontólogo francés. Foi o primeiro director do Instituto de Paléontologie Humaine de París. Dirixiu a revista L’Anthropologie. Publicou Essai de paléontologie stratigraphique de l’homme (Ensaio de Paleontoloxía estratigráfica do home, 1888) e Les hommes fossiles (Os homes fósiles, 1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, decorador e deseñador húngaro. Abandonou a escola de Belles Arts de Viena aos dezaoito anos e ingresou na Bauhaus de Weimar, onde chegou a ser profesor. A súa contribución á renovación do deseño do moble foi decisiva. No 1925 inventou o moble de tubo metálico adaptado á gran serie industrial, a cadeira Wassily. De todas as súas creacións, a máis orixinal é a cadeira cantilever (1928) en forma de S e recoñecida como a cadeira comercial máis empregada no mundo e síntese do deseño da Bauhaus. Apaixonado pola arquitectura, deixou a Bauhaus en 1928 e trasladouse a Berlín para estudar con profundidade esta arte. Co auxe do nazismo emigrou a Londres e aos EE UU, onde exerceu unha grande influencia na arquitectura e no urbanismo. Alí fundou un estudo de interiorismo adscrito aos principios racionalistas da nova arquitectura. Coa chegada definitiva do nazismo, marchou primeiramente a Londres, onde iniciou a construción dos seus edificios apoiados nun Y de cemento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e académico. Foi un dos mellores coñecedores da cultura romántica, como reflectiu nas súas obras Romantic art (Arte romántica, 1958) e L’Allemagne romantique (A Alemaña romántica, 1963), e das manifestacións artísticas de aspecto fantástico que estudiou na súa obra L’art fantastique (A arte fantástica, 1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi profesor de dereito administrativo na Universidade de Lisboa dende 1933. En 1929 iniciou a súa colaboración con António Oliveira de Salazar, quen o nomeou ministro das Colonias entre 1944 e 1947, momento no que impulsou a integración política, administrativa e económica coa metrópole. Exerceu tamén como ministro da Presidencia entre 1955 e 1958, cando foi nomeado reitor da Universidade de Lisboa. En setembro de 1968, logo de que Salazar tivera que abandonar o poder, ocupou a presidencia do goberno ata que foi deposto o 25 de abril de 1974, exiliándose no Brasil. Entre 1947 e 1950 presidira, ademais, a União Nacional, única formación política autorizada baixo a ditadura de Salazar. Así mesmo, foi autor do Código Administrativo de 1936. Publicou obras de historia e de dereito, como son História Breve das Constituções (1965) e História do Direito português, 1140-1495 (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade financeira constituída en 1990 trala fusión da Caixa de Pensions per a la Vellesa i d’Estalvis de Catalunya i Balears (1904) coa Caixa d’Estalvis i Mont de Pietat de Barcelona. Forman parte do grupo a Caixa d’Estalvis i Mont de Pietat de Lleida, absorbida en 1979, e o Isbanc, comprado en 1992; e participa en Catalana de Gas. En 1999 era a terceira entidade financeira española e a primeira catalana. Destaca a súa obra social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Traballou como redactor do periódico coruñés El Ciudadano por la Constitución, editado entre os anos 1812-1815. Por mor das súas ideas e actividades liberais, entre elas a súa disputa coa Inquisición, tivo que emigrar en diversas ocasións. Estableceuse en Londres en 1823 onde creou unha imprenta.

    VER O DETALLE DO TERMO