"Atis" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 141.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo guerrilleiro do estado de Chiapas (México) creado en 1969. Seguiu os ideais de Emiliano Zapata que reivindicaba terra, pan e liberdade para os indíxenas. Desde o 1 de xaneiro de 1994 reiniciou as súas actividades dirixido por unha pequena cúpula militar encabezada polo subcomandante Marcos e co apoio de todas as comunidades indíxenas. Pódense apuntar como causas desta nova sublevación: a marxinación dos grupos indíxenas, a forte presenza do racismo como elemento do ámbito cultural dos grupos sociais dominantes, unido ao agravio e a vexación das comunidades indíxenas con respecto ao seu pasado histórico, a súa resistencia secular contra os caxtlanes (brancos e mestizos) e a necesidade de tomar unha iniciativa que os sitúe de novo na historia contemporánea. Os numerosos enfrontamentos entre o exército e a guerrilla levaron ao goberno a decretar o alto o fogo (12.1.1994). Coa mediación do bispo Samuel Ruíz negociouse unha saída pacífica e asináronse o 12 de febreiro de 1996...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento ascético de orixe xudeocristiá que condenaba o matrimonio e prohibía comer carne e beber viño, incluso na celebración da Eucaristía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fala con enigmas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disciplina que estudia a disposición e decoración óptima para os escaparates de exposicións e puntos de venda.
-
-
Método esquemático que se emprega na exposición ou explicación dun feito, idea ou teoría.
-
Conxunto de esquemas empregados nunha explicación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de estático.
-
VER O DETALLE DO TERMO
estatalismo.
-
-
Ciencia, método, técnicas e operación de análise matemática que permiten estudar numericamente e coa máxima precisión os fenómenos colectivos incompletamente coñecidos. As primeiras recollidas de datos iniciáronse con fins militares ou para recadar impostos. Posteriormente, a organización dos primeiros servicios oficiais de estatística serviu para recoller datos económicos, demográficos e de comercio. O nacemento da estatística fundamental como ciencia autónoma produciuse a finais do s XIX en Gran Bretaña, cos estudios biolóxicos de F. Galton e, sobre todo, os de K. Pearson. O desenvolvemento posterior da estatística, cada vez máis ligada á teoría das probabilidades e das súas aplicacións débese aos traballos de R. A. Fisher, W. A. Shewhart, H. F. Dodge, A. Wald e A. N. Kolmogorov, entre outros. Para o estudo dun fenómeno de tipo colectivo pódense efectuar observacións, que poden incluír a totalidade da poboación ou limitarse a unha parte dos individuos que a constitúen, chamada mostra....
-
Conxunto de datos e feitos recollidos, clasificados e computados.
-
-
-
Relativo ou pertencente á estatística ou ás estatísticas.
-
Persoa que se ocupa de realizar estudios ou traballos estatísticos.
-
alor que se calcula mediante os datos dunha mostra e que serve para estimar un parámetro da poboación nai.
-
Familia de variables estatísticas que dependen dun ou máis parámetros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade de ser estigmático dun sistema óptico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariación do nivel dos océanos por diversas causas xeolóxicas. O aumento ou transgresión do nivel dos océanos débese á acumulación gradual de sedimentos no fondo, á fusión dos glaciares, á elevación do fondo debido a movementos tectónicos suboceánicos, ou á isostase. O descenso e regresión está orixinado polo afundimento da cubeta de sedimentación de orixe tectónica ou pola formación de glaciares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade ou actitude de fanático.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estatística que rexe a distribución dun conxunto de fermións en función dos posibles valores da enerxía e das posicións. Ten en conta as regras cuánticas e o principio de exclusión de Pauli. Cando un conxunto de partículas se rexe pola estatística de Fermi-Dirac, a súa función de onda total é antisimétrica respecto ao intercambio de dúas das partículas; é dicir, que cambia de signo baixo o intercambio das dúas partículas. A función de distribución é a distribución de Fermi-Dirac.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido liberal alemán creado en 1948 na República Federal. Formou parte do goberno en 1949-1959, 1961-1966 e 1969. Trala reunificación perdeu un gran número de votos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de movementos do nivel mariño provocados pola fusión ou a solidificación da auga mariña, que predominaron durante o Plistoceno. O eustatismo glacial pódese confundir con determinados movementos tectónicos ou epiroxenéticos motivados por un reaxuste isostático; estes movementos son, normalmente, locais ou limítanse a certas rexións, mentres que os movementos eustáticos pódense estender ao longo de centos de quilómetros, con independencia de unidades tectónicas ou estratigráficas. A elevación do nivel mariño como consecuencia da fusión de todo o xeo existente estimouse en 40-60 m, polo que as liñas de costa situadas a máis altura hai que atribuílas a deformacións tectónicas.
-
-
Sen pagar nada.
-
Sen cobrar ou sen obter outra cousa a cambio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado en Vigo en novembro de 1843. Impreso nos obradoiros tipográficos de Gabriel Román e Xosé Araújo, foi probablemente o primeiro periódico de anuncios que houbo en Galicia. Trátase dunha folla gratuíta con diversidade de anuncios e que incluía algunha noticia local.
-
PERSOEIRO
Poeta cubano. Colaborou nas publicacións Camagüey Gráfico, El Camagüeyano, Lys, Mediodía, Gaceta del Caribe, Mediodía, Orto e Hoy. Da súa produción destaca Cerebro y corazón (1922), Motivos de son (1930), Sóngoro cosongo. Poemas mulatos (1931), West Indies Ltd. (1934), El son entero (1947), La paloma de vuelo popular (1958), Prosa de prisa (1962), Tengo (1964), El gran zoo (1967), Cuatro canciones para el Che (1969), El diario que a diario (1972) e La rueda dentada (1972). Presidente fundador en 1961 da Unión Nacional de Escritores y Artistas de Cuba (UNEAC), recibiu o Premio Lenin da Paz (1954), o Premio Viareggio (1972) e o Premio Nacional de Literatura (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado morboso debido a unha afección do fígado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ruído que se produce pola flutuación dun líquido nunha cavidade calquera do corpo.